viernes, 22 de abril de 2016

KiriKú e a bruxa

Kirikú e a bruxa é unha película de debuxos animados dirixida en 1998 por Michel Ocelot que soubo conquistar o corazón de milleiros de nenos e nenas en todo o mundo e que nos fai asomarnos a esa África da maxia e das lendas.
Ocelot, ainda que nado en Francia, pasou a parte da súa infancia en Conakri, capiltal de Guinea.
A historia que nos conta na película está inspirada nun conto africano, pero a cor, as plantas, a beleza procede das súas propias experiencias vitais.
A historia é sinxela. Un neno dotado da extraña capacidade de correr e falar dende o mesmo momento do seu nacemento, se enfrenta a unha poderosa bruxa que ten atemorizados e sometidos aos seus caprichos aos habitantes da súa aldea. Kirikú preguntando constatemente pola orixe da súa maldade, percorre un camiño iniciatico cheo de aventuras ata chegar onde reside o seu avó, sabio ancián, que lle dará as chaves para contrarrestar o poder de Karabá, descubrindo que ela tamén era unha víctima da crueldade de outros.
A recreación da paisaxe está inspirada nos cadros de Henri Rouseau, coñecido como o Aduaneiro Rouseau, pintor francés do século XIX e no arte antigo exipcio.
A música foi composta polo gran Yoissou N'Dour e baséase en instrumentos tradicionais como a kora, a frauta tokoro, o balfón, a sanza e, para a última escea, os yembés.
O recoñecemento internacional de Kirikú e a bruxa contribuíu a  lanzar a industria de animación francesa e europea fronte aos todopoderosos estudos Disney.
Posteriormente Ocelot realizou varias secuelas que recollen máis aventuras do pequeno heroe: Kirikú e as bestas salvaxes en 2005, e Kirikú e os homes e as mulleres no 2012.
Que nenas, nenos e grandes a disfruten.


No hay comentarios:

Publicar un comentario