Contos de boas noites para nenas rebeldes reinventa os contos de fadas. Elizabeth I, Coco Chanel, Marie Curie, Frida Khalo, Serena Williams, Nina Simone e outras mulleres extraordinarias narran a aventura da súa vida, inspirando a nenas- e non tan nenas- a soñar ao grande e acadar os soños,
O libro conta con magníficas ilustracións de sesenta mulleres artistas de todos os rincóns do planeta.
As protagonistas, por suposto non son princesas, senón mulleres que cambiaron o mundo.
O terceiro título da serie Wonder Ponder. Lo que tú quieras é unha invitación Á refelexionar sobre a liberdade. Entre libro e xogo, propón un pensamento que é a vez serio e seriamente divertido.
Así nos sorprendeu a nova do pasamento do escritor: Un día de xullo que amañece triste pola perda dun mestre, dun home bo e xeneroso, referente indiscutible da Literatura Galega, da Literatura Infantil e da renovación pedagóxica.
Os seus contos ricos en valores humanos formarán por sempre o telón de fondo dos soños do neno ou nena que todas temos no recuncho máis prezado do noso espríto.
Para recoñecelo ou coñecelo e honralo, aquí deixo algúns enlaces. Para disfrutalo na aula.
Jimmy Liao naceu en Taipei, Taiwan, en 1958. Debuxou este conto, que pasaría a película, nun momento moi delicado da súa vida: Unha longa e penosa doencia.
Para bailar e sorrir co narrador.
O film acadau no 2006 o Premio Especial á Mellor Curtametraxe de animación do Festival Internacional de Cine de Berlin
Ledicia Costas foi galardonada hoxe co l Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta, ilustrado por Víctor Rivas e publicado pola editorial Xerais en 2014. Este título xa tiña obtido o Premio Merlín, o Premio Fervenzas Literarias, o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores, e foi incluido na Lista de Honra do IBBY para 2016. Mais Información en: revistababar.com
Azul é a formiga que decide ir máis alá das cousas que nos dan por sentadas e nos transmite a imprtancia da imaxinación, o valor da diferenza e de loitar por defender un xeito de ver e entender o mundo.
A revista El Asobrario & Co. adícalle este artigo a unha selección de contos que de lelos Blanca Nieves ou Cenicenta, non quedarían na casa coma pánfilas agardando un príncipe. Terían posto a príncipes, madrastas e a enanitos no seu sitio e sairían a coñecer mundo e tomar as súas propias decisións, exercendo o dereito a equivocarse.
Hoxe no programa El Bosque Animado de Radio3 tiven a oportunidade de descubrir a Heike Freire, quen con motivo da publicación do seu libro Educar en Verde, foi entrevistada pola conductora deste programa María José Parejo.
Según a autora, o libro nace da visión dunha infancia na que predomina o peche e a soedade, circunstancia que afecta directamente ao seu desenvolvemento nos diferentes ámbitos (físicos, psiquícos e sociais).
Ante esta situación Freire plantea a hipótese de que detrás de moitos trastornos detectados nestes ámbitos está a falla de contacto coa natureza (déficit de natureza), debida a unha educación baseada en entornos de simulación ficticia, na que nenos e nenas son sobreestimulados sen o máis mínimo respecto a ritmos máis acordes coa natureza humana. Así exemplifica relacionando este déficit con dificultades no desevolvemento das capacidades espaciais, entre outras.
Outra das hipóteses do libro é que entornos de sobreproteción e aillamento das familias en contextos urbáns, dan lugar a un "medo ao entorno natural" e a actitudes de "seguridade" pasiva (prohibicións, o evitación dos posibles males) en lugar de fomentar actitudes de seguridade activa, reflexiva e dende o autocontrol que fagan posible o restablecemento do vínculo co mundo natural.
O libro é unha chamada á educación integral en e coa natureza.
Así que maravíllate con toda tu capacidad infantil posible, comprende que se necesita una toda una tribu para criar un hijo, y cambia biofobia por biofilia y haz que tus raíces se unan de nuevo a la Naturaleza y a los otros… Porque estás entrando en territorio verde pedagógico, educando en verde con Heike Freire…¡Comunidad del bosque! ¡Arriba las ramas!
Nace a Revista dixital especializada en literatura infantil e xuvenil Criaturas.
O seu númeo cero foi presentado no marco do Culturgal o pasado sábado 6 de decembro.
A revista xorde co obxectivo de construír un espazo de referencia e un punto de encontro para o sector.
Criaturas acollerá as diferentes linguaxes da creación literaria para nen@s coma a ilustración, tradución e crítica. Incluirá novidades editoriais e achegas de artista galegas. O seu eixo será a literatura galega, pero tamén doutras culturas, linguas ou xeitos de entender a narración en calquera das súas manifestacións.
