Mostrando entradas con la etiqueta Educación pola Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación pola Paz. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de abril de 2016

Contos sen fadas

A HISTORIA DE IVINE E ALMOFADA


Con esta serie de tres contos baseados en historias reais, UNICEF trata de concienciar sobre a traxedia das persoas refuxiadas e reforzar as percepcións positivas sobre nenos, nenas e adolescentes forzadas a migrar cada ano polo mundo a causa dos conflictos armados ou situacións de extrema necesidade.
De fondo, pódese escoitar de primeira man aos seus protagonistas como narran o que sucedeu, os horrores que tiveron que presenciar e a viaxe que inevitablemente tiveron que tomar para fuxir.

De acordo coa Convención de Xenebra sobre o Estatuto das persoas Refuxiadas, unha refuxiada 
é unha persoa que " debido a fundados temores de ser perseguida por motivos de raza, relixión, nacionalidade, pertenza a un determinado grupo social ou opinións políticas, se encontre fóra do país da súa nacionalidade e non poda ou, a causa dos devanditos temores, non quera acollerse á proteción do seu país, ou que carecendo de nacionalidade e hachándose, a consecuencia de tais acontecementos fóra do país onde antes tivera a súa residencia habitual, non poda ou, a causa dos devanditos temores non quera regresar a el,

MUSTAFÁ SAE A CAMIÑAR


MALAK E O BARCO


miércoles, 19 de diciembre de 2012

Cando calen os rifles


"A avidez humana fai negocio incluso das situacións máis tráxicas. Unha nova empresa americana comezou a comercialzar mochilas escolares que fan as veces de chalecos antibalas, A meirande autodefensa dunha sociedade e dos seus menores é a educación en valores de respecto e soliedaridade. O lixo é probablemente o mellor destiño de tan oportunistas carteiras. Un@ adolescente educad@ na consideración de toda vida, vexetal, animal e por suposto humana; crecido no espíritu da compaixón, no amor á Terra, na idea de cooperación e axuda aos seus semellantes, endexamáis cometería tamaña barbaridade.

Se ao pequeno se lle educa na lei do máis forte, da revancha; se o que se lle da coa merenda é calquira tipo de pantalla, a súa diaría ración de homes abatidos por máis e máis balas, non nos podemos extranar dos lamentables titutalares destes días. Unha vez máis será preciso remontar ao mundo das causas para escenas de tan triste índole non se volten a repetir.

Que ofrecen os televisores ante os que @s rapaces e rapazas pasan horas interminables? Protección nas mentes máis que nos corpos, pois é na súa enmarañada xeografía onde se desatan semellantes desatinos. O peor sería pensar que foi o xoven Adan Lanza o causante da matanza de Newton (Connectitcut), atribuír a un chaval de 20 anos a responsabilidade dos 28 asasinatos. Ningún ADN anuncia masacres, os xenes non portan ferro, un xoven non nace asasino. É a sociedade, son os "media", co seu bombardeo  incesante de escenas de violencia, as que o van formando...
... A cultura da vida comeza seguramente apagando o televisor, a consola, o ordenador atiborrado de xogos violentos. Cando calen os rifles de aslto, emerxerá a cultura da vida revelando a maxia, devolvendo a fantasía e as gañas de amar e apertar, de compartir e soñar ás máis novas xeneracións..."


Extracto dun artigo de Koldo Aldai: clara luz.org