Mostrando entradas con la etiqueta Educación Afectivo-Sexual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Afectivo-Sexual. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de abril de 2017

Contos para nenas rebeldes


Contos de boas noites para nenas rebeldes reinventa os contos de fadas. Elizabeth I, Coco Chanel, Marie Curie, Frida Khalo, Serena Williams, Nina Simone e outras mulleres extraordinarias narran a aventura da súa vida, inspirando a nenas- e non tan nenas- a soñar ao grande e acadar os soños,

O libro conta con magníficas ilustracións de sesenta mulleres artistas de todos os rincóns do planeta.
As protagonistas, por suposto non son princesas, senón mulleres que cambiaron o mundo.


jueves, 25 de febrero de 2016

El Pez que sonreía ou... a empatía


Jimmy Liao naceu en Taipei, Taiwan, en 1958. Debuxou este conto, que pasaría a película, nun momento moi delicado da súa vida: Unha longa e penosa doencia.
Para bailar e sorrir co narrador.


O film acadau no 2006 o Premio Especial á Mellor Curtametraxe de animación do Festival Internacional de Cine de Berlin

miércoles, 25 de noviembre de 2015

25 de Novembro día Internacional para a Eliminación da violencia contra as Mulleres 2015


Deixo o enlace a unh serie de actividades en pdf, descargables, que a web Educando en Igualdad ofrece no contexto da campaña NON á Violencia.

Educar en igualdade para previr a violenca de xénero.

sábado, 16 de mayo de 2015

Azul


Azul é a formiga que decide ir máis alá das cousas que nos dan por sentadas e nos transmite a imprtancia da imaxinación, o valor da diferenza e de loitar por defender un xeito de ver e entender o mundo.




lunes, 11 de mayo de 2015

Principiñas e princesiños


Príncipes e princesas diferentes, principiñas nenas dispostas a vivir aventuras, a reivindicar os seus gustos, a poder enfadarse e a saber que non precisan ser salvadas. E princesiños que queren expresar as súas emocións e sentimentos.
Un proxecto da psicóloga Jone Ojeda feito para o programa de prevención de violencia de xénero nAmorAndo con apoio e financiación da Concellería de Asuntos sociais e igualdade de Concello de Pontevedra.

No mesmo proxecto e traballando os mitos do amor romántico con alumnos e alumnas de 4º de Secundaria.




miércoles, 29 de abril de 2015

As rapazas dos contos non so son princesas,hainas tamén moi rebeldes

A revista El Asobrario & Co. adícalle este artigo a  unha selección de contos que de lelos Blanca Nieves ou Cenicenta, non quedarían na casa coma pánfilas agardando un príncipe. Terían posto a príncipes, madrastas e a enanitos no seu sitio e sairían a coñecer mundo e tomar as súas propias decisións, exercendo o dereito a equivocarse.




Las chicas de los cuentos no solo son princesas, también las hay muy rebeldes




O Tesouro de Lilith



"El tesoro de Lilith" é un conto delicado que mostra unha visión positiva da femenidade e o ciclo menstrual, rachando vellos tabús sobor da natureza feminina. 
Recomendabilísimo para tomar conciencia, valorarnos, disfrutrar e sentirnos mellor con nosoutras mesmas.

Un conto que deberían ler todas as nenas do mundo.

Máis información e oómo conseguirlo en:
Carla Trepat Casanovas
cuentosparavivir@gmail.com
www.eltesorodelilith.com


miércoles, 3 de septiembre de 2014

Feliz entrada de curso 2014 - 2015


Feliz comezo de curso a todas, e para comezar nada mellor que abrazarnos, recoñecernos e mirar para o horizonte dun novo curso con moito amor e entusiasmo.
Por iso deixó este link que recomenda
Doce contos para traballar a educación emocional

Dende a distancia, unha grande aperta a todas.


lunes, 9 de junio de 2014

28 de maio día mundial da visibilización da regla coma un proceso natural.

MONTHLIES: novo documental para nenas/adolescentes sobre a menstruación da directora de "La luna en ti"
A cineasta Diana Fabianova estrea en España Monthlies, un documental para que @s adolescentes entendan que é a regla
Para a directora da película, "o tabú da menstruación foi sustituido por unha definición social de como debemos vivila"
 A estrea coincide coa iniciativa apoiada por 130 organizacións de todo o mundo para establecer o 28 de maio coma un día para visibilizar este proceso natural e despoxalo da súa imaxe negativa.

VIDEO DE 30': http://vimeo.com/96002000


WEB: http://www.monthliesmovie.com/v1/es/
ARTÍGO: http://www.eldiario.es/sociedad/sangre-menstruacion-mostrar-considerada-sucia_0_264923839.html
DOCUMENTAL LA LUNA EN TI: http://www.elblogalternativo.com/2011/01/03/la-luna-en-ti-un-viaje-a-las-raices-de-la-femineidad-y-la-vida/

Para ver o vídeo pinchar no enlace de Vimeo.
Vía 

miércoles, 5 de febrero de 2014

O Emocionario



 O Emocionario é un libro, máis que recomendable, que ofrece a posibilidade de acompañar o proceso de descubrimento e recoñecemento das emocións e sentimentos, para favorecer una xestión integradora na vida e un diálogo constructivo que potenciaría as capacidades e o sentimento de plenitude.

martes, 19 de noviembre de 2013

A boa Educación. Marianne Acosta


"Estamos educados para creer que la realidad no nos da lo que queremos. Hay que enseñarle a los niños a atravesar con total tranquilidad la emoción negativa, para llegar a los sentimientos sublimes: la paz, el agradecimiento, la generosidad, la ternura..."
Dous minutos para ver e algún tempo máis para pensar e recoñecer. 
Vía

domingo, 3 de noviembre de 2013

Educar nos afectos


"El arte de los afectos consiste, a decir de Deleuze, no sólo en la tarea filosófica de crear conceptos sino en la artística de crear perceptos. Son ellos los que se preservan, los que perviven en quien experimenta determinadas percepciones y sensaciones, más allá de los efectos más patentes o inmediatos. Y acompañan toda la vida. La ausencia de tales experiencias nos priva de la capacidad de una memoria de existencia que nos impulse y aliente."

Este párrafo pertence o interesante artigo de Miguel Gabilondo Pujol, exministro de educación, publicado no  seu blog El Salto del Ángel.

A proposta de Manuel Dios Diz (Seminario Galego de Educación para a Paz) é esta interesantísima unidade didáctica da que aquí deixo o enlace para baixala en pdf: EDUCAR NOS AFECTOS, FREAR A VIOLENCIA.Sobre a educación Afectivo Emocional  , que agardo sexa de interese.




lunes, 20 de mayo de 2013

Sexperimentando

Nayara Malnero (psicóloga/ sexóloga) ofrece esta web que pode servir como referencia á hora de abordar aspectos da educación afectivo-sexual do alumnado. 
O espazo didáctico (que xa ten dous anos) trata, abertamente, unha variada gama de temas sobre a sexualidade

SEXPERIMENTANDO

Vía

lunes, 6 de mayo de 2013

Ideas creativas de xénero

IDEAS creativas de xénero é un proxecto audiovisual, de curtometraxes, de fomento do bo trato en parellas adolescentes, que se realizou o pasado ano con adolescentes de centros de Educación Secundaria.

Creación, Dirección e Coordinación do Proxecto
INÉS GONZÁLEZ
Mosaico D´Ideas, S.L.
Producción Audiovisual
JUAN RUIZ
Concellalía de Igualdade, Formación para o Emprego,
Turismo e Consumo Responsable.
ARGANDA DEL REY





martes, 16 de abril de 2013

A Hipersexualización das nenas

Nos últimos tempos estamos vendo como un novo patrón de xénero está sendo imposto, polo mercado de consumo a un sector de población tan sensible como son as nenas. A repercusión nas súas conductas alimentarias e  a infravaloración doutros aspectos da súa identidade feminina, son consecuencias que sufrirá esta xeneración. Cómpre tomar conciencia e desenvolver a capacidade crítica que lles permita medrar libres de tomar as súas propias decisións.
 Artigo moi interesante na revista MUJER Y SALUD.
Para ler enteiro aquí


miércoles, 12 de diciembre de 2012

Coeducación e mitos do amor romántico


Encontrei moi interesante o nº 93 do boletín da Fundación Mujeres, un monográfico que leva por título: Coeducación e mitos do amor romántico  que é froito da investigación efectuada por esta fundación, entre outras, para o Proxecto Andalucía Detecta sobre sexismo e violencia de xénero na xuventude.
O obxectivo era realizar un diagnóstico que permitise deseñar programas de prevención e intervención eficaces contra o problema da violencia de xénero.
Unha das conclusións da investigación foi a constatación de que a asunción dunha inaxeitada interpretación dos mitos do amor é a causa do desenvolvemento de imaxes idealizadas que encubren comportamentos abusivos e toleran relacións insanas.
" A `presencia na cultura de mitos que xunguen ás relacións afectivas ao control, aos ciumes, aos sacrificios extremos e ao abandono do ser en mans do outro, poden ser a orixe da incapacidade dunha resposta rápida aos sinais dunha relación violenta.
Sorprende que conceptos coma o respecto, a igualdade, a liberdade, apoio e axuda mutua non aparezan no primeiro lugar das prioridades dunha relación de parella."

jueves, 29 de noviembre de 2012

As series da nosa infancia e os mandatos de xénero


 Os medios de comunicación son axentes produtores de identidade, identidade que se forma en diálogo cun contexto do cal a TV ocupa a primacía social, construíndo modelos de subxectividade.
Recomendo este artigo da web UNITEDEXPLANATIÓNS coma un exercicio de reflexión sobor os modelos que recibidos na infancia e o que estos supuxeron  para actuar como se espera socialmente que se actúe, condicionados polo sexo ao que se pretenza.

sábado, 24 de noviembre de 2012

Atlas Mundial da igualdade de xénero na educación

A educación igualitaria é unha chave fundamental para o desenvolvemento.
O presente atlas non é só un mapa do mundo, senón tamén un convite a pasar á acción de promover a igualdade de xénero na educación coma dereito humano e factor multiplicador do desenvolvemento.

Descargao: ATLAS MUNDIAL da igualdade de xénero na educación.



viernes, 23 de noviembre de 2012

25 de novembro: Basta!!!


Alguns enlaces para traballar encol do Día Mundial contra a Violencia de Xénero

Revista Rapazas nº 1: A Violencia de Xénero Lugo 2011, pdf.

Aprendiendo a querer, Documental de Informe Semanal que cuestiona as relacións producto dos roles da masculinidade agresiva e a femeneidade sumisa.

Película: No estás sola, Sara

Estatísticas das vítimas de violencia de xenéro dende o 199 ata 2012 na páxina de Separadas e Divorciadas.