Mostrando entradas con la etiqueta Festas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festas. Mostrar todas las entradas
jueves, 23 de febrero de 2017
miércoles, 24 de febrero de 2016
Día de Rosalía 2016
Canta paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite,
Actividade proposta pola AELG: Descarga a postal
viernes, 18 de diciembre de 2015
sábado, 20 de junio de 2015
Felices vacacións de verán
Un novo verán a estrenar, felicidade, moitas aventuras e nada de deberes que non sexan disfrutar da vida en cada momento.
jueves, 14 de mayo de 2015
Letras galegas 2015. Decreto Filgueira
Filgueira Valverde, o escritor homenaxeado no día das letras
deste ano, dá nome a un documento fundamental para entender a historia do
galego contemporáneo. O "Decreto Filgueira" que en 1982 oficializou a
normativa do galego que chegou aos noso días, derogando as inmediatamente
anteriores de Carballo Calero.
Este documental explica os antecedentes deste acontecimento
desde os anos 70..
Etiquetas:
Día das Letras Galegas,
Festas
sábado, 20 de diciembre de 2014
jueves, 20 de noviembre de 2014
Día Mundial da Infancia 2014
Hoxe 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, a ONG Educo actuante en defensa do dereito a unha educación de calidade, a través do seu blog: Cuaderno de Valores lanza a campaña #PonteenmiLugar. Con este hashtag propón inundar as redes sociais con este vídeo viral acompañado dunha frase que diría un neno para reividicar os seus dereitos:
“Escóitame cando reclamo a túa atención, necesito os teus consellos #pontenmilugar”, “Adícame tempo para ensinarme cousas #pontenmilugar” ou “Non contes as miñas intimidades en público. Fasme pasar vergoña #pontenmilugar”.
Dende aquí participamos.
“Escóitame cando reclamo a túa atención, necesito os teus consellos #pontenmilugar”, “Adícame tempo para ensinarme cousas #pontenmilugar” ou “Non contes as miñas intimidades en público. Fasme pasar vergoña #pontenmilugar”.
Dende aquí participamos.
Etiquetas:
Día d@ nen@,
Festas
miércoles, 4 de junio de 2014
Día Mundial do Medio Ambiente 2014
Hoxe en Ourense celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente cunha acción de defensa do #Barbaña e máis co #AnxoMoure contando contos para cativas e maiores.
Etiquetas:
Día Mundial do Medio Ambiente,
Festas
viernes, 21 de febrero de 2014
24 de febreiro fin do ano rosaliano
Co motivo do fin do ano rosaliano a Fundación Rosalía de Castro propón diferentes actividades para celebrar esta data que se poden consultar na súa web.
De entre elas destacan dúas que poden resultar moi divertidas para @s alumn@s: a invitación a facer graffitis ou o "selfie" rosaliano #euRosalía
Para estar ao tanto dos eventos que se celebrarán en toda Galicia para celebrar esta data recomendo entrar na fan page de Facebook da propia fundación.
miércoles, 19 de febrero de 2014
Entroido na web da CGENDL
A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nas aulas, nos centros escolares e nas casas: http://coordinadoraendl.org/2014entroido/index.php.
Este sitio web reúne recursos didácticos de diferente fasquía como
actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións,
etc., así como diferentes novas de actualidade relacionadas con esta
celebración: concursos, experiencias, etc.
sábado, 18 de enero de 2014
viernes, 17 de enero de 2014
30 de Xaneiro Día Escolar pola Paz e a Non Violencia
O vindeiro 30 de Xaneiro, xoves, conmemoraremos, un ano máis, nos colexios e institutos, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NONVIOLENCIA no 66 Aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
Dende este blog a proposta para traballar a Paz é o recoñecemento á contribución das mulleres a este longo camiño no que a humanidade aínda non vislumbra a tan ansiada meta.
Esta proposta pódese encauzar en dúas liñas: Unha dirixida a coñecer a aquelas que adicaron as súas vidas e esforzos á este prósito e outra á prevención da violencia de xénero, tendo en conta a dramática realidade do noso país que no que vai de ano, contamos co triste dato de 6 mulleres asasinadas.
Para a prmeira é moi interesante esta web“1325 mujeres tejiendo la paz” que corresponde a un programa de educación, sensibilización e comunicación sobre o papel das mulleres na construción da Paz, apoiado na resolución 1325 sobre Muller, Paz e Seguridade adoptado polas Nacións Unidas no ano 2000. Nel se recollen historias de vida de mulleres que foron chaves na prevención de guerras, na percura de saídas non violentas a conflitos, na súa defensa polos dereitos humanos e a xustiza, en favor do desenvolvemento e a igualdade e contra a impunidade e o esquecemento.
