Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de enero de 2014

30 de Xaneiro Día Escolar pola Paz e a Non Violencia


O vindeiro 30 de Xaneiro, xoves, conmemoraremos, un ano máis, nos colexios e institutos, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NONVIOLENCIA no 66 Aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

Dende este blog a proposta para traballar a Paz é o recoñecemento á contribución das mulleres a este longo camiño no que a humanidade aínda non vislumbra a tan ansiada meta.

Esta proposta pódese encauzar en dúas liñas: Unha dirixida a coñecer a aquelas que adicaron as súas vidas e esforzos á este prósito e outra á prevención da violencia de xénero, tendo en conta a dramática realidade do noso país que no que vai de ano, contamos co triste dato de 6 mulleres asasinadas.

Para a prmeira é moi interesante esta  web“1325 mujeres tejiendo la paz”  que corresponde a un programa de educación, sensibilización e comunicación sobre o papel das mulleres na construción da Paz, apoiado na resolución 1325 sobre Muller, Paz e Seguridade adoptado polas Nacións Unidas no ano 2000. Nel se recollen historias de vida de mulleres que foron chaves na prevención de guerras, na percura de saídas non violentas a conflitos, na súa defensa polos dereitos humanos e a xustiza, en favor do desenvolvemento e a igualdade e contra a impunidade e o esquecemento.

 A segunda liña, incardinada na primeira ten que ver coa representación da muller como vítima da violencia, representación que reforza a estrutura cognitiva na que se sustenta. O relato da realidade configuraa, por iso cando preferimos contar e dar visibilidade ao papel da muller na construción da Paz, estamos a promover patróns de referencia e representacións non estereotipadas que non a releguen ao papel de obxecto sexual ou vitima dócil, imposto polo patriarcado. Visibles e transguesoras é a publicación máis que recomentadable.

Ámbalas dúas propostas estan recollidas polo Centro de Educación e Investigación para a Paz CEIPAZ da Fundación Cultura e Paz.  

miércoles, 30 de enero de 2013

Xaeneiro mes da paz: Queremos Paz!



Hoxe, 30 de xaneiro doxémolo ben alto e ben forte
QUEREMOS PAZ!

lunes, 28 de enero de 2013

Xaneiro mes da Paz: Primera técnica: Enviar Amor



Neste vídeo explícase unha técnica moi sinxela para unha meditación de Paz. É para realizala polas noites en casa, por iso suxírese que o visionado se realice a última hora, antes da saída para relaxal@s e que non a esquezan. Sería enriquecedor que ao diá segunte falasen da experiencia.


domingo, 27 de enero de 2013

Xaneiro mes da paz: La Paix au Mali





Para saber máiss sobre Mali podedes consultar este enlace na Wikipedia e sobre a guerra pola que está pasando este país, tamén na Wikipedia este outro enlace.
Para estar ao día das noticias do conflicto: Noticias de EL PAÍS sobre Mali.

jueves, 24 de enero de 2013

Xaneiro mes da Paz: 1001 materiais, enlaces e documentos para traballar o día da Paz

Recopilación do Centro de Orientación Andujar gran cantidade de recursos encontrados na rede para traballar o día da paz dende titorías, unidades didácticas, videos, cancións, videoforum, actividades, presentaciones, etc.
1001 materiais, enlaces e documentos para traballar o día da Paz


miércoles, 23 de enero de 2013

Antoloxía poética Intercultural pola Paz

Clicando na imaxe accédese a un issuu confeccionado por diferentes bibliotecas: Poemas pola Paz de todo o mundo.

martes, 15 de enero de 2013

Xaneiro mes da Paz: Nicloas Roerich



Nicholas Roerich foi un artista ruso de nacemento que se converteu en personaxe de importancia universal na esfera cultural, promotor apaixoado, mediante o  seu arte e escritos, dunha apreciación aumentada do valor da herdanza cultural de todas as nacións do mundo, e das formas nas que esta apreciación podería axudar a lograr a Paz Mundial.

O Pacto Roerich e a Bandeira da Paz foron creados e promovidos por Nicolás Roerich, coa finalidade de protexer os tesouros do xenio humano, establecendo que as institucións educativas, artísticas, científicas e relixiosas. así como os lugares de relevancia cultural, deberían ser declarados inviolables e respectados por todas as nacións, tanto en tempos de guerra coma en tempos de paz.
O 15 de abril de 1935, o pacto Roerich foi firmado na Casa Blanca, en presenza do Presidente dos Estados Unidos Franklin D Roosvelt, por representantes de 21 gobernos de toda América. Representou un tratado aberto á adhesión de todos os países do mundo e xerou un movemento mundial na procura da unidade global e rescatou os valores e logros da creatividade humana.
 

Unha nova visión
  A contribución máis importante do Pacto Roerich foi a introdución dunha nova visión: que a conciencia de toda a humanidade se expande con cada acto creativo do xenio humano; que hai períodos na historia nos que novas ideas se introducen para o beneficio de todos; e que mentres o ser humano se encontra máis a si mesmo e a traballadores conscientes no campo da cultura, as artes, a ciencia, as relixións e os moitos infinitos ámbitos construtivos do mundo,  vóltase imperativo que non só lles prestemos atención, senón que apoiemos eses movementos que melloran a calidade da vida.


