Un ano máis a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar un
monográfico especial
con recursos para traballar nas aulas o día das Letras Galegas:
http://www.coordinadoraendl.org/letras2012.
Este especial compila materiais didácticos como actividades, unidades
didácticas, exposicións, propostas normalizadoras, xogos, etc.
elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións,
etc. e pretende facilitar o labor nos centros educativos. Esta páxina está en constante actualización e disposta a publicar os contidos que os centros vaian aportando.
Imprimibles Educación Infantil
Imprimibles para 1º Ciclo de Primaria
Imprimibles para 2º Ciclo de Primaria
Imprimibles para 3º Ciclo de Primaria
Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de
poñer no seu espazo web os carteis e guías gañadores do
Concurso-exposición Letras Galegas 2012, ademais dunha selección de
materiais e recursos elaborados por distintos centros educativos
galegos cos que se pretende contribuír a un mellor coñecemento da
sobranceira figura de Valentín Paz-Andrade.
Web de Valentín Paz Andrade
Na que se publica esta guía imprimible, para taraballar a senlleira figura deste autor:
Guía para Educación Primaria sobre Valentín Paz Andrade
O blogue "Orientación Educativa y Tutoría" ten un merecidísimo agasallo para vos neste enderezo: http://orientacioneducativaytutoria.blogspot.com.es/2012/05/premio-dardos.html, pásade a recollelo!!!.
ResponderEliminarUnha aperta.