"Os Xeranios do Señor Alfonso". Unha curta moi curta sobre a comprensión, os coidados e o cariño. Co telón de fondo do despoboamento do rural. Dúas xeracións que se atopan, dous mundos que se xuntan e que non se esquecerán xamais. Producida por O Cole de Cea e gañadora do 1º premio #OUFFescola no Ourense International Film Festival - OUFF#OsXeraniosdoSrAlfonso #cinemaescolar
Mostrando entradas con la etiqueta Educación en Valores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación en Valores. Mostrar todas las entradas
viernes, 4 de noviembre de 2016
Os xeranios do señor Alfonso
"Os Xeranios do Señor Alfonso". Unha curta moi curta sobre a comprensión, os coidados e o cariño. Co telón de fondo do despoboamento do rural. Dúas xeracións que se atopan, dous mundos que se xuntan e que non se esquecerán xamais. Producida por O Cole de Cea e gañadora do 1º premio #OUFFescola no Ourense International Film Festival - OUFF#OsXeraniosdoSrAlfonso #cinemaescolar
Etiquetas:
Educación en Valores
lunes, 25 de abril de 2016
Contos sen fadas
A HISTORIA DE IVINE E ALMOFADA
Con esta serie de tres contos baseados en historias reais, UNICEF trata de concienciar sobre a traxedia das persoas refuxiadas e reforzar as percepcións positivas sobre nenos, nenas e adolescentes forzadas a migrar cada ano polo mundo a causa dos conflictos armados ou situacións de extrema necesidade.
De fondo, pódese escoitar de primeira man aos seus protagonistas como narran o que sucedeu, os horrores que tiveron que presenciar e a viaxe que inevitablemente tiveron que tomar para fuxir.
De acordo coa Convención de Xenebra sobre o Estatuto das persoas Refuxiadas, unha refuxiada
é unha persoa que " debido a fundados temores de ser perseguida por motivos de raza, relixión, nacionalidade, pertenza a un determinado grupo social ou opinións políticas, se encontre fóra do país da súa nacionalidade e non poda ou, a causa dos devanditos temores, non quera acollerse á proteción do seu país, ou que carecendo de nacionalidade e hachándose, a consecuencia de tais acontecementos fóra do país onde antes tivera a súa residencia habitual, non poda ou, a causa dos devanditos temores non quera regresar a el,
MUSTAFÁ SAE A CAMIÑAR
MALAK E O BARCO
Etiquetas:
Educación en Valores,
Educación pola Paz
viernes, 22 de abril de 2016
KiriKú e a bruxa
Kirikú e a bruxa é unha película de debuxos animados dirixida en 1998 por Michel Ocelot que soubo conquistar o corazón de milleiros de nenos e nenas en todo o mundo e que nos fai asomarnos a esa África da maxia e das lendas.
Ocelot, ainda que nado en Francia, pasou a parte da súa infancia en Conakri, capiltal de Guinea.
A historia que nos conta na película está inspirada nun conto africano, pero a cor, as plantas, a beleza procede das súas propias experiencias vitais.
A historia é sinxela. Un neno dotado da extraña capacidade de correr e falar dende o mesmo momento do seu nacemento, se enfrenta a unha poderosa bruxa que ten atemorizados e sometidos aos seus caprichos aos habitantes da súa aldea. Kirikú preguntando constatemente pola orixe da súa maldade, percorre un camiño iniciatico cheo de aventuras ata chegar onde reside o seu avó, sabio ancián, que lle dará as chaves para contrarrestar o poder de Karabá, descubrindo que ela tamén era unha víctima da crueldade de outros.
A recreación da paisaxe está inspirada nos cadros de Henri Rouseau, coñecido como o Aduaneiro Rouseau, pintor francés do século XIX e no arte antigo exipcio.
A música foi composta polo gran Yoissou N'Dour e baséase en instrumentos tradicionais como a kora, a frauta tokoro, o balfón, a sanza e, para a última escea, os yembés.
O recoñecemento internacional de Kirikú e a bruxa contribuíu a lanzar a industria de animación francesa e europea fronte aos todopoderosos estudos Disney.
Posteriormente Ocelot realizou varias secuelas que recollen máis aventuras do pequeno heroe: Kirikú e as bestas salvaxes en 2005, e Kirikú e os homes e as mulleres no 2012.
Que nenas, nenos e grandes a disfruten.
Ocelot, ainda que nado en Francia, pasou a parte da súa infancia en Conakri, capiltal de Guinea.
A historia que nos conta na película está inspirada nun conto africano, pero a cor, as plantas, a beleza procede das súas propias experiencias vitais.
