Mostrando entradas con la etiqueta Educación Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Infantil. Mostrar todas las entradas
miércoles, 25 de noviembre de 2015
Máis de 80 contos en power-point
O blog Educación Preescolar ofrécenos este estupendo recurso para a pantalla dixital. Clicando na imaxe de cada conto se produce a descarga do mesmo en formato power point..
A selección de contos está inspirada nos problemas familiares que a cotío viven os nenos e nenas.
Ideales para Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria.
Aquí deixo o enlace:
Máis de 80 contos dixitais
lunes, 16 de noviembre de 2015
Centos de actividades matemáticas para Primaria.
Interesante proxecto que propón pequenos xogos interactivos e perticipacipativos chamados episodios, pequenas aplicacións de inmersiónpara tabletas e ordenadores baseadas nun sistema de aprendizaxe espiral modular e progresivo, perfectamente adaptado aos programas escolares estándar de matemáticas en Educación Infantil e Primaria.
Para acceder clicar no enlace
martes, 28 de abril de 2015
Papando outono
Aínda que estamos na primavera, este traballiño do Ceip Virxe da Saleta de Cea, ben merece un espacio neste recuncho de blog.
jueves, 24 de abril de 2014
Marabillosa ARTPOÉTICA
Esta marabillosa aplicación de acceso gratuíto en web, móbiles e tabletas permite coñecer 28 dos mais destacados poemas e poetas da literatura castellana transformados en curtametraxes de gran beleza visual e ademais reserva un espazo para a creatividade d@s usuari@s.
Este proxecto está producido polas empresas andaluzas La Claqueta e Tal Cual con apoios institucionais diversos, entre eles o da Biblioteca Virtual de Andalucía.
Federico García Lorca, Rafael Alberti, Manuel Altolaguirre, Luis de Góngora, Gustavo Adolfo Bécquer, Juan Ramón Jiménez, Antonio Machado, Luis Cernuda, Joaquín Sabina...
Deixémonos levar pola maxia da poesía destes grandes autores da man de ARTPOÉTICA.
jueves, 13 de febrero de 2014
Contos Interactivos
O interese pola narración é unha constante nas idades que nos ocupan. Este catálogo de aplicacións é ideal para a implicación do alumnado no mundo das tramas narradas.
O mundo ao revés: Dispoñible na web Clic, Clic, Clic: cuentos interactivos , son versións orixinais e divertidas de contos clásicos. A súa presentación é moi atractiva e ofrecen diferentes camiños para escoller o avance da narración.
Bianfacuentos: Esta aplicación combina contos narrados, ilustracións, música e vídeos. A actividade complétase coa realización de exercicios relacionados cos contos. Hai actividades en grupo e outras nas que terán que gravar unha nova trama coas súas palabras.
Storytimeforme: Esta proposta recopila unha selección moi completa para a aprendizaxe da lingua inglesa. As ilustracións son moi coidadas e ademáis de animacións, introduce elementos sonoros e subtítulos para practicar a lectura das historias narradas.
Cordas: Esta alternativa é un conto interactivo para iPad composto por 12 escnascon sons e animacións.
As actividades consisten en exercicios de relación, asociación, expresión de estados anímicos e memorización de personaxes.
.
Vía
Bianfacuentos: Esta aplicación combina contos narrados, ilustracións, música e vídeos. A actividade complétase coa realización de exercicios relacionados cos contos. Hai actividades en grupo e outras nas que terán que gravar unha nova trama coas súas palabras.
Storytimeforme: Esta proposta recopila unha selección moi completa para a aprendizaxe da lingua inglesa. As ilustracións son moi coidadas e ademáis de animacións, introduce elementos sonoros e subtítulos para practicar a lectura das historias narradas.
As actividades consisten en exercicios de relación, asociación, expresión de estados anímicos e memorización de personaxes.
.
Vía
Etiquetas:
Educación Infantil,
Inglés,
Lengua Castellana 1º Ciclo
domingo, 17 de noviembre de 2013
Estratexias de numeración
![]() |
| (clic) |
Etiquetas:
Educación Infantil,
Matemáticas 1º ciclo,
Matemáticas 2º ciclo
lunes, 1 de julio de 2013
Son mestra de Infantil
Dedicado ás compañeiras de Educación Infaltil que tanto sembran e das que tanto temos recollido.
domingo, 14 de abril de 2013
Plataforma proyecta
A Plataforma Proyecta é un espacio web, (www.plataformaproyecta.org,) posto en marcha polas fundacións Amancio Ortega e Santiago Rey Fernández-Latorre, que ofrece aos do centes de toda a comunidade ferramientas para crear recursos didácticos, formación especializada e materiais de aprendizaxe para profesores de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato.
