viernes, 12 de abril de 2013

Pegamento caseiro ecolóxico

O pegamento industrial,  un material de moito uso na escola, contén moitos químicos de dudoso efecto na saúde e no medio ambiente.
O clásico engrudo  feito con fariña ten un gran poder adhesivo, pero non vale para todo. Navegando pola rede encontrei no portal Ecocosas esta receita mellorada:

 Materiais:
1 taza de fariña
 1/3 de taza de azucre
 1 cullarada de vinagre
Un pouco de auga
Preparación do pegamento caseiro ecolóxico:
Nunha pota colócanse cun un pouo de auga o azucre e a fariña, cocíñase a lume medio ata que se faga unha mestura espesa, agrégase o vinagre, deíxase enfriar e colócase nun envase de vidro (reutilizado). Gárdase na neveira para un período de utilización de aproximadamente dúas semanas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario