Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemento do medio 3º Ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemento do medio 3º Ciclo. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de febrero de 2016

Víboras da Península Ibérica


Víboras da Península Iberica é unha web que trata de difundir as investigacións e estudos realizados sobre as tres clases de víboras de península e desmitificar este animal da súa condición de alimaña, recoñecendo a sua importancia como regulador dos  ecosistemsa. A web tamén inclúe un interesante artigo sobre mordeduras.

domingo, 14 de febrero de 2016

Map of contemporaries

A percura de personaxes contemporáneos con esta ferramenta que contén un eixo do tempo ben interesante.
History Timeline

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Lobos que cambian ríos


Pecioso documento gráfico que iliustra a complexidade dos ecosistemas biolóxicos 
Cando os lobos foron reintroducidos no parque nacional de Yelowstone nos Estados Unidos despois de ter estado ausentes casi 70 anos, ocurriu unha "cascada trófica" Qué é unha cascada trófica? Como poden transformar os lobos o curso dun río? Cuestións que en brevidade nos explica este vídeo.



martes, 19 de mayo de 2015

O Peak Oil en cómic e máis.



O cenit do petróleo explicado por Stuart Mc Millen nun cómic, da a coñecer as investigacións realizadas polo xeólogo M. King Hubbert, a súa biografía e o nacemento, froito das súas investigacións, da famosa curva que leva o seu nome. Moi recomendable para entender o futuro da enerxía proporcionada polos combustibles fósiles.

Pódese acceder a narración neste enlace:


Interesantímos tamén para unha pedagoxía sustentable son as tiras:








Dende Camberra, Australia, Stuart utiliza as súas tiras cómicas para explorar temas serios cunha perspectiva sigular e aire de diversión. Todas elas traducidas ao español polo colombiano Pompilo Martínez.

martes, 28 de abril de 2015

Non hai mañá

A asociación Véspera de Nada por unha Galicia sen petróleo preséntanos a tradución ao galego da curtametraxe NON HAI MAÑÁ There's no tomorrow (2012) animación moi axeitada para entender o rumo que leva a civilización industrial.

É un material apto para todos os públicos, aínda que duro na presentación da realidade de dependencia enerxética dos combustibles fósiles, dá esperanza a un posible futuro post-petróleo.... moi diferente ao que habitualmente nos venden os medios de comunicación.





martes, 16 de diciembre de 2014

Somos paisaxe



Somos paisaxe é un portal de divulgación e compromiso coas paisaxes galegas recoñecendo  os elementos que as compoñen, comprensión das súas dinámicas e procesos e actuacións para a súa posta en valor.
Esta iniciativa está aberta á implicación e a participación.
Somos paisaxe está coordinada pola Fundación Galicia Sustentable grazas ao impulso do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.


viernes, 22 de agosto de 2014

Roteiros didácticos pola cidade


As rutas que o Concello de Ourense propón nesta páxina e que van acompañadas de un bo material didáctico, son rutas nas que se entrelazan o mundo literario e político de figuras representativas de Ourense, pero tamén de Galicia. Non podemos deixar de lado o marcado carácter literario da nosa cidade; Curros Enríquez, Vicente Risco, Otero Pedrayo...e Eduardo Branco Amor, co que a través da súa obra literaria "A Esmorga" iremos, percorrendo o noso corazón histórico.

Roteiros polo casco histórico de Ourense


viernes, 25 de abril de 2014

LaReserva Ecoloxía e Medioambiente

http://www.lareserva.com/home/avenida_babobabs

LaReserva.com é unha publicación dixital de ciencia e tecnoloxía creada no ano 1999. Xurdiu polo interés en investigar e promover o uso sustentable dos recursos naturais, a conservación, a biodiversidade, a ecoloxía e o medio ambiente. O equipo é un grupo interdisplinar de profesionais que abogan pola construción dunha sociedade mais ecoloxía e sustentable; con este fin promoven cursos seminarios e talleres, campañas de sensibilización, elaboración de estudos e ciberactivismo.