Longa vida a Criaturas
Nicomedes o pelado editado por Kalandraka e O Galiño pelado de OQO editora xa forman parte do listado White Ravens, un listado das 200 mellores obras de todo o mundo para o público infantil, que foi presentada o día 9 de outubro na Feira Internacional do Libro en Fráncfort.
Neste listado figuran sete títulos españois (Galiño Pelado, Pulgarcito, El único y verdadero rey del bosque, Nicomedes o pelado, La Roca, Loba y Prohibido leer a Lewis Carrol)
Si @s nen@s se entrenan para soñar, disfrutarán mentras alcanzan o que se propoñen.
Este marabilloso libro explora, da man de once nen@s de
distintas xeneraciónss, os Valores de Ouro: Vintedúas cualidades
imprescindibles para alcanzar cualquer soño.
A editorial Kalandraka acaba de reeditar La Cocina de Noche dun dos meus autores favoritos de Lieratura Infantil: Maurice Sendak.
A súa obra máis coñecida é o álbum Donde viven los monstruos. Publicado en 1963 sigue sendo un éxito entre o público infantil. Con imaxes de enorme riqueza visual e narrativa, adéntranos no territorio da dominación, a liberdade, os desexos, os soños, os pesadelos..
Este libro que agora se publica foi un dos máis polémicos para o sector máis conservador de EEUU pois foi prohibido en bibliotecas públicas e escolares, xa que Miguel o neno que soña feliz na pastelería aparece espido en varias páxinas, asegundo a American Library Associaton forma parte dos 100 libros máis perseguidos durante a época dos noventa.
Interesante editorial que publica libros en papel e dixitais, Para o público infalntil, sen guerreiros nen princesas; para o adulto. Compases que sinalan novos destinos.
Unha axuda para a educación afectivo-sexual que cambiará o mundo.
O Emocionario é un libro, máis que recomendable, que ofrece a posibilidade de acompañar o proceso de descubrimento e recoñecemento das emocións e sentimentos, para favorecer una xestión integradora na vida e un diálogo constructivo que potenciaría as capacidades e o sentimento de plenitude.
“Las aventuras de Nono” de Jean Grave relata a historia de Nono, un rapaz que se ve inmerso nun soño chamado "Autonomía onde tod@s conviven en armonía e solidariamente nun bosque.
Non obstante, Nono descubre que fronte a ese paraíso
axexa o veciño reino de “Argirocracia” antítese do paraíso, un
lugar onde reina a envexa, o egoísmo, e a ambición. Ao verse
atrapado, Nono vivirá numerosas aventuras cheas de maxia, para poder escapar.
As Aventuras de Nono é un libro que xorde no contexto do nacemento dos movementos de renovación pedagóxica do século XIX que coinciden na idea forza: "escola para a vida e pola vida" "escola para o neno" "educación para a liberdade" e que toma para si, como principio inspirador a Escola Moderna de Francisco Ferrer i Guardia (1859 - 1909)
A fundación Juan March ven de realizar do 9 ao 11 de abril un ciclo de conferencias sobre Rosalía de Castro á cargo da profesora Ana Rodríguez Fischer.
Pola interesante e novedosa mirada que expón sobre a autora de Cantares Gallegos, deixo aquí os links cos que se pode aceder aos audios das súas intervencións.
A primeira conferencia centrouse na poesía de Rosalía de Castro, revisando as diferentes imaxes e interpretacións e o legado rosaliano nos poetas.
A segunda estivo adicada a súa obra en prosa, revisando o drástico cambio que vai dende La hija del mar (1859) e Flavio (18599 a El caballero de las botas azules (1867)
Coa publicación de "El globito rojo" no ano 1967, Lela Mari inaugurou un estilo casi abstracto que prescindía da realidade e simplificaba a cor. Un album moi atípico daquela que acabou por converterse nun referente para o xénero dos albumes ilustrados, nos que a palabra é substituída por imaxes cheas de dinamismo e moi evocadoras.
O conto permite múltiples lecturas partindo dun globo roxo que viaxa creando novas formas. É ideal para os máis pequenos.
As Historias desta ilustradora caracterízanse polo deseño circular e por serEN editadas en albumes de coidadoso deseño. As súas composicións baseánse na percepción visual d@s preescolares polo que presentan unha notable economía de trazos sobre fondos bRancos.
Os seus contos favorecen a capacidade de observación física e enriquecen o mundo conceptual d@s lector@s.
Benjamín Lacombe é un ilustrador que naceu en París no ano 1982. A súa arte inspira fraxilidade e melancolía dentro da fantasía dos contos de fadas e cun toque de inspiración no autor americano Edward Gorey. Ingresou no ano 2001 na Escola Superior das Artes Decorativas en París, traballando no mundo a animación e da publicidade ao mesmo tempo que realiza os seus estudos.
