viernes, 5 de agosto de 2016

TRANSFORMACIÓNS NECESARIAS




O reto é crer n@s alumn@s, que sintan que cremos neles, que estamos dispostos a apoialos nas súas decisións, aínda que sexan equivocadas ou fracasen no intento.

Excelente artigo: IMAGINA TU ESCUELA na web INED 21


martes, 12 de julio de 2016

Agustín Fernández Paz. In Memoriam.



Así nos sorprendeu a nova do pasamento do escritor: Un día de xullo que amañece triste pola perda dun mestre, dun home bo e xeneroso, referente indiscutible da Literatura Galega, da Literatura Infantil e da renovación pedagóxica.
Os seus contos ricos en valores humanos formarán por sempre o telón de fondo dos soños do neno ou nena que todas temos no recuncho máis prezado do noso espríto.
Para recoñecelo ou coñecelo e honralo, aquí deixo algúns enlaces. Para disfrutalo na aula.

Páxina do autor

Agustín na Wikipedia

Guía didáctica sobre EN EL CORAZÓN DEL BOSQUE (castelán)




sábado, 28 de mayo de 2016

TRABALLO POR PROXECTOS: 15 documentos imprescindibles.


A páxina do CEDEC preséntanos este recurso en forma de 15 documentos para Primaria e Secundaria.
Este interesante material pode ser consultado directamente ou ben descargalo e imprimilo, incluso modificalo.

15 documentos imprescindibles para o Traballo por Proxectos 



Arte para aristas


Interesante experiencia nas Bibliotecas Municipais de LAS ROZAS que, mediante talleres, tentou de achegar ás máis pequenas o fauvismo, o cubismo ou a abstracción.

Todo neno é un artista. O problema é como seguir sendo artista de maior.
Pablo Picasso

ARTE PARA NIÑOS; Picasso, Matisse y Kandinsky al alcance de los más pequeños


lunes, 25 de abril de 2016

Contos sen fadas

A HISTORIA DE IVINE E ALMOFADA


Con esta serie de tres contos baseados en historias reais, UNICEF trata de concienciar sobre a traxedia das persoas refuxiadas e reforzar as percepcións positivas sobre nenos, nenas e adolescentes forzadas a migrar cada ano polo mundo a causa dos conflictos armados ou situacións de extrema necesidade.
De fondo, pódese escoitar de primeira man aos seus protagonistas como narran o que sucedeu, os horrores que tiveron que presenciar e a viaxe que inevitablemente tiveron que tomar para fuxir.

De acordo coa Convención de Xenebra sobre o Estatuto das persoas Refuxiadas, unha refuxiada 
é unha persoa que " debido a fundados temores de ser perseguida por motivos de raza, relixión, nacionalidade, pertenza a un determinado grupo social ou opinións políticas, se encontre fóra do país da súa nacionalidade e non poda ou, a causa dos devanditos temores, non quera acollerse á proteción do seu país, ou que carecendo de nacionalidade e hachándose, a consecuencia de tais acontecementos fóra do país onde antes tivera a súa residencia habitual, non poda ou, a causa dos devanditos temores non quera regresar a el,

MUSTAFÁ SAE A CAMIÑAR


MALAK E O BARCO


viernes, 22 de abril de 2016

KiriKú e a bruxa

Kirikú e a bruxa é unha película de debuxos animados dirixida en 1998 por Michel Ocelot que soubo conquistar o corazón de milleiros de nenos e nenas en todo o mundo e que nos fai asomarnos a esa África da maxia e das lendas.
Ocelot, ainda que nado en Francia, pasou a parte da súa infancia en Conakri, capiltal de Guinea.
A historia que nos conta na película está inspirada nun conto africano, pero a cor, as plantas, a beleza procede das súas propias experiencias vitais.
A historia é sinxela. Un neno dotado da extraña capacidade de correr e falar dende o mesmo momento do seu nacemento, se enfrenta a unha poderosa bruxa que ten atemorizados e sometidos aos seus caprichos aos habitantes da súa aldea. Kirikú preguntando constatemente pola orixe da súa maldade, percorre un camiño iniciatico cheo de aventuras ata chegar onde reside o seu avó, sabio ancián, que lle dará as chaves para contrarrestar o poder de Karabá, descubrindo que ela tamén era unha víctima da crueldade de outros.
A recreación da paisaxe está inspirada nos cadros de Henri Rouseau, coñecido como o Aduaneiro Rouseau, pintor francés do século XIX e no arte antigo exipcio.
A música foi composta polo gran Yoissou N'Dour e baséase en instrumentos tradicionais como a kora, a frauta tokoro, o balfón, a sanza e, para a última escea, os yembés.
O recoñecemento internacional de Kirikú e a bruxa contribuíu a  lanzar a industria de animación francesa e europea fronte aos todopoderosos estudos Disney.
Posteriormente Ocelot realizou varias secuelas que recollen máis aventuras do pequeno heroe: Kirikú e as bestas salvaxes en 2005, e Kirikú e os homes e as mulleres no 2012.
Que nenas, nenos e grandes a disfruten.


jueves, 25 de febrero de 2016

El Pez que sonreía ou... a empatía


Jimmy Liao naceu en Taipei, Taiwan, en 1958. Debuxou este conto, que pasaría a película, nun momento moi delicado da súa vida: Unha longa e penosa doencia.
Para bailar e sorrir co narrador.