No menú principal encontaremos as categorías
Buscar, Investigar e Crear.
Buscar:
Aquí encontraremos recursos, apliucacións didácticas e lugares web. Os contidos están descritos na barra lateral esquerda por materiais e niveis educativos.
Investigar: Aquí están as metodoloxíass e artigos de interese para saber máis sobre as novas tecnoloxías aplicadas á educación.
Crear: Neste espazo encontraremos accions formativas guiadas que rematan en concursos de creacións de contidos.
viernes, 12 de abril de 2013
Pegamento caseiro ecolóxico
O pegamento industrial, un material de moito uso na escola, contén moitos químicos de dudoso efecto na saúde e no medio ambiente.
O clásico engrudo feito con fariña ten un gran poder adhesivo, pero non vale para todo. Navegando pola rede encontrei no portal Ecocosas esta receita mellorada:
Materiais:
1 taza de fariña
1/3 de taza de azucre
1 cullarada de vinagre
Un pouco de auga
Preparación do pegamento caseiro ecolóxico:
Nunha pota colócanse cun un pouo de auga o azucre e a fariña, cocíñase a lume medio ata que se faga unha mestura espesa, agrégase o vinagre, deíxase enfriar e colócase nun envase de vidro (reutilizado). Gárdase na neveira para un período de utilización de aproximadamente dúas semanas.
O clásico engrudo feito con fariña ten un gran poder adhesivo, pero non vale para todo. Navegando pola rede encontrei no portal Ecocosas esta receita mellorada:
Materiais:
1 taza de fariña
1/3 de taza de azucre
1 cullarada de vinagre
Un pouco de auga
Preparación do pegamento caseiro ecolóxico:
Nunha pota colócanse cun un pouo de auga o azucre e a fariña, cocíñase a lume medio ata que se faga unha mestura espesa, agrégase o vinagre, deíxase enfriar e colócase nun envase de vidro (reutilizado). Gárdase na neveira para un período de utilización de aproximadamente dúas semanas.
martes, 9 de abril de 2013
domingo, 24 de marzo de 2013
domingo, 10 de marzo de 2013
martes, 27 de noviembre de 2012
Lela Mari
Coa publicación de "El globito rojo" no ano 1967, Lela Mari inaugurou un estilo casi abstracto que prescindía da realidade e simplificaba a cor. Un album moi atípico daquela que acabou por converterse nun referente para o xénero dos albumes ilustrados, nos que a palabra é substituída por imaxes cheas de dinamismo e moi evocadoras.
O conto permite múltiples lecturas partindo dun globo roxo que viaxa creando novas formas. É ideal para os máis pequenos.
As Historias desta ilustradora caracterízanse polo deseño circular e por serEN editadas en albumes de coidadoso deseño. As súas composicións baseánse na percepción visual d@s preescolares polo que presentan unha notable economía de trazos sobre fondos bRancos.
Os seus contos favorecen a capacidade de observación física e enriquecen o mundo conceptual d@s lector@s.
Etiquetas:
Biblioteca,
Educación Infantil
jueves, 27 de septiembre de 2012
Recursos en liña Clica Tic
Recursos en líña para Educación Infantil con un só clic, todas as arease materias:
Clica Tic Infantil
Recursos en línea para Educación Primaria:
Clica Tic Primaria
Etiquetas:
Educación Infantil,
Varias áreas
miércoles, 22 de agosto de 2012
Dous blogs de E. Infantil
Actividades Infantil e Libreta de Colores son dous blogs nos que o profesorado de Infantil pode encontrar material e ideas para este nivel educativo. Recomendables.
jueves, 3 de mayo de 2012
Música Infantil en Galego.
Páxina de música infantil da Coordinadora EDNL, na que se poderán escoitar en liña discos tan populares entre @s nen@s como PELO GATO 24, NA PUNTA DO PÉ, TIC-TAC, A NENA E O GRILO e outros máis que animarán as nosas clases de Lingua Galega.
Música Infantil
Música Infantil
Etiquetas:
Educación Infantil,
Lingua Galega 1º Ciclo,
Música
domingo, 8 de abril de 2012
O Caracol Serafín
“O caracol Serafín”, mediante contos, xogos, e en diversos idiomas, é un recurso educativo accesible que, atendendo á diversidade, ofrece as mesmas características e obxectivos a todo o alumnado. O seu obxectivo básico é unha primeira aproximación ás tecnologías da información e a comunicación (ordenador, teclado ...) Tamén para nenos e nenas con discapacidade visual.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















