domingo, 22 de diciembre de 2013

jueves, 19 de diciembre de 2013

As viaxes do Capitán Gardador


Hai algún tempo que se di que a pantasma do capitán, como unha sombra que percorre o labirinto da memoria, vaga polo Arquivo Histórico Provincial gardando con agarimo os seus pergamiños e papeis centenarios
O Capitán Gardador aparece debuxado na portada dun documento notarial (protocolo) de 1774 do escribán de Celanova Benito Fariñas. O debuxo ven acompañado por este texto: "Capitán guardador de este protocolo de el qual dio fe Benito Fariñas"
Silente e invisible durante séculos, o Capitán Gardador decide saír da penumbra na que habita para convidarnos a viaxar a través do tempo sucando un mar de documentos.
O Capitán vainos descubrir como a consulta de calquera dos milleiros de documentos conservados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense nos pode abrir unha fiestra ao pasado para viaxar nunha "máquina do tempo" pilotada polo aventureiro que teña a audacia de internarse no labirinto da memoria.
Da man do "capitán gardador" poderanse valorar as posibilidades que ofrece o patrimonio documental, non só como unha fonte para a investigación histórica, senón como como aventura ao alcance de todos, como unha viaxe ao pasado a través de documentos de distintas épocas.
Noraboa ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense por esta iniciativa. 
Vía
   
 

martes, 10 de diciembre de 2013

Día Internacionad dos Dereitos Humanos


"O futuro pertence a quen cren na beleza dos seus sonos", Eleanor Roosevelt, Presidenta da Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas quen redactou a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Foi aprobada hoxe hai 65 anos, o 10 de decembro de1948.

Exposición de paneis para conmemorar a data, da páxina do Seminario Galego de Educación para a Paz:


Na mesma páxina pódese descargar un pdf. cunha unidade didáctica para traballar o tema:
SOBRE OS DEREITOS HUMANOS: UNIDADE DIDÁCTICA

Tamén un listado de enlaces para rebusacar recursos didácticos:


viernes, 6 de diciembre de 2013

Iniciación á elaboración de mapas conceptuais


Documento elaborado por Joseph D. Novak (creador dos mapas conceptuais) e Alberto J. Cañas (autor de CmapTools), do IHMC, Florida, USA, no que fan suxestións ben valiosas cando se pensa traballar na elaboración de Mapas Conceptuais con estudiantes de primaria e secundaria. Inclúe actividades previas á construción destos, actividades para elaboralos e outras complementarias coas que se traballan conceptos.

ESTRATEXIAS PARA INICIAR AOS ESTUDANTES DE PRIMARIA/SECUNDARIA NA ELABORACIÓN DE MAPAS CONCEPTUAIS

 Vía

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Informe Pisa


Teñen, acaso algo que ver estas directrices, sobre o que deberá perseguir a educación, cos parámetros de avaliación do Informe Pisa?

   ocde pisa

domingo, 1 de diciembre de 2013

Fascinantes viaxes virtuais sen saír da aula.


Viaxar no Transiberiano, visitar o Museo Nacional de Ciencias Naturais, a capela Sixtina, a Lúa, o corpo dunha balea, a Casa Blanca ou presenciar o afundemento do Titanic son,entre outras moitas, as posibilidades que recopila o blog TotemGuard e que ofrece a quen o visita.
Somentes é necesario ter instalado o progarma QuickTime, o plug-in de Flash ou Microsoft Silverligth.

18 VIAXES VIRTUAIS QUE O PROFESORADO PODE FACER NA AULA
10 VIAXES MÁIS (2ª PARTE)

Que o disfruten.

Películas con conciencia


A vida de Pi y 20 películas máis para traballar valores neste blog: