Contos de boas noites para nenas rebeldes reinventa os contos de fadas. Elizabeth I, Coco Chanel, Marie Curie, Frida Khalo, Serena Williams, Nina Simone e outras mulleres extraordinarias narran a aventura da súa vida, inspirando a nenas- e non tan nenas- a soñar ao grande e acadar os soños,
O libro conta con magníficas ilustracións de sesenta mulleres artistas de todos os rincóns do planeta.
As protagonistas, por suposto non son princesas, senón mulleres que cambiaron o mundo.
Mañá 8 de Marzo é o día Internacional da Muller.
A páxina Educando en Igualdade pon a disposición do profesorado o vídeo " Jóvenes contra el machismo" e unha serie de materiais descargables,para traballar a educación para igualdade, para as diferentes etapas educativas do noso alumnado.
O terceiro título da serie Wonder Ponder. Lo que tú quieras é unha invitación Á refelexionar sobre a liberdade. Entre libro e xogo, propón un pensamento que é a vez serio e seriamente divertido.
A canción "A Cidade" está publicada no libro-cd CANTA O CUCO dos artistas Uxía e Magín Blanco, na colección Sanárbore da Editorial Galaxia.
A realización deste vídeo contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da programación LETRAS GALEGAS 2016.
A letra é de Manuel María e a dirección de Otto Roca e Marcos Nine quen escolleron barrios, rúas, parques e xardíns da nosa cidade para a súa execución, na que queda patente o seu homenaxe á película "Le Balón Rouge" de Albert Lamorisse.
O reto é crer n@s alumn@s, que sintan que cremos neles, que estamos dispostos a apoialos nas súas decisións, aínda que sexan equivocadas ou fracasen no intento.
Así nos sorprendeu a nova do pasamento do escritor: Un día de xullo que amañece triste pola perda dun mestre, dun home bo e xeneroso, referente indiscutible da Literatura Galega, da Literatura Infantil e da renovación pedagóxica.
Os seus contos ricos en valores humanos formarán por sempre o telón de fondo dos soños do neno ou nena que todas temos no recuncho máis prezado do noso espríto.
Para recoñecelo ou coñecelo e honralo, aquí deixo algúns enlaces. Para disfrutalo na aula.
A páxina do CEDEC preséntanos este recurso en forma de 15 documentos para Primaria e Secundaria.
Este interesante material pode ser consultado directamente ou ben descargalo e imprimilo, incluso modificalo.
Interesante experiencia nas Bibliotecas Municipais de LAS ROZAS que, mediante talleres, tentou de achegar ás máis pequenas o fauvismo, o cubismo ou a abstracción.
Con esta serie de tres contos baseados en historias reais, UNICEF trata de concienciar sobre a traxedia das persoas refuxiadas e reforzar as percepcións positivas sobre nenos, nenas e adolescentes forzadas a migrar cada ano polo mundo a causa dos conflictos armados ou situacións de extrema necesidade.
De fondo, pódese escoitar de primeira man aos seus protagonistas como narran o que sucedeu, os horrores que tiveron que presenciar e a viaxe que inevitablemente tiveron que tomar para fuxir.
De acordo coa Convención de Xenebra sobre o Estatuto das persoas Refuxiadas, unha refuxiada
é unha persoa que " debido a fundados temores de ser perseguida por motivos de raza, relixión, nacionalidade, pertenza a un determinado grupo social ou opinións políticas, se encontre fóra do país da súa nacionalidade e non poda ou, a causa dos devanditos temores, non quera acollerse á proteción do seu país, ou que carecendo de nacionalidade e hachándose, a consecuencia de tais acontecementos fóra do país onde antes tivera a súa residencia habitual, non poda ou, a causa dos devanditos temores non quera regresar a el,
Kirikú e a bruxa é unha película de debuxos animados dirixida en 1998 por Michel Ocelot que soubo conquistar o corazón de milleiros de nenos e nenas en todo o mundo e que nos fai asomarnos a esa África da maxia e das lendas.
Ocelot, ainda que nado en Francia, pasou a parte da súa infancia en Conakri, capiltal de Guinea.
A historia que nos conta na película está inspirada nun conto africano, pero a cor, as plantas, a beleza procede das súas propias experiencias vitais.
A historia é sinxela. Un neno dotado da extraña capacidade de correr e falar dende o mesmo momento do seu nacemento, se enfrenta a unha poderosa bruxa que ten atemorizados e sometidos aos seus caprichos aos habitantes da súa aldea. Kirikú preguntando constatemente pola orixe da súa maldade, percorre un camiño iniciatico cheo de aventuras ata chegar onde reside o seu avó, sabio ancián, que lle dará as chaves para contrarrestar o poder de Karabá, descubrindo que ela tamén era unha víctima da crueldade de outros.
A recreación da paisaxe está inspirada nos cadros de Henri Rouseau, coñecido como o Aduaneiro Rouseau, pintor francés do século XIX e no arte antigo exipcio.
A música foi composta polo gran Yoissou N'Dour e baséase en instrumentos tradicionais como a kora, a frauta tokoro, o balfón, a sanza e, para a última escea, os yembés.
O recoñecemento internacional de Kirikú e a bruxa contribuíu a lanzar a industria de animación francesa e europea fronte aos todopoderosos estudos Disney.
Posteriormente Ocelot realizou varias secuelas que recollen máis aventuras do pequeno heroe: Kirikú e as bestas salvaxes en 2005, e Kirikú e os homes e as mulleres no 2012.
Que nenas, nenos e grandes a disfruten.
Jimmy Liao naceu en Taipei, Taiwan, en 1958. Debuxou este conto, que pasaría a película, nun momento moi delicado da súa vida: Unha longa e penosa doencia.
Para bailar e sorrir co narrador.
O film acadau no 2006 o Premio Especial á Mellor Curtametraxe de animación do Festival Internacional de Cine de Berlin
Víboras da Península Ibericaé unha web que trata de difundir as investigacións e estudos realizados sobre as tres clases de víboras de península e desmitificar este animal da súa condición de alimaña, recoñecendo a sua importancia como regulador dos ecosistemsa. A web tamén inclúe un interesante artigo sobre mordeduras.
Por una sociedade inclusiva. Este excelente vídeo de 4 minutos de duración. Vale a pena adicarllos! Recibiu 180 premios en diversos festivais e acadado o millón de reproducións na Rede en poucos días. Os videoxogos, os perxuizos ante a discapacidade, os lazos de amizade máis aló da nosa especie... temas tratados con delicadeza e gran calidade polo debuxanre e animador alemán Jacob Frey.
O tiching blog fai esta proposta de 10 documentais imprescindibles para reflexionar sobre o papel do profesorado e a educación na evolución persoal e académica das perosoas, presentando diversos enfoques e métodos de ensino alternativos, sorprendentes e inspiradorres.
Sempre hai que estar aprendendo.