A historia é sinxela. Un neno dotado da extraña capacidade de correr e falar dende o mesmo momento do seu nacemento, se enfrenta a unha poderosa bruxa que ten atemorizados e sometidos aos seus caprichos aos habitantes da súa aldea. Kirikú preguntando constatemente pola orixe da súa maldade, percorre un camiño iniciatico cheo de aventuras ata chegar onde reside o seu avó, sabio ancián, que lle dará as chaves para contrarrestar o poder de Karabá, descubrindo que ela tamén era unha víctima da crueldade de outros.
A recreación da paisaxe está inspirada nos cadros de Henri Rouseau, coñecido como o Aduaneiro Rouseau, pintor francés do século XIX e no arte antigo exipcio.
A música foi composta polo gran Yoissou N'Dour e baséase en instrumentos tradicionais como a kora, a frauta tokoro, o balfón, a sanza e, para a última escea, os yembés.
O recoñecemento internacional de Kirikú e a bruxa contribuíu a lanzar a industria de animación francesa e europea fronte aos todopoderosos estudos Disney.
Posteriormente Ocelot realizou varias secuelas que recollen máis aventuras do pequeno heroe: Kirikú e as bestas salvaxes en 2005, e Kirikú e os homes e as mulleres no 2012.
Que nenas, nenos e grandes a disfruten.
Etiquetas:
contos,
Educación en Valores
jueves, 25 de febrero de 2016
El Pez que sonreía ou... a empatía
Jimmy Liao naceu en Taipei, Taiwan, en 1958. Debuxou este conto, que pasaría a película, nun momento moi delicado da súa vida: Unha longa e penosa doencia.
Para bailar e sorrir co narrador.
O film acadau no 2006 o Premio Especial á Mellor Curtametraxe de animación do Festival Internacional de Cine de Berlin
Etiquetas:
Biblioteca,
Educación Afectivo-Sexual,
Educación en Valores
domingo, 7 de febrero de 2016
O agasallo
The Present from Jacob Frey on Vimeo.
Este excelente vídeo de 4 minutos de duración. Vale a pena adicarllos! Recibiu 180 premios en diversos festivais e acadado o millón de reproducións na Rede en poucos días. Os videoxogos, os perxuizos ante a discapacidade, os lazos de amizade máis aló da nosa especie... temas tratados con delicadeza e gran calidade polo debuxanre e animador alemán Jacob Frey.
Etiquetas:
Educación en Valores,
Educación especial
miércoles, 25 de noviembre de 2015
Máis de 80 contos en power-point
O blog Educación Preescolar ofrécenos este estupendo recurso para a pantalla dixital. Clicando na imaxe de cada conto se produce a descarga do mesmo en formato power point..
A selección de contos está inspirada nos problemas familiares que a cotío viven os nenos e nenas.
Ideales para Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria.
Aquí deixo o enlace:
Máis de 80 contos dixitais
domingo, 4 de octubre de 2015
Custodiando a chama
Custodiamos e protexemos a chama coa que cada neno e nena chegan ao mundo, protexémola e facémola brillar. Canta beleza e delicadeza ten o noso facer.
Etiquetas:
Educación en Valores
miércoles, 30 de septiembre de 2015
Curtametraxes e valores
El Blog que te hará pensar ten a xentileza de ofrecernos estos 30 curtametraxes para educar en valores. Emotivos e moi interesantes.
Aquí deixo o enlace:
30 cortos xeniais para traballar valores co noso alumnado
Etiquetas:
Educación en Valores
martes, 19 de mayo de 2015
O Peak Oil en cómic e máis.
O cenit do petróleo explicado por Stuart Mc Millen nun cómic, da a coñecer as investigacións realizadas polo xeólogo M. King Hubbert, a súa biografía e o nacemento, froito das súas investigacións, da famosa curva que leva o seu nome. Moi recomendable para entender o futuro da enerxía proporcionada polos combustibles fósiles.
Pódese acceder a narración neste enlace:
Dende Camberra, Australia, Stuart utiliza as súas tiras cómicas para explorar temas serios cunha perspectiva sigular e aire de diversión. Todas elas traducidas ao español polo colombiano Pompilo Martínez.
sábado, 16 de mayo de 2015
Azul
Azul é a formiga que decide ir máis alá das cousas que nos dan por sentadas e nos transmite a imprtancia da imaxinación, o valor da diferenza e de loitar por defender un xeito de ver e entender o mundo.
Etiquetas:
Biblioteca,
Educación Afectivo-Sexual,
Educación en Valores
domingo, 21 de diciembre de 2014
Dirt! The Movie
Dirt¡ A película é unha película documental dirixida no ano 2009 polos cineastas Gene Rosow e Bill Beenson e narrada por Jamie Lee Curtis.
