viernes, 18 de diciembre de 2015
sábado, 28 de noviembre de 2015
250 actividades de ortografía para Primaria
A web Yo Profesor agasállanos con estas 250 actividades para facilitar a aprendizaxe da complicada ortografía en lingua castelá. Ideal para colocarla nos nosos blogues de aula.
Ollo, hai que ter actualizado Java.
250 actividades de ortografía para estudantes
miércoles, 25 de noviembre de 2015
25 de Novembro día Internacional para a Eliminación da violencia contra as Mulleres 2015
Deixo o enlace a unh serie de actividades en pdf, descargables, que a web Educando en Igualdad ofrece no contexto da campaña NON á Violencia.
Educar en igualdade para previr a violenca de xénero.
Etiquetas:
25 de Novembro,
Educación Afectivo-Sexual,
Igualdade
Máis de 80 contos en power-point
O blog Educación Preescolar ofrécenos este estupendo recurso para a pantalla dixital. Clicando na imaxe de cada conto se produce a descarga do mesmo en formato power point..
A selección de contos está inspirada nos problemas familiares que a cotío viven os nenos e nenas.
Ideales para Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria.
Aquí deixo o enlace:
Máis de 80 contos dixitais
lunes, 16 de noviembre de 2015
Centos de actividades matemáticas para Primaria.
Interesante proxecto que propón pequenos xogos interactivos e perticipacipativos chamados episodios, pequenas aplicacións de inmersiónpara tabletas e ordenadores baseadas nun sistema de aprendizaxe espiral modular e progresivo, perfectamente adaptado aos programas escolares estándar de matemáticas en Educación Infantil e Primaria.
Para acceder clicar no enlace
jueves, 12 de noviembre de 2015
Edición electrónica do epistolario de Rosalía
Esta edición electrónica das cartas de Rosalía está vinculadada ao convenio establecido entre o Cosello da Cultura Galega e o Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona.
Editada por Helena González Fernández (directora do devandito centro catalán) María Xesús Lama ( Universitat de Barcelona) e María do Cebreiro Rábade Villar ( Universiddade de Santiago de Compostela, nesta primeira entrega de Rosalía de Castro, Epistolario (2014), recóllense todas as cartas conservadas escritas pola autora, acompañadas de ficahas biográficas das persoas citadas nelas.
Para acceder, pinchar no link:
Epistolario de Rosalía de Castro
Etiquetas:
Lingua Galega 3º Ciclo
viernes, 30 de octubre de 2015
Mapa Interactivo dos xéneros musicais
Every Noise at Once é un mapa interactivo que contén 1382 xéneros musicais. Ao clikear sobre cada un deles pódese escoitar un fragmento musical.
N aparte inferior sitúanse os xéneros máis orgánicos ou naturais, mentres que na de arriba están os máis eléctricos. Á esquerda máis densos ou evocadores e á dereita algo máis punk e axitados.
lunes, 5 de octubre de 2015
Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil 2015
Ledicia Costas foi galardonada hoxe co l Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta, ilustrado por Víctor Rivas e publicado pola editorial Xerais en 2014. Este título xa tiña obtido o Premio Merlín, o Premio Fervenzas Literarias, o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores, e foi incluido na Lista de Honra do IBBY para 2016.
Mais Información en:
revistababar.com
Mais Información en:
revistababar.com
domingo, 4 de octubre de 2015
Custodiando a chama
Custodiamos e protexemos a chama coa que cada neno e nena chegan ao mundo, protexémola e facémola brillar. Canta beleza e delicadeza ten o noso facer.
Etiquetas:
Educación en Valores
sábado, 3 de octubre de 2015
miércoles, 30 de septiembre de 2015
Curtametraxes e valores
El Blog que te hará pensar ten a xentileza de ofrecernos estos 30 curtametraxes para educar en valores. Emotivos e moi interesantes.
Aquí deixo o enlace:
30 cortos xeniais para traballar valores co noso alumnado
Etiquetas:
Educación en Valores
miércoles, 16 de septiembre de 2015
Lobos que cambian ríos
Pecioso documento gráfico que iliustra a complexidade dos ecosistemas biolóxicos
Cando os lobos foron reintroducidos no parque nacional de Yelowstone nos Estados Unidos despois de ter estado ausentes casi 70 anos, ocurriu unha "cascada trófica" Qué é unha cascada trófica? Como poden transformar os lobos o curso dun río? Cuestións que en brevidade nos explica este vídeo.
viernes, 11 de septiembre de 2015
Feliz curso 2015-2016
Os mellores desexos para que neste curso haxa moita alaegría no cole. Ánimo a toda a comunidade educativa
sábado, 20 de junio de 2015
Felices vacacións de verán
Un novo verán a estrenar, felicidade, moitas aventuras e nada de deberes que non sexan disfrutar da vida en cada momento.
domingo, 7 de junio de 2015
Educar en tempos de cambio climático
Artigo de Francisco Heras Hernández
Educar en tiempos de cambio climático (pdf)
martes, 19 de mayo de 2015
O Peak Oil en cómic e máis.
O cenit do petróleo explicado por Stuart Mc Millen nun cómic, da a coñecer as investigacións realizadas polo xeólogo M. King Hubbert, a súa biografía e o nacemento, froito das súas investigacións, da famosa curva que leva o seu nome. Moi recomendable para entender o futuro da enerxía proporcionada polos combustibles fósiles.
Pódese acceder a narración neste enlace:
Dende Camberra, Australia, Stuart utiliza as súas tiras cómicas para explorar temas serios cunha perspectiva sigular e aire de diversión. Todas elas traducidas ao español polo colombiano Pompilo Martínez.
sábado, 16 de mayo de 2015
Azul
Azul é a formiga que decide ir máis alá das cousas que nos dan por sentadas e nos transmite a imprtancia da imaxinación, o valor da diferenza e de loitar por defender un xeito de ver e entender o mundo.
Etiquetas:
Biblioteca,
Educación Afectivo-Sexual,
Educación en Valores
jueves, 14 de mayo de 2015
Letras galegas 2015. Decreto Filgueira
Filgueira Valverde, o escritor homenaxeado no día das letras
deste ano, dá nome a un documento fundamental para entender a historia do
galego contemporáneo. O "Decreto Filgueira" que en 1982 oficializou a
normativa do galego que chegou aos noso días, derogando as inmediatamente
anteriores de Carballo Calero.
Este documental explica os antecedentes deste acontecimento
desde os anos 70..
Etiquetas:
Día das Letras Galegas,
Festas
lunes, 11 de mayo de 2015
Principiñas e princesiños
Príncipes e princesas diferentes, principiñas nenas dispostas a vivir aventuras, a reivindicar os seus gustos, a poder enfadarse e a saber que non precisan ser salvadas. E princesiños que queren expresar as súas emocións e sentimentos.
Un proxecto da psicóloga Jone Ojeda feito para o programa de prevención de violencia de xénero nAmorAndo con apoio e financiación da Concellería de Asuntos sociais e igualdade de Concello de Pontevedra.
No mesmo proxecto e traballando os mitos do amor romántico con alumnos e alumnas de 4º de Secundaria.
Etiquetas:
Educación Afectivo-Sexual
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















