Mostrando entradas con la etiqueta Aplicacións educativas e programas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aplicacións educativas e programas. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de septiembre de 2014

You Tube Educación


https://www.youtube.com/educacion


Google acaba de lanzar YouTube Educación con máis de 23 mil vídeos educativos divididos en 12 categorías que inclúen contido de canles educativos como Khan Academy, TareasPlus e Educatina, entre outros. Propoñen, ademáis, incluir máis canles no futuro baseándose nas suxestións da comunidade.

martes, 3 de mayo de 2011

Audacity

Audacity é un editor de audio libre, doado de usar e multilingüe para Windows, Mac OS X, GNU/Linux e outros sistemas operativos. Pódes usar Audacity para:
Grabar audio en vivo.
Convertir cintas e grabacións a son dixital ou CD.
Editar arquivos Ogg Vorbis, MP3, WAV e AIFF.
Cortar, copiar, unir e mezclar sons.
Cambiar a velocidade ou o ton duhna gravación.
E moito máis. Vexa a lista completa de funcións.
Audacity

viernes, 29 de abril de 2011

Enredadas


Montserrat Boix periodista feminista catalana, comprometida co uso das TIC de xeito ético e sustentable, acaba de presentar un Manual on line para o uso da Web 2.0 incluído no programa de formación en TIC: Enredadas en Asturias elaborado polo Instituto Asturiano da Muller.
Esta guía recopila información básica sobre a Web 2.0, explica os programas imprescindibles para o seu manexo e, baixo unha perspectiva de xénero, expón a necesidade de que as mulleres utilicen a web para formación, información e activismo.
Moi sinxela e recomendable para todas as que queran aproximarse a esta ferramenta da información e a comunicación.

miércoles, 30 de marzo de 2011

Cuadernía

Cuadernía é a ferramenta que o Portal Educativo da Consellería de Educación e Ciencia de Castela-A Mancha pon a disposición de toda a comunidade educativa para a creación e difusión de materiais educativos dixitais dun xeito moi doado e dinámico. Permite crear eBooks en forma de cadernos nos que se poden adxuntar contidos multimedia e actividades educativas.
Un post de Salvador Llopis en educ@conTic sobre esta ferramenta pode motivarnos a usala e a comprendela mellor.
Cuadernía

martes, 19 de octubre de 2010

Embedit.in

Ferramenta para mostrar documentos no teu blog, web ou wiki. Non é preciso rexistrarse, pero si ter unha conta en Google, Yahoo, twitter, WordPress ou Open ID.
embedit.in

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Documenta


Documenta é unha aplicación on line que permite editar y publicar contidos educativos, páxinas web ou a revista, facer traballos colaborativos entre alumnos ou con outros centros, pode ser utizada polo profesorado ou o alumnado e como plataforma para traballar e xestionar actividades dende primaria ata a universidade, en internet ou intranet. É necesario darse de alta.
Documenta
Vía:
Instalciones pedagógicas

Composicións audiovisuais


"IMPROVISA Animacións sonoras" é unha aplicación que permite crear composicións audiovisuais tocando o teclado do ordenador coma se fose un piano. Contén carpetas de sons e imaxes, un tutorial e guía didáctica.
Nesta páxina encontraredes información e prpostas sobre esta aplicación:
Propostas sobre Improvisa
Vía:
Instalaciones pedagógicas. Plataforma de trabajo, creación y publicación on line

sábado, 18 de septiembre de 2010

Conversor de formato

Conversor de formato dun blog ou web nun pdf co estilo dun xornal. Moi doado, basta copiar a url da páxina e clicar en create pdf. Estupendo!
Fivefiters.org PDF Newspaper
Exemplo de PDF feito co blog O LAPIS FALADOR

Outro conversor de Páxinas web en pdf, tamén moi sinxelo é estoutro:
Create PDF.in: Converter Webpage