A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se
preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e
o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha
sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da
natureza provocan o nacemento do culto a "deidades" do mundo vexetal
coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación
primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa
fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos
máxicos. (Galicia Espallada)
Máis información en Festa dos maios na Galipedia
Unidade didáctica en Slide: Os Maios Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEP de Ventín Curso 2009/10
A tradición ancestral dos maios humanos ou da Festa do Maio de
Vilafranca é un costume que con ser moi común hai 100 anos en Galicia
hoxe só se conserva no seus lindes culturais, no Bierzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario