Mostrando entradas con la etiqueta Artística 2º Ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Artística 2º Ciclo. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de mayo de 2016

Arte para aristas


Interesante experiencia nas Bibliotecas Municipais de LAS ROZAS que, mediante talleres, tentou de achegar ás máis pequenas o fauvismo, o cubismo ou a abstracción.

Todo neno é un artista. O problema é como seguir sendo artista de maior.
Pablo Picasso

ARTE PARA NIÑOS; Picasso, Matisse y Kandinsky al alcance de los más pequeños


martes, 29 de abril de 2014

Mulleres pintoras


Mujeres Pintoras é un magnífico traballo, un blog que trata de completar  a historia oficial das artes reclamando para as mulleres artistas o lugar que lles corresponde.
Conten un listado de pintoras con enlaces a súa vida e obra, en orde cronolóxica e por países. Interesantísimo o enlace a sitios web sobre o arte e a muller


sábado, 29 de junio de 2013

Pintores de Galicia


Pintores de Galicia é un documental emitido pola TVG que analiza e mostra a traxectoria do arte píctorico galego, fundamentalmente dende finais do século XIX.
O audiovisual dura aproximadamente 43 minutos; pero ao vir secuenciado cronolixicamnete con capítulos adicados a cada movemento estético, pódese visionar por partes. Cada etapa está introducida e comentada por profesores e críticos de arte.

martes, 7 de mayo de 2013

Reciclar ceras de cores

No coloexio úsanse moito e sempre quedan pequenos trozos que xa non son utilizables e non sabemos que facer con elas. Mellor que tiralas á papeleira é reciclalas facendo estes traballiños tan lindos.
Como se fai nolo explican neste interesnate blog do CEIP Vila de Quer. 
Agora: a experimentar!

jueves, 18 de abril de 2013

Plastiquem un blog de Plástica


PLASTIQUEM, o blog da aula de Linguaxe Visual e Plástico da Escola Calderón de Barcelona, pode ser unha fonte de inspiración para traballar a educación plastica.
Deixo o link a súa etiqueta de primavera, pero recomendo unha visita tranquila para disfrutalo.
E o acceso ao almacen de albums de imaxes do seu blog en PlastiquemEspe en Pinterest.


viernes, 12 de abril de 2013

Pegamento caseiro ecolóxico

O pegamento industrial,  un material de moito uso na escola, contén moitos químicos de dudoso efecto na saúde e no medio ambiente.
O clásico engrudo  feito con fariña ten un gran poder adhesivo, pero non vale para todo. Navegando pola rede encontrei no portal Ecocosas esta receita mellorada:

 Materiais:
1 taza de fariña
 1/3 de taza de azucre
 1 cullarada de vinagre
Un pouco de auga
Preparación do pegamento caseiro ecolóxico:
Nunha pota colócanse cun un pouo de auga o azucre e a fariña, cocíñase a lume medio ata que se faga unha mestura espesa, agrégase o vinagre, deíxase enfriar e colócase nun envase de vidro (reutilizado). Gárdase na neveira para un período de utilización de aproximadamente dúas semanas.


lunes, 18 de febrero de 2013

Ideas




Recompilación de ideas creativas que encontrei na rede.

domingo, 18 de noviembre de 2012

Alexander Petrov: Animación en óleo



Esta curta de Alekxander Petrov foi nominada aos Óscar no ano 2006: "Meu Amor" é unha adaptación do relato homónimo de Ivan Shmelev.
A técnica de Petrov baséase na la utilización de pinturas ao óleo de secado lento sobre unha superfície de cristal mate que permite o paso da luz proxectada dende abaixo. Concretamente, os cristais utilizados son dous: un para os fondos e outro para os personaxes. Técnica que require unha mestría ao alcance duns poucos animadores en todo o mundo. O que fai definitivamente única a forma de traballar deste autor é o feito de pintar case exclusivamnete cos seus dedos, reservando o pincel só para os retoques finais.
Maís curtas do autor en:  www.forodvdmania.com

miércoles, 21 de marzo de 2012

Pop Art Machine

 
 Un dos blogs favoritos de ilustración Pincellades al mon esconde tesouros coma este programa gratuíto   Pop Art Machine   para transformar unha fotografía ou un debuxo a diferentes estilos: cubismo, expresonismo, impresionismo, cómic...
Xogamos cunha fotografía e miremos como cambia en versións ben distintas. Xogar é mellor forma de aprender.
 

viernes, 17 de febrero de 2012

Eula, unha nova forma de aprender

 A Fundación Proyecta do grupo SM presenta a iniciativa EULA. unha web para traballar ao traverso do cine diferentes obxectivos educativos como son:
- Acceso á cultura, cunha ampla variedade de películas
- Comprensión crítica, fomentando a aprendizaxe, o debate e a conversación sobre as películas e as súas compoñentes emocionais.
- Creatividade, xa que permite axs nenxs utilizar as películas coma intrumento da súa propia creatividade
- Concienciación para promover un bo uso do cinema.
- Atención aos colectivos especiais.
- Protexer a herdanza cultural.
Os recursos desenvolven as competencias básicas mediante asociaciación de ideas, reflexións e memorizacións de datos que respostan a tres grandes grupos de contidos:
Educación Visual.
Educación en Valores.
Educación en contidos epecíficos.


martes, 24 de enero de 2012

Paraugas pola Paz

Paraugas pola Paz é un proxecto artístico internacional formulado polo pintor irlandés- americano Matt Lamb, o seu  propósito máis importante é levar mensaxes de paz, amor, tolerancia, entendimento, armonía, unión, solidariedade e esperanza a toda a humanidade.
O paraugas é un símbolo de aceptación que inclúe a todos baixo a súa protección sen importar raza, idade xénero ou cor. O simbolismo do paraugas é a tea que representa a enerxía universal sostida polas  variñas que representan a forza de cada individuo. Cada variña pode representar algo diferente para cada persoa como a familia, amigos, relixión, educación...
O paraugas é unha metáfora de proteción. A parte superior é a vivienda e representa esperanzas, soños e aspiracións. A parte inferior representa preocupacións e medos. O Paraugas de Lamb pola Paz axudan aos nenos e adultos a expresar emocións positivas e curar  experiencias negativas pintándoas nun paraugas. Ensina aos nenos paz, esperanza, amor e creatividade, en contraposición ao mensaxe diario de guerra e agresión. A meta é difundir iste mensaxe aoredor do mundo mediante a arte. 
Para participar no proxecto a nivel internacional pódese contactar co Seminario Galego de educación pa a Paz, contacto

sábado, 14 de enero de 2012

Viaxamos con Claude Monet

Facendo clic na imaxe faremos unha deliciosa e interactiva viaxe pola exposición de Monet 2010. que a disfruten!

viernes, 13 de enero de 2012

Ferramenta libre para crear logos


Faremos craetivos logos clicando na imaxe.

Make a flake

Preciosa aplicación para facer estrelas de neve recortando "on line"
Make a flake
Vía

Xogos moi artísticos


A galería de arte australiana Queesland Art ofrece estes nove xogos maravillosos para o disfrute de nenos e nenas (en inglés)
Games for Kids
Vía