Mostrando entradas con la etiqueta Sustentabilidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sustentabilidade. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Lobos que cambian ríos


Pecioso documento gráfico que iliustra a complexidade dos ecosistemas biolóxicos 
Cando os lobos foron reintroducidos no parque nacional de Yelowstone nos Estados Unidos despois de ter estado ausentes casi 70 anos, ocurriu unha "cascada trófica" Qué é unha cascada trófica? Como poden transformar os lobos o curso dun río? Cuestións que en brevidade nos explica este vídeo.



domingo, 7 de junio de 2015

Educar en tempos de cambio climático


Inmersos nunha sociedade baseada no consumo intensivo de enerxía fósil, no proceso educativo que necesitamos, desaprender é tan importante como aprender. Cómpre revisar criticamnente hábitos e formas de facer, ideas e valoracións amplamente aceitadas, que se basean nunha visón acrítica do consumo enerxético. Por iso, o sistema educativo debe aportar novos instrumentos de análise, como o concepto de pegada do carbono, que cuantifica as emisións asociadas ás diferentes opcións, produtos ou servizos e facilita a creación dunha cultura da medida sobor da cal se poden sustentar as nosas eleccións.
Artigo de Francisco Heras Hernández
Educar en tiempos de cambio climático (pdf)


martes, 19 de mayo de 2015

O Peak Oil en cómic e máis.



O cenit do petróleo explicado por Stuart Mc Millen nun cómic, da a coñecer as investigacións realizadas polo xeólogo M. King Hubbert, a súa biografía e o nacemento, froito das súas investigacións, da famosa curva que leva o seu nome. Moi recomendable para entender o futuro da enerxía proporcionada polos combustibles fósiles.

Pódese acceder a narración neste enlace:


Interesantímos tamén para unha pedagoxía sustentable son as tiras:








Dende Camberra, Australia, Stuart utiliza as súas tiras cómicas para explorar temas serios cunha perspectiva sigular e aire de diversión. Todas elas traducidas ao español polo colombiano Pompilo Martínez.

martes, 28 de abril de 2015

Non hai mañá

A asociación Véspera de Nada por unha Galicia sen petróleo preséntanos a tradución ao galego da curtametraxe NON HAI MAÑÁ There's no tomorrow (2012) animación moi axeitada para entender o rumo que leva a civilización industrial.

É un material apto para todos os públicos, aínda que duro na presentación da realidade de dependencia enerxética dos combustibles fósiles, dá esperanza a un posible futuro post-petróleo.... moi diferente ao que habitualmente nos venden os medios de comunicación.





domingo, 4 de enero de 2015

Educar en Verde

Hoxe no programa El Bosque Animado de Radio3 tiven a oportunidade de descubrir a Heike Freire, quen con motivo da publicación do seu libro  Educar en Verde, foi entrevistada pola conductora deste programa María José Parejo.

Según a autora, o libro nace da visión dunha infancia na que predomina o peche e a soedade, circunstancia que afecta directamente ao seu desenvolvemento nos diferentes ámbitos (físicos, psiquícos e sociais).
Ante esta situación Freire plantea a hipótese de que detrás de moitos trastornos detectados nestes ámbitos está a falla de contacto coa natureza (déficit de natureza), debida a unha educación baseada en entornos de simulación ficticia, na que nenos e nenas son sobreestimulados sen o máis mínimo respecto a ritmos máis acordes coa natureza humana. Así exemplifica relacionando este déficit con dificultades no desevolvemento das capacidades espaciais, entre outras.

Outra das hipóteses do libro é que entornos de sobreproteción e aillamento das familias en contextos urbáns, dan lugar a un "medo ao entorno natural" e a actitudes de "seguridade" pasiva (prohibicións, o evitación dos posibles males) en lugar de fomentar actitudes de seguridade activa, reflexiva e dende o autocontrol que fagan posible o restablecemento do vínculo co mundo natural.

O libro é unha chamada á educación integral en e coa natureza.

Para saber máis sobre o libro e a autora o blog Educar en Verde

Así que maravíllate con toda tu capacidad infantil posible, comprende que se necesita una toda una tribu para criar un hijo, y cambia biofobia por biofilia y haz que tus raíces se unan de nuevo a la Naturaleza y a los otros… Porque estás entrando en territorio verde pedagógico, educando en verde con Heike Freire…¡Comunidad del bosque! ¡Arriba las ramas!

