miércoles, 12 de diciembre de 2012

Coeducación e mitos do amor romántico


Encontrei moi interesante o nº 93 do boletín da Fundación Mujeres, un monográfico que leva por título: Coeducación e mitos do amor romántico  que é froito da investigación efectuada por esta fundación, entre outras, para o Proxecto Andalucía Detecta sobre sexismo e violencia de xénero na xuventude.
O obxectivo era realizar un diagnóstico que permitise deseñar programas de prevención e intervención eficaces contra o problema da violencia de xénero.
Unha das conclusións da investigación foi a constatación de que a asunción dunha inaxeitada interpretación dos mitos do amor é a causa do desenvolvemento de imaxes idealizadas que encubren comportamentos abusivos e toleran relacións insanas.
" A `presencia na cultura de mitos que xunguen ás relacións afectivas ao control, aos ciumes, aos sacrificios extremos e ao abandono do ser en mans do outro, poden ser a orixe da incapacidade dunha resposta rápida aos sinais dunha relación violenta.
Sorprende que conceptos coma o respecto, a igualdade, a liberdade, apoio e axuda mutua non aparezan no primeiro lugar das prioridades dunha relación de parella."

No hay comentarios:

Publicar un comentario