A segunda liña, incardinada na primeira ten que ver coa representación da muller como vítima da violencia, representación que reforza a estrutura cognitiva na que se sustenta. O relato da realidade configuraa, por iso cando preferimos contar e dar visibilidade ao papel da muller na construción da Paz, estamos a promover patróns de referencia e representacións non estereotipadas que non a releguen ao papel de obxecto sexual ou vitima dócil, imposto polo patriarcado. Visibles e transguesoras é a publicación máis que recomentadable.
Ámbalas dúas propostas estan recollidas polo Centro de Educación e Investigación para a Paz CEIPAZ da Fundación Cultura e Paz.
domingo, 22 de diciembre de 2013
martes, 10 de diciembre de 2013
Día Internacionad dos Dereitos Humanos
"O futuro pertence a quen cren na beleza dos seus sonos", Eleanor Roosevelt, Presidenta da Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas quen redactou a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Foi aprobada hoxe hai 65 anos, o 10 de decembro de1948.
Exposición de paneis para conmemorar a data, da páxina do Seminario Galego de Educación para a Paz:
Na mesma páxina pódese descargar un pdf. cunha unidade didáctica para traballar o tema:
SOBRE OS DEREITOS HUMANOS: UNIDADE DIDÁCTICA
Tamén un listado de enlaces para rebusacar recursos didácticos:
Etiquetas:
Día Internacional dos Dereitos Humanos,
Festas
miércoles, 27 de noviembre de 2013
lunes, 25 de noviembre de 2013
25 de novembro: Día inernacional contra á violencia hacia ás mulleres
(Extracto do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
elaborado pola escritora María Reimóndez e titulado «O dioivo que non cesa», por mor da celebración, o vindeiro 25 de novembro, do día no que se reclama a fin da violencia de xénero.)
Para ler o manifesto completo pemer aquí .
Etiquetas:
25 de Novembro,
Festas,
Igualdade
jueves, 21 de noviembre de 2013
miércoles, 20 de noviembre de 2013
Feliz día internacional dos nenos e das nenas.
En 954, a Asamblea Xeneral das Nacións Unidas recomendou que se instituíra en todos ls países un Día Universal d@ Nen@ e suxeriu aos gobernos estatais que celebraran o devandito Día, na data que cada un deles estimara convinte.
A ONU celebra este día o 20 de novembro, en conmemoración á aprobación da Declaración dos Dereitos de@ Nen@ en 1959 e dla Convención sobre os Dereitos d@ Neñ@ en 1989.
Deixo estas páxinas de recursos e o informe sobre a infancia das Nacións Unidas.
Dereitos d@nen@ recopilatorio de recursos para Infantil, primanria y secundaria actualizado.
(Orientación Andujar)
Nosoutros, os nenos: exame de final de decenio dos resultados da Cumbre Mundial en favor da InfanciaInforme do Secretario Xeral. (pdf.)
A ONU celebra este día o 20 de novembro, en conmemoración á aprobación da Declaración dos Dereitos de@ Nen@ en 1959 e dla Convención sobre os Dereitos d@ Neñ@ en 1989.
Deixo estas páxinas de recursos e o informe sobre a infancia das Nacións Unidas.
Dereitos d@nen@ recopilatorio de recursos para Infantil, primanria y secundaria actualizado.
(Orientación Andujar)
Nosoutros, os nenos: exame de final de decenio dos resultados da Cumbre Mundial en favor da InfanciaInforme do Secretario Xeral. (pdf.)
Etiquetas:
Día d@ nen@,
Festas
martes, 19 de noviembre de 2013
Postais de Nadal
O Nadal está a volta da esquina agardandando por toda a nosa creatividade para recibilo.
Unhas cuantas ideas para facer a postal deste ano pódense atopar nestes enlaces.
IDEES NADALENQUES PER FER POSTALS
GALERÍA DE FOTOS DE GOOGLE
POSTAIS VIRTUAIS NO KIOSCO DE CHUCHES 2.0
Unhas cuantas ideas para facer a postal deste ano pódense atopar nestes enlaces.
IDEES NADALENQUES PER FER POSTALS
GALERÍA DE FOTOS DE GOOGLE
POSTAIS VIRTUAIS NO KIOSCO DE CHUCHES 2.0
lunes, 11 de noviembre de 2013
Semana da Ciencia 2013
Netes blog: UN MUNDO DE PEQUEÑAS COSAS pódense encontrar sinxelos e moi interesantes experimentos para traballar na Semana da Ciencia na que participan diversas universidades de toda España, co obxectivo de achegar a investigación ao público, estimular o gusto polo saber científico e incentivar á participación cidadá. Ten lugar en toda España ata o 17 de novembro.
Etiquetas:
Festas,
Semana da Ciencia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