O film acadau no 2006 o Premio Especial á Mellor Curtametraxe de animación do Festival Internacional de Cine de Berlin

miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía 2016


Canta paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite,


Actividade proposta pola AELG: Descarga a postal



lunes, 15 de febrero de 2016

Víboras da Península Ibérica


Víboras da Península Iberica é unha web que trata de difundir as investigacións e estudos realizados sobre as tres clases de víboras de península e desmitificar este animal da súa condición de alimaña, recoñecendo a sua importancia como regulador dos  ecosistemsa. A web tamén inclúe un interesante artigo sobre mordeduras.

domingo, 14 de febrero de 2016

Map of contemporaries

A percura de personaxes contemporáneos con esta ferramenta que contén un eixo do tempo ben interesante.
History Timeline

domingo, 7 de febrero de 2016

O agasallo




Por una sociedade inclusiva.
Este excelente vídeo de 4 minutos de duración. Vale a pena adicarllos! Recibiu 180 premios en diversos festivais e acadado o millón de reproducións na Rede en poucos días. Os videoxogos, os perxuizos ante a discapacidade, os lazos de amizade máis aló da nosa especie... temas tratados con delicadeza e gran calidade polo debuxanre e animador alemán Jacob Frey.


sábado, 9 de enero de 2016

10 películas indispensables para unha educación alternativa


O tiching blog fai esta proposta de 10 documentais imprescindibles para reflexionar sobre o papel do profesorado e a educación na evolución persoal e académica das perosoas, presentando diversos enfoques e métodos de ensino alternativos, sorprendentes e inspiradorres.
Sempre hai que estar aprendendo.

10 films imprescindibles

viernes, 18 de diciembre de 2015

sábado, 28 de noviembre de 2015

250 actividades de ortografía para Primaria


A web Yo Profesor agasállanos con estas 250 actividades para facilitar a aprendizaxe da complicada ortografía en lingua castelá. Ideal para colocarla nos nosos blogues de aula.
Ollo, hai que ter actualizado Java.

250 actividades de ortografía para estudantes


miércoles, 25 de noviembre de 2015

25 de Novembro día Internacional para a Eliminación da violencia contra as Mulleres 2015


Deixo o enlace a unh serie de actividades en pdf, descargables, que a web Educando en Igualdad ofrece no contexto da campaña NON á Violencia.

Educar en igualdade para previr a violenca de xénero.

Máis de 80 contos en power-point


O blog Educación Preescolar ofrécenos este estupendo recurso para a pantalla dixital. Clicando na imaxe de cada conto se produce a descarga do mesmo en formato power point..
A selección de contos está inspirada nos problemas familiares que a cotío viven os nenos e nenas.
Ideales para Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria.
Aquí deixo o enlace:

Máis de 80 contos dixitais

lunes, 16 de noviembre de 2015

Centos de actividades matemáticas para Primaria.

Interesante proxecto que propón pequenos xogos interactivos e perticipacipativos chamados episodios, pequenas aplicacións de inmersiónpara tabletas e ordenadores baseadas nun sistema de aprendizaxe espiral modular e progresivo, perfectamente adaptado aos programas escolares estándar de matemáticas en Educación Infantil e Primaria.
Para acceder clicar no enlace



jueves, 12 de noviembre de 2015

Edición electrónica do epistolario de Rosalía


Esta edición electrónica das cartas de Rosalía está vinculadada ao convenio establecido entre o Cosello da Cultura Galega e o Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona.
Editada por Helena González Fernández (directora do devandito centro catalán) María Xesús Lama ( Universitat de Barcelona) e María do Cebreiro Rábade Villar ( Universiddade de Santiago de Compostela, nesta primeira entrega de Rosalía de Castro, Epistolario (2014), recóllense todas as cartas conservadas escritas pola autora, acompañadas de ficahas biográficas das persoas citadas nelas.
Para acceder, pinchar no link:

Epistolario de Rosalía de Castro

viernes, 30 de octubre de 2015

Mapa Interactivo dos xéneros musicais




Every Noise at Once é un mapa interactivo que contén 1382 xéneros musicais. Ao clikear sobre cada un deles pódese escoitar un fragmento musical.
N aparte inferior sitúanse os xéneros máis orgánicos ou naturais, mentres que na de arriba están os máis eléctricos. Á esquerda máis densos ou evocadores e á dereita algo máis punk e axitados.

lunes, 5 de octubre de 2015

Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil 2015

Ledicia Costas foi galardonada hoxe co l Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta, ilustrado por Víctor Rivas e publicado pola editorial Xerais en 2014. Este título xa tiña obtido o Premio Merlín, o Premio Fervenzas Literarias, o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores, e foi incluido na Lista de Honra do IBBY para 2016.

Mais Información en:
revistababar.com