Plantilla


Coordinación xeral: Lic. Juan P. del Rio
Direción: María Pía González
Prensa: Jimena Sambiasi, Realizador Integral de Cine y Televisión
Webmaster: Isabel G. Diaz
Relacións Públicas: Cristina Alvarez
Ciencia e Tecnoloxía : Boris V. Castaneda Phd Informática
O Mundo do tiburón: Carlos Ramos Infante (Dragoman), Biólogo Marino
Leandro Caffarena (Gilgalad)
Especies en Perigo: Pilar Medal, Bióloga
Medio Ambiente: Walter Guido Lazzarini, Lic. Comunicación Social
Plantas Medicinais: Alicia Lopez Hermida, Nutricionista
Saúde: Dra. Cinthya Indigo Garay
Urbanismo: Arq. Patricio Lopez Frozen


Contactos

martes, 1 de abril de 2014

As Aves da A á Z de SEO BirdLife


http://www.seo.org/listado-aves/

A Enciclopedia das Aves de España, editada pola revista SEO/BirdLIfe e a fundación BBVA en 2008, é  unha aplicación que informa sobre a vida, o comportamento, a distribución e o estado de conservación das 563 especies de aves que, de xeito habitual ou ocasional, están presentes no territorio español.
Clasificadas por orde alfabética, os textos informativos que as describen se enriquecen con audios do seu canto, pequenos vídeos nos que podemos velas en acción e mapas de localización
A web que a aloxa ofrece, ademaís actividades de participación, e recursos educativos.
 Enciclopedia de las Aves de España

Esta aplicación tamén está dispoñible para os smartphones mediante unha app descargable gratuitamente a traves de tendas on-line.


Enlaces de descarga para smartphones:
Android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.alborgis.seo&hl=es
Apple iOS https://itunes.apple.com/es/app/las-aves-de-espana/id791119664?mt=8



viernes, 14 de marzo de 2014

Aprender Historia co mapa GeaCrom

O atlas GeaCron é unha idea do historiador español Luis Múzquiz. Permite revisar as fronteiras dos países ata 5000 años atrás. Desde o 3000 a.C. podemos consultar a evolución mundial dos límites fronteirizos das civilizacións. Ademáis, pódense inserir ata dez datas que permiten xenerar un mapa cunha líña de tempo.
Lanzouse no verán de 2011en tres idiomas español, inglés e francés e o autor nos descarta unha ampliación que inclúa batallas, viaxes, datos demográficos e colaboración centralizada dos datos enviados polos usuarios.

http://geacron.com/home-es/?lang=es

Para máis información pódese consultar este artigo de lainformación.com practicopedia
GeoCron ten unha páxina de fans en Facebook nos que se poden ver menús de periodos históricos con exemplos de temas relevantes.

jueves, 19 de diciembre de 2013

As viaxes do Capitán Gardador


Hai algún tempo que se di que a pantasma do capitán, como unha sombra que percorre o labirinto da memoria, vaga polo Arquivo Histórico Provincial gardando con agarimo os seus pergamiños e papeis centenarios
O Capitán Gardador aparece debuxado na portada dun documento notarial (protocolo) de 1774 do escribán de Celanova Benito Fariñas. O debuxo ven acompañado por este texto: "Capitán guardador de este protocolo de el qual dio fe Benito Fariñas"
Silente e invisible durante séculos, o Capitán Gardador decide saír da penumbra na que habita para convidarnos a viaxar a través do tempo sucando un mar de documentos.
O Capitán vainos descubrir como a consulta de calquera dos milleiros de documentos conservados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense nos pode abrir unha fiestra ao pasado para viaxar nunha "máquina do tempo" pilotada polo aventureiro que teña a audacia de internarse no labirinto da memoria.
Da man do "capitán gardador" poderanse valorar as posibilidades que ofrece o patrimonio documental, non só como unha fonte para a investigación histórica, senón como como aventura ao alcance de todos, como unha viaxe ao pasado a través de documentos de distintas épocas.
Noraboa ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense por esta iniciativa. 
Vía
   
 

domingo, 1 de diciembre de 2013

Fascinantes viaxes virtuais sen saír da aula.


Viaxar no Transiberiano, visitar o Museo Nacional de Ciencias Naturais, a capela Sixtina, a Lúa, o corpo dunha balea, a Casa Blanca ou presenciar o afundemento do Titanic son,entre outras moitas, as posibilidades que recopila o blog TotemGuard e que ofrece a quen o visita.
Somentes é necesario ter instalado o progarma QuickTime, o plug-in de Flash ou Microsoft Silverligth.