María José Parejo en El Bosque Animado

domingo, 21 de diciembre de 2014

Dirt! The Movie

Dirt! The Movie

Dirt¡ A película é unha película documental dirixida no ano 2009 polos cineastas Gene Rosow e Bill Beenson e narrada por Jamie Lee Curtis.
Inspirada no libro The Ecstatic Skin of the Earth de William Bryant Logan, o documental explora as relacións entre os humanos e o solo, a necesidade deste para a vida e o impacto humano relacionado co sistema económico dominante.
Imprescindible para transmitir valores que sigan mantendo o vínculo coa terra que nos sustenta. 
É unha visión global da explotación da corteza terreste e a situación de non retorno que isto implica nun mundo de recursos finitos.   

martes, 16 de diciembre de 2014

Somos paisaxe



Somos paisaxe é un portal de divulgación e compromiso coas paisaxes galegas recoñecendo  os elementos que as compoñen, comprensión das súas dinámicas e procesos e actuacións para a súa posta en valor.
Esta iniciativa está aberta á implicación e a participación.
Somos paisaxe está coordinada pola Fundación Galicia Sustentable grazas ao impulso do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.


domingo, 23 de noviembre de 2014

O perigo do plástico


Xa non podemos seguir explicando as ciencias naturais sen ter en conta os cambios producidos na natureza a raíz da sociedade do consumo. É preciso concienciar a alumnos e alumnas da necesidade de adoptar actitudes personais ante o perigo que supón este grande problema que ameaza a nosa saúde e a vida no planeta en todos os seus aspectos.
. Os residuos plásticos matan a máis dun millón de aves marinas e máis de cen mil mamíferos mariños e tartarugas cada ano.
. O plástico é un material que tarda mil anos en degradarse, e de contado se fragmentan en pequenos trozos que absorben e acumulan contaminantes tóxicos. Calcúlase qu hai cen millóns de toneladas desta sopa de residuos plásticos en suspensión no mar.
. A contaminación mariña por residuos deste tipo é un problema global: os científicos alertan en especial sobre os disruptores endocrinos.
. Millóns de animais de centos de especies comen plástico.O problema chega así novamente a quen o provocou, xa que a cadea alimentaria da que dependen os seres humanos se contamina.

O visionado deste documental é obrigado nas nosas escolas.



miércoles, 11 de junio de 2014

O Desperdicio (Waste)


A curtametraxe O Desperdicio (Waste) producido polo programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o Fondo Mundial para a Natureza (WWF), mostra o custe ambiental do desperdicio de alimentos, o que representa en auga, terra e enerxía. inversión e traballo das persoas que se adican a colleitar, manipular e distribuír o produto.
Pon o exemplo dunha mazá que require unha cantidade de auga equivalente a 7 descargas dun sanitario, isto sen contar co tempo invertido na produción, o uso da terra-que, moi probabale se desgaste co paso do tempo-, o traballo das persoas que a colleitan e o transporte xa sexa nacional ou internacional.


domingo, 1 de junio de 2014

Calendario de Medio Ambiente de Ecoloxixtas en Acción

http://www.ecologistasenaccion.org/IMG/pdf/calendario_2014_baja.pdf
Cilc, calendario en pdf.

- 2014 Ano Internacional da Agricultura Familiar
- Decenio Internacional para a Acción A agua fonte de vida (2005-2015)
- Decenio das NN UU para os Desertos e a Loita contra a Desertificación (2010 - 2020)
- Decenio das Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica (2011-2020)

Para acceder aos eventos medioambientais mes a mes visitar:
Calendario 2014 ecoloxistas en acción

 

viernes, 25 de abril de 2014

LaReserva Ecoloxía e Medioambiente

http://www.lareserva.com/home/avenida_babobabs

LaReserva.com é unha publicación dixital de ciencia e tecnoloxía creada no ano 1999. Xurdiu polo interés en investigar e promover o uso sustentable dos recursos naturais, a conservación, a biodiversidade, a ecoloxía e o medio ambiente. O equipo é un grupo interdisplinar de profesionais que abogan pola construción dunha sociedade mais ecoloxía e sustentable; con este fin promoven cursos seminarios e talleres, campañas de sensibilización, elaboración de estudos e ciberactivismo.

Plantilla


Coordinación xeral: Lic. Juan P. del Rio
Direción: María Pía González
Prensa: Jimena Sambiasi, Realizador Integral de Cine y Televisión
Webmaster: Isabel G. Diaz
Relacións Públicas: Cristina Alvarez
Ciencia e Tecnoloxía : Boris V. Castaneda Phd Informática
O Mundo do tiburón: Carlos Ramos Infante (Dragoman), Biólogo Marino
Leandro Caffarena (Gilgalad)
Especies en Perigo: Pilar Medal, Bióloga
Medio Ambiente: Walter Guido Lazzarini, Lic. Comunicación Social
Plantas Medicinais: Alicia Lopez Hermida, Nutricionista
Saúde: Dra. Cinthya Indigo Garay
Urbanismo: Arq. Patricio Lopez Frozen


Contactos

sábado, 24 de noviembre de 2012

En todas as mans


No país do minifundismo permanece unha realidade que é de todos, e ao tempo de ninguén, unha realidade que camiña entre o público e o privado. Así é o mundo dos montes en mancomún.
Esta forma de titularidade asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e fai parte do patrimonio cultural galego.
"En todas as mans" é un proxecto de documental sobre esta forma de custodia do territorio. Pretendemos construír un relato que xunte as voces das xentes das comunidades e do ámbito académico.
Nestes momentos o documental está en fase de preprodución. A web do proxecto é entodasasmans.com
Podedes contactar no correo: info@entodasasmans.com

lunes, 19 de noviembre de 2012

Koyaanisqatsi


Koyaanisqatsi, tamén coñecida coma "Koyaanisqatsi: Life Out of Balance", "Vida fuera de equilibrio" en dialecto dos Hopi. Trátase dun documental no que se amosan imaxes de grande impacto visual e emocional sobor o efecto destrutor do mundo moderno no medio ambiente. Non contén diálogo nen narracións.
"Non se trata de falla de amor pola linguaxe polo que este filme non ten palabras. É porque, dende o meu punto de vista, a nosa linguaxe está nun estado de grande humillación. Xa non decrebe o mundo no que vivimos" Godfrey Reggio, director

domingo, 27 de mayo de 2012

Premio: "Ese Libro"

Dous ourensán do IES O Couto e das Aulas Tecnópole, foron os gañadores do certame "Es de libro" pola súa investigación de coma as radiacións que emiten os dispositivos móbiles inflúen na xermolación das sementes e no crecimiento das plantas. O seu traballo foi o mellor entre os 517 proxectos que presentaron 3.441 estudantes de todo o Estado que se apresentaron a este certame.
En Ourense Dixital

domingo, 25 de marzo de 2012

A Patagonia descoñecida

Ante a inminente destrucción dos mellores lugares naturais da Patagonia, por parte do proxecto aprobado polo goberno para a transnacional Hidroayseén, a fotógraa Linde Waidhofer autoriza a difusión do seu libro A Patagonia Descoñecida, coma unha forma de manifestar o rexeitamento e preocupación polo que está sucedendo en Chile. 

jueves, 8 de marzo de 2012

As catro ecoloxías, Leonardo Bof

Leonardo Boff é un teólogo, filósofo e escritor brasileño, coñecido polo seu apoio activo aos dereitos dos pobres e marxinados. É un dos maiores referentes mundiais do movemento ecoloxista. Participou na constitución de "A carta da Terra" e gañou o Premio Right Livelihood (Correcto Modo de Vivir), coñecido coma o Nobel alternativo. Leonardo Boff distingue catro ecoloxías: ambiental, social, mental e integral.

domingo, 4 de marzo de 2012

A crise da auga

O documental trata con realismo e crudeza (na intridución) o problema da auga no mundo. Explica como se rompe o ciclo e pronostica un futuro conflictivo de crise mundial da auga, fonte de vida por excelencia, na que xa está formando parte do mercado global e das disputas na area política.

Outro vídeo sobre o tema nun caso concreto:
La guerra del agua en Cochabamba, Bolivia con la privatización del agua.