Inspirada no libro The Ecstatic Skin of the Earth de William Bryant Logan, o documental explora as relacións entre os humanos e o solo, a necesidade deste para a vida e o impacto humano relacionado co sistema económico dominante.
Imprescindible para transmitir valores que sigan mantendo o vínculo coa terra que nos sustenta.
É unha visión global da explotación da corteza terreste e a situación de non retorno que isto implica nun mundo de recursos finitos.
Etiquetas:
Educación en Valores,
Sustentabilidade
domingo, 23 de noviembre de 2014
O perigo do plástico
Xa non podemos seguir explicando as ciencias naturais sen ter en conta os cambios producidos na natureza a raíz da sociedade do consumo. É preciso concienciar a alumnos e alumnas da necesidade de adoptar actitudes personais ante o perigo que supón este grande problema que ameaza a nosa saúde e a vida no planeta en todos os seus aspectos.
. Os residuos plásticos matan a máis dun millón de aves marinas e máis de cen mil mamíferos mariños e tartarugas cada ano.
. O plástico é un material que tarda mil anos en degradarse, e de contado se fragmentan en pequenos trozos que absorben e acumulan contaminantes tóxicos. Calcúlase qu hai cen millóns de toneladas desta sopa de residuos plásticos en suspensión no mar.
. A contaminación mariña por residuos deste tipo é un problema global: os científicos alertan en especial sobre os disruptores endocrinos.
. Millóns de animais de centos de especies comen plástico.O problema chega así novamente a quen o provocou, xa que a cadea alimentaria da que dependen os seres humanos se contamina.
O visionado deste documental é obrigado nas nosas escolas.
Etiquetas:
Educación en Valores,
Sustentabilidade
miércoles, 29 de octubre de 2014
Valores ata na sopa
Impresionante discurso dunha nena mexicana aproveitando a entrega dun premio de fotografía en Nuevo León,
Etiquetas:
Educación en Valores
miércoles, 11 de junio de 2014
O Desperdicio (Waste)
A curtametraxe O Desperdicio (Waste) producido polo programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o Fondo Mundial para a Natureza (WWF), mostra o custe ambiental do desperdicio de alimentos, o que representa en auga, terra e enerxía. inversión e traballo das persoas que se adican a colleitar, manipular e distribuír o produto.
Pon o exemplo dunha mazá que require unha cantidade de auga equivalente a 7 descargas dun sanitario, isto sen contar co tempo invertido na produción, o uso da terra-que, moi probabale se desgaste co paso do tempo-, o traballo das persoas que a colleitan e o transporte xa sexa nacional ou internacional.
Etiquetas:
Educación en Valores,
Sustentabilidade
jueves, 3 de abril de 2014
Entre Maestros, a película, unha experiencia educativa sen precedentes
Etiquetas:
Educación,
Educación en Valores
Valores de ouro
Si @s nen@s se entrenan para soñar, disfrutarán mentras alcanzan o que se propoñen.
Este marabilloso libro explora, da man de once nen@s de distintas xeneraciónss, os Valores de Ouro: Vintedúas cualidades imprescindibles para alcanzar cualquer soño.
Valores de Ouro en Palabras Aladas
Etiquetas:
Biblioteca,
Educación en Valores
domingo, 16 de marzo de 2014
Empatía
A empatía é a capacidade de estar conscientes, de recoñecer, apreciar e comprender os sentimentos d@s outr@s; é ser quen de "ler" emocinalmente ás persoas. Por medio da empatía apreciamos os sentimentos e necesidades d@s demáis e damos pé ao compromiso, ao afecto e á sensibilidade.
Etiquetas:
Educación,
Educación en Valores
Curtas para educar en valores
Deixo aquí esta proposta de Educación 3.0 consistente no visionado de cinco curtametraxes que farán reflexionar sobre a solidariedade, o traballo en equipo ou a amizade.
Cinco curtametraxes para educar en valores
Etiquetas:
Educación en Valores
domingo, 1 de diciembre de 2013
martes, 19 de noviembre de 2013
A boa Educación. Marianne Acosta
"Estamos educados para creer que la realidad no nos da lo que queremos.
Hay que enseñarle a los niños a atravesar con total tranquilidad la
emoción negativa, para llegar a los sentimientos sublimes: la paz, el
agradecimiento, la generosidad, la ternura..."
Dous minutos para ver e algún tempo máis para pensar e recoñecer.
Vía
Vía
Etiquetas:
Educación Afectivo-Sexual,
Educación en Valores
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