18 VIAXES VIRTUAIS QUE O PROFESORADO PODE FACER NA AULA
10 VIAXES MÁIS (2ª PARTE)

Que o disfruten.

domingo, 14 de abril de 2013

A muiñose


Coreografía dunha danza en círculos para escinificar a mitose.  Unha videocámara deixa rexistro.
Autora
Belén Areal (IES Otero Pedrayo, A Coruña) 
 
 

jueves, 11 de abril de 2013

Webquest Animais en extinción





No blog Secuencias Didácticas encontrei unha webquest para terceiro ciclo de primaria que proporciona moitos contidos e estratexias de aprendizaxe moi claras, con pasos ben explicados e doados de seguir. É ideal para o laumnado que se inicia no trabllo en grupo e na búsqueda organizada en internet.


martes, 5 de marzo de 2013

Espazos para saber máis sobre o Corpo Humano


Fisilogía del Cuerpo Humano,  é un recurso moi interesante elaborado por a Editorial Voluntad.  Consta de 10 xogos interactivos que axudaran a coñecer e aprender máis sobre o sistema dixestivo, nervioso, excretor, respiratorio, endocríno, muscular, immunolóxico, oseo, circulatório e reprodutor.

Cada xogo conta con audios, imaxes e animacións chamativas e coloridas que introducen aos sistemas vitais do noso corpo. Cada xogo é diferente e, mediante historias, pon en práctica os temas aprendidos con probas que se acompañan de información complementaria. Os personaxes que o acompañan fan que aprender con eles sexa moi divertido



El cuerpo humano outra actividade en liña, interesante para este tema.Esta aplicación interactiva permite que a golpe de clic se vaian descubrindo as partes de cada sistema vital, os seus nomes e o seu funcionamento.



miércoles, 28 de noviembre de 2012

Our Story in 2 Minutes


A historia da humanidade en dous minutos. É o proxecto de fin de estudos dun alumno de secundaria. Torrente de imaxes a ritmo de vertixe, excelente montaxe en sincronía coa música. Paga a pena vela dúas veces.


sábado, 24 de noviembre de 2012

En todas as mans


No país do minifundismo permanece unha realidade que é de todos, e ao tempo de ninguén, unha realidade que camiña entre o público e o privado. Así é o mundo dos montes en mancomún.
Esta forma de titularidade asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e fai parte do patrimonio cultural galego.
"En todas as mans" é un proxecto de documental sobre esta forma de custodia do territorio. Pretendemos construír un relato que xunte as voces das xentes das comunidades e do ámbito académico.
Nestes momentos o documental está en fase de preprodución. A web do proxecto é entodasasmans.com
Podedes contactar no correo: info@entodasasmans.com

lunes, 11 de junio de 2012

Aprendendo Historia a través do cinema: Clipshistoria

 O profesor Manuel González volveu ás aulas logo do seu paso pola Axencia Audiovisual. O seu coñecemento da Historia e do cinema callou nesta canle de YouTube “canle de recursos audiovisuais para o ensino a través de clips de filmes”: Cliphistoria  que xa supera o millónde visitantes.
Cliphistoria conta xa cuns 1.300 clips de 800 filmes diferentes. Unha reivindicación do cinema español e latinoamericano.
Unha maneira inusual e atractiva de aprender a Historia. Os seus materiais  conteñen unha chea de enlaces que provoca que “moitos dos cativos logo se interesen polos filmes” e acaben por gozar cunha materia que antes detestaban.
A organización dos vídeos non só é cronolóxica, senón tamén por temas transversais que van desde a Arte até a Literatura, pasando polas Mulleres. 

domingo, 25 de marzo de 2012

A Patagonia descoñecida

Ante a inminente destrucción dos mellores lugares naturais da Patagonia, por parte do proxecto aprobado polo goberno para a transnacional Hidroayseén, a fotógraa Linde Waidhofer autoriza a difusión do seu libro A Patagonia Descoñecida, coma unha forma de manifestar o rexeitamento e preocupación polo que está sucedendo en Chile.