Aos 19 anos Lacombe completa a súa primeira serie de cómics, a partir da cal sucederánse diversas publicacións. No 2006 presenta o proxecto de fin de carreira: “Cerise Griotte”,o seu primeiro libro que o convirte nuha celebridade do mundo editorial, nominándoo coma un dos 10 mellores libros infantís na prestixiosa revista Time Magazine.
O público de fala hispánica pode disfrutalo nos títulos:
Los amantes mariposa (Edelvives 2008) Genealogía de una bruja (texto coescrito con Sebastien Pérez, Edelvives. 2009), Melodía en la Ciudad (Edelvives 2010), Cuentos silenciosos (texto de Antonio Rodríguez Almodóvar, Edelvives 2010), Notre Dame de París (Mondadori)... e o El Herbario de las Hadas (Edelvives 2012)
Para coñecer melor a este marabilloso debuxante podémos visitar a súa páxina enMySpace, a súa páxina oficial en Facebook ou o seu blog (en francés), a súa canle de vídeos en Youtube, ou a páxina da súa galería bibliográfica.
O primeiro libro de Lacombe que coñecín e que tiven a oportunidade de compartir co meu alumnado foi Genealogía de una Bruja. U album dobre, un contén a historia da pequena Lisbeth unha nena que, debido ás ocupacións dos seus páis, pasa o Nadal na casa da súa avoa Olga. Nela descobre a súa propia identidade, o amor e o seu... poder como muller e como bruxa.O segundo volume: Grimorio, Brujas y Hechizos é un percorrido pola historia da súa xenealoxía, que é a estirpe de todas as mulleres maldecidas pola súa liberdade e audacia. Dende LIlith, orixe da humanidad ata a súa avoa Olga.
O tamden Lacombe-Pérez crean un traballo sinxelamente marabilloso. Preciosa a dedicatoria deste último:
"Ás que dende sempre foron perseguidas pola culpa das súas diferenzas"
Despois seguiu Los amantes Mariposa, belísimo album inspirado na lenda china homónima que narra o tráxico romance de dous amantes, considerada as veces coma semellante á lenda de Romeu e Xulieta da literatura occidental. A historia de Nako e o seu imposibe amor é axeitada para falar do amor a calquer idade empregando, iso si, as palabras que nos parezan máis axeitadas.
E... a última adquisición.: El Herbario de las hadas que non me canso de contemplar.
Novamente un traballo conxunto con Sebastien Pérez. É un libro de gran formato sobre o apaixoante universo das fadas, no que o botánico Alexandr Bogdanovitch viaxa, por orde de Rasputín ao bosque de Broceliande co obxectivo de encontrar o elixir da inmortalidade. No canto diso atópase co fantástico mundo dos elementais, seres marabillosos, espíritus ou fadas das plantas. As deliciosas imaxes se complementan con troquelados, láminas en papel vexetal e a correspondencia do científico. Un libro que introduce ao mito, ao misterio e á maxia da natureza, sentíndonos envoltos por seres de aire, auga e noite.
Esta Ilustradora francesa naceu en 1971 en Gap
(sur de Francia). Estudou en en París na escola nacional
superior de artes decorativas e obtivo unha licenciatura edición
gráfica en 1995. Ilustrou varios álbumes de outros autores e
firmou alguns propios. Actualmente vive en París con seu marido
Taï-Marc-Lethanh (escritor dalguns dos seus libros) e os seus tres fillos. A maiores de ilustradora traballou
tamén para a prensa e a publicidade. É ensinante na escola Emile Cohl, en Lyon. A súa técnica favorita para ilustrar é a aguada algúns dos seus orixinais pódense ver na galería Jeanne Robillard.
Os seus traballos e libros non están todos traducidos ao español. A continuación copio esta lista da súa bibliografiá extraída do Foro de Laura Gallego:
A súa Web.Site oficialdestaca esteticamente, pero caerece de contidos suficientes para coñecer a súa obra.
Para coñecer un pouco máis sobre esta exquisita autora recomendo a entrevista publicada na web sobre literatura infantil Trazos de Tinta ou ver os vídeos sobre a súa obra en YouTube
La Invención de Hugo Cabret é o libro de de Brian Selznick que inspirou o guión da película do mesmo título dirixida por Martin Scorsese.
La Invención de Hugo foi nominada a once premios Oscar, sendo a máis nominada do ano, figurando en categorías como Mellor Director (Scorsese) e Mellor Película recollendo un total de 5 galardóns. Asimismo, foi nominada a 3 Globos de Ouro, gañando Scorsese o seu terceiro Globo de Ouro ao Mellor Director e obtivo tamén 2 Premios BAFTA.
Na páxina ligada podemos acceder ao vídeo da historia contada nas ilustracións do libro e tres pdf. para baixar ou imprir o álbum gráfico.
Que disfruten esta pequena xoia.