Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemento do medio 1º ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemento do medio 1º ciclo. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de octubre de 2016

A Cidade


A canción "A Cidade" está publicada no libro-cd CANTA O CUCO dos artistas Uxía e Magín Blanco, na colección Sanárbore da Editorial Galaxia.
A realización deste vídeo contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da programación LETRAS GALEGAS 2016.
A letra é de Manuel María e a dirección de Otto Roca e Marcos Nine quen escolleron barrios, rúas, parques e xardíns da nosa cidade para a súa execución, na que queda patente o seu homenaxe á película "Le Balón Rouge" de Albert Lamorisse.

lunes, 15 de febrero de 2016

Víboras da Península Ibérica


Víboras da Península Iberica é unha web que trata de difundir as investigacións e estudos realizados sobre as tres clases de víboras de península e desmitificar este animal da súa condición de alimaña, recoñecendo a sua importancia como regulador dos  ecosistemsa. A web tamén inclúe un interesante artigo sobre mordeduras.

martes, 16 de diciembre de 2014

Somos paisaxe



Somos paisaxe é un portal de divulgación e compromiso coas paisaxes galegas recoñecendo  os elementos que as compoñen, comprensión das súas dinámicas e procesos e actuacións para a súa posta en valor.
Esta iniciativa está aberta á implicación e a participación.
Somos paisaxe está coordinada pola Fundación Galicia Sustentable grazas ao impulso do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.


viernes, 25 de abril de 2014

LaReserva Ecoloxía e Medioambiente

http://www.lareserva.com/home/avenida_babobabs

LaReserva.com é unha publicación dixital de ciencia e tecnoloxía creada no ano 1999. Xurdiu polo interés en investigar e promover o uso sustentable dos recursos naturais, a conservación, a biodiversidade, a ecoloxía e o medio ambiente. O equipo é un grupo interdisplinar de profesionais que abogan pola construción dunha sociedade mais ecoloxía e sustentable; con este fin promoven cursos seminarios e talleres, campañas de sensibilización, elaboración de estudos e ciberactivismo.

Plantilla


Coordinación xeral: Lic. Juan P. del Rio
Direción: María Pía González
Prensa: Jimena Sambiasi, Realizador Integral de Cine y Televisión
Webmaster: Isabel G. Diaz
Relacións Públicas: Cristina Alvarez
Ciencia e Tecnoloxía : Boris V. Castaneda Phd Informática
O Mundo do tiburón: Carlos Ramos Infante (Dragoman), Biólogo Marino
Leandro Caffarena (Gilgalad)
Especies en Perigo: Pilar Medal, Bióloga
Medio Ambiente: Walter Guido Lazzarini, Lic. Comunicación Social
Plantas Medicinais: Alicia Lopez Hermida, Nutricionista
Saúde: Dra. Cinthya Indigo Garay
Urbanismo: Arq. Patricio Lopez Frozen


Contactos

martes, 1 de abril de 2014

As Aves da A á Z de SEO BirdLife


http://www.seo.org/listado-aves/

A Enciclopedia das Aves de España, editada pola revista SEO/BirdLIfe e a fundación BBVA en 2008, é  unha aplicación que informa sobre a vida, o comportamento, a distribución e o estado de conservación das 563 especies de aves que, de xeito habitual ou ocasional, están presentes no territorio español.
Clasificadas por orde alfabética, os textos informativos que as describen se enriquecen con audios do seu canto, pequenos vídeos nos que podemos velas en acción e mapas de localización
A web que a aloxa ofrece, ademaís actividades de participación, e recursos educativos.
 Enciclopedia de las Aves de España

Esta aplicación tamén está dispoñible para os smartphones mediante unha app descargable gratuitamente a traves de tendas on-line.


Enlaces de descarga para smartphones:
Android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.alborgis.seo&hl=es
Apple iOS https://itunes.apple.com/es/app/las-aves-de-espana/id791119664?mt=8



jueves, 19 de diciembre de 2013

As viaxes do Capitán Gardador


Hai algún tempo que se di que a pantasma do capitán, como unha sombra que percorre o labirinto da memoria, vaga polo Arquivo Histórico Provincial gardando con agarimo os seus pergamiños e papeis centenarios
O Capitán Gardador aparece debuxado na portada dun documento notarial (protocolo) de 1774 do escribán de Celanova Benito Fariñas. O debuxo ven acompañado por este texto: "Capitán guardador de este protocolo de el qual dio fe Benito Fariñas"
Silente e invisible durante séculos, o Capitán Gardador decide saír da penumbra na que habita para convidarnos a viaxar a través do tempo sucando un mar de documentos.
O Capitán vainos descubrir como a consulta de calquera dos milleiros de documentos conservados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense nos pode abrir unha fiestra ao pasado para viaxar nunha "máquina do tempo" pilotada polo aventureiro que teña a audacia de internarse no labirinto da memoria.
Da man do "capitán gardador" poderanse valorar as posibilidades que ofrece o patrimonio documental, non só como unha fonte para a investigación histórica, senón como como aventura ao alcance de todos, como unha viaxe ao pasado a través de documentos de distintas épocas.
Noraboa ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense por esta iniciativa. 
Vía
   
 

domingo, 1 de diciembre de 2013

Fascinantes viaxes virtuais sen saír da aula.


Viaxar no Transiberiano, visitar o Museo Nacional de Ciencias Naturais, a capela Sixtina, a Lúa, o corpo dunha balea, a Casa Blanca ou presenciar o afundemento do Titanic son,entre outras moitas, as posibilidades que recopila o blog TotemGuard e que ofrece a quen o visita.
Somentes é necesario ter instalado o progarma QuickTime, o plug-in de Flash ou Microsoft Silverligth.

18 VIAXES VIRTUAIS QUE O PROFESORADO PODE FACER NA AULA
10 VIAXES MÁIS (2ª PARTE)

Que o disfruten.

sábado, 24 de noviembre de 2012

En todas as mans


No país do minifundismo permanece unha realidade que é de todos, e ao tempo de ninguén, unha realidade que camiña entre o público e o privado. Así é o mundo dos montes en mancomún.
Esta forma de titularidade asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e fai parte do patrimonio cultural galego.
"En todas as mans" é un proxecto de documental sobre esta forma de custodia do territorio. Pretendemos construír un relato que xunte as voces das xentes das comunidades e do ámbito académico.
Nestes momentos o documental está en fase de preprodución. A web do proxecto é entodasasmans.com
Podedes contactar no correo: info@entodasasmans.com

lunes, 27 de febrero de 2012

Viaxes virtuais

 
Para Eduteka os Viaxes Virtuais ou Viaxes-V son un exemplo mais das posibilidades diversas e gratuitas que a Rede ofrece xs docentes para que propoñan actividades efectivas, creativas e divertidas que enriquecen os aprendizaxes na aula de clase. Os Viaxes-V permiten xs estudantes visitar, por Internet, lugares interesantes de calqueira lugar do mundo para aprender sobre estes, como si realmente houberan estado alí.
A súa proposta:
Actividades para realizar Viaxes Virtuais ou Viaxes V na aula de clase

viernes, 17 de febrero de 2012

Eula, unha nova forma de aprender

 A Fundación Proyecta do grupo SM presenta a iniciativa EULA. unha web para traballar ao traverso do cine diferentes obxectivos educativos como son:
- Acceso á cultura, cunha ampla variedade de películas
- Comprensión crítica, fomentando a aprendizaxe, o debate e a conversación sobre as películas e as súas compoñentes emocionais.
- Creatividade, xa que permite axs nenxs utilizar as películas coma intrumento da súa propia creatividade
- Concienciación para promover un bo uso do cinema.
- Atención aos colectivos especiais.
- Protexer a herdanza cultural.
Os recursos desenvolven as competencias básicas mediante asociaciación de ideas, reflexións e memorizacións de datos que respostan a tres grandes grupos de contidos:
Educación Visual.
Educación en Valores.
Educación en contidos epecíficos.


martes, 27 de diciembre de 2011

De donde sae a neve?

De donde sale la Nieve é un proxecto para 1º Ciclo de Primaria, deselvolto no colexio Sta. Teresa de León. No blog que se enlaza descrébense as fases do traballo e algunhas das actividades realizadas. Resulta tan interesante a experiencia como a súa plasmación en formato blog.

lunes, 3 de octubre de 2011

IBGE PAÍSES@


IBGE* Países é unha excelente ferramenta na que a maiores de proporcionar a ubicación de cada país no mapamundi, danos información sobre indicadores sociais, economía, medio ambiente, redes de comunicación e ademáis algo moi interesante: A situación de cada país respecto aos obxectivos do milenio.

* Instituto Brasileño de Geografía e Estadística

jueves, 24 de marzo de 2011

Human Planet

Cun Clic na imaxe accedese ao trailer do proxecto Human Planet da BBC de oito episodios. Nel describese á especie humana e a súa relación co mundo natural.
Realizado en 40 paises, conta con imaxes dunha incríble beleza e resulta moi apropiado para darlles aos nenos e nenas unha visión global das diversas culturas que se desenvolven no planeta.

viernes, 18 de marzo de 2011

Ciencias da Terra e do Espacio


Ventás ao Universo unha web que proporciona un doado sistema para aprender e acadar información sobre as ciencias da Terra e do Espacio. “Windows to the Universe” é un proxecto que se leva desenvolvendo dende 1995. Este Portal inclúe diferentes tipos de documentos: imaxes, películas, animacións e series de datos, que exploran as ciencias da Terra e do Espacio, así como os lazos históricos e culturais entre ciencia, exploración e a experiencia humana.

Ventás ao Universo está pensado para tres niveis, que se aproximan aos niveis da Educación Primaria, Secundaria e Media. Estes niveles poden ser seleccionados mediante o click nun botón na barra superior que aparece en cada páxina. É un Portal da Asociación Nacional de Mestres de Ciencias da Terra

Ventanas al Universo

viernes, 12 de noviembre de 2010

Surcando o entorno

Xogo didáctico ideal para 5 anos e Primeiro de Primaria. Traballa os egintes temas:
As catro estacións do ano
Os cinco sentidos
As paisaxes
Os animais: mámíferos aves e peixes
Surcando o entorno

jueves, 11 de noviembre de 2010

Noso corpo

Actividade de Vedoque para coñecer ou repasar as partes do corpo
O Corpo

lunes, 8 de noviembre de 2010

viernes, 8 de octubre de 2010

Xardín Botánico de Madrid


Esta é a web didáctica do Xardín Botánico de Madrid, nela e dun xeito moi atractivo explícanse todas as partes das plantas, as súas funcións e a función clorofílica. Contén ademáis xogos e un cuestionario e avaliación sobre o aprendido.
Visto no blog:
Mav Ceip Nadal

lunes, 4 de octubre de 2010