Campaña Mundial pola educación

Educación Sen Fronteiras presenta os seus materiais con motivo da Campaña Mundial pola Educación que,
un ano máis, segue a traballar por un acceso universal á educación como
medio para erradicar a pobreza en todo o mundo. A pesar dos avances,
falan aínda de 69 millóns de nenos e nenas sen escolarizar e 759
millón de persoas (mozos e adultos) sen alfabetizar.
A
coalición Galega da Campaña está formada por Axuda en Acción, Educación
sen Fronteiras, Entreculturas, Intered, e o Seminario Galego de
Educación para a Paz.
A Campaña Mundial pola Educación promove a educación como un
dereito humano básico e exerce presión política sobre os gobernos e a
comunidade internacional para que cumpran os seus compromisos de
garantir unha educación básica de calidade, gratuíta, obrigatoria e
pública a todas as persoas. A principal das súas actividades é a Semana
de Acción Mundial pola Educación (SAME).
A SAME 2012 ponse en
marcha baixo o lema “Con dereitos desde o principio. Por unha educación
temperá de calidade”, e este ano se celebrará na semana do 23 ao 29 de
abril.
Millóns de persoas en todo o mundo se mobilizarán
para recordar aos líderes políticos a importancia de garantir a atención
e a educación da primeira infancia (AEPI) e para pedirlles que tamén
recorden e cumpran o seu compromiso de destinar os recursos necesarios
para facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.
Pódese participar traballando os materiais da Campaña e unírse aos
actos centrais que se organizarán en cada localidade coa presenza
dos profeores e cos seus traballos.
Os materiais os pódense atopar nos
seguintes enlaces ou solicitárnolos en papel dirixíndovos a Juan
Fernández Durán na dirección cme-galicia@cme-espana.org ou nos teléfonos
986224990 e 620989527.
· Unidades didácticas http://www.cme-espana.org/gl/materiales?ano=193
· Cartel e tríptico http://www.cme-espana.org/gl/materiales/difusion
No hay comentarios:
Publicar un comentario