Un chamado á unidade
O Pacto Roerich e a bandeira de Paz, significaron unha contribución á mellora das condicións mundiais, xa que representou un sendeiro e un chamado á Unidade Internacional e a Paz Mundial.
As devastacións que producen as guerras e os conflitos afectan a toda a  humanidade. Hoxe xa sabemos que non pode haber Paz se non hai Paz Mundial.


Pero o fundamento da Paz Mundial, a posibilidade dese gran logro humano só pode ser realidade se pomos en practica o vello dito de "coñece ao teu veciño". Esta antiga ensinanza debe ser posta en práctica agora máis que nunca. Coñecer a cada un dos nosos veciños é unha tarefa imposible, pero si é posible coñecer a súa Cultura. Beneficiar o desenvolvemento co xenio construtivo dos pobos, é a base. A estima, o aprecio á Cultura dos pobos pode asegurar o mutuo entendemento necesario para lograr á Unidade e a Paz permanente.
A Cultura é a creación construtiva do empeño humano, non pertence a ningún individuo, grupo o nación. A súa propiedade é de toda a humanidade e das xeneracións que a herdarán. A Cultura trascende os obstáculos, prexuízos e intolerancia. Sen Cultura non hai Verdade, nin Unidade, non hai Paz.

Por iso ten que ser aproveitada e apoiada por todas as xeneracións e considerada sagrada e inviolable para a mente e as mans humanas.
O pasado está cheo de destrucións deplorables e irreparables (hoxe mesmo as pirámides-mausoleos de Tombuctú en Mali están correndo perigo de ser destruídas á mans de fundamentalistas e clérigos musulmáns están facendo chamadas á destrución da pirámides de Exipto). A evolución da humanidade non é posible sen o legado da Cultura e as súas diversas formas.
Roerich soñaba co "Día da Vitoria da Cultura" no que en todas as institucións educativas o mundo sexa lembrado polos verdadeiros tesouros que a humanidade construíu co entusiasmo creativo e heroico dunha vida máis plena. Esta nobre conciencia impedirá o menosprezo da dignidade humana creado pola ignorancia
Enlaces de interés:
Vídeos das pinturas de Roerich e poemas da súa muller Helena Roerich (Mahatma M) 
Vídeo: Visións del Shambala, pinturas
Vídeo: Pinturas de Roerich con música de Vangelis
Vídeo: Pinturas de Roerich con música de Buddha-Bar e Vangelis
Vídeo: La luz de los Himalayas
Vídeo: Máis pinturas

Breve biografía de Nicolás Roerich

A familia Roerich

Nicolás Roerich Museum New York
Museo Bandera de la Paz N. Roerich de Bilbao
Museo Virtual Nicolás Roerich
Descarga gratis de libros de Roerich

"A arte unirá á Humanidade.
A arte é unha e irrepartible.
  A arte ten moitas ramas e unha soa raíz…
Cada un percibe a verdade da beleza.
  Na beleza estamos unidos, pola beleza oramos.
Coa beleza conquistaremos.
Para todos deben ser accesibles e abertas
as portas da fonte sagrada.
  A luz da arte iluminará os innumerables corazóns
 cun amor novo.
Nun principio, este sentido chegará desapercibido,
pero máis tarde este sentido limpará
toda a conciencia humana.
Cantos corazóns xóvenes están buscando
algo belo e auténtico.
Dádello, pois.
Dádelle a arte ao pobo, que a arte lle pertence."



p

lunes, 12 de marzo de 2012

Chámome Paz



Libro para traballar a Paz con nenos e nenas de Infantil  e  Primari




jueves, 1 de marzo de 2012

Dame un minuto de PAZ

Concurso de vídeos "Dame 1 minuto de Paz".
Video gañador: Iban González.

martes, 24 de enero de 2012

Paraugas pola Paz

Paraugas pola Paz é un proxecto artístico internacional formulado polo pintor irlandés- americano Matt Lamb, o seu  propósito máis importante é levar mensaxes de paz, amor, tolerancia, entendimento, armonía, unión, solidariedade e esperanza a toda a humanidade.
O paraugas é un símbolo de aceptación que inclúe a todos baixo a súa protección sen importar raza, idade xénero ou cor. O simbolismo do paraugas é a tea que representa a enerxía universal sostida polas  variñas que representan a forza de cada individuo. Cada variña pode representar algo diferente para cada persoa como a familia, amigos, relixión, educación...
O paraugas é unha metáfora de proteción. A parte superior é a vivienda e representa esperanzas, soños e aspiracións. A parte inferior representa preocupacións e medos. O Paraugas de Lamb pola Paz axudan aos nenos e adultos a expresar emocións positivas e curar  experiencias negativas pintándoas nun paraugas. Ensina aos nenos paz, esperanza, amor e creatividade, en contraposición ao mensaxe diario de guerra e agresión. A meta é difundir iste mensaxe aoredor do mundo mediante a arte. 
Para participar no proxecto a nivel internacional pódese contactar co Seminario Galego de educación pa a Paz, contacto

lunes, 31 de enero de 2011

Conferencia de Arcadi Oliveres



A propósito dos Obxectivos do Milenio esta crítica conferencia de Arcadi Oliveres, economista español e coñecido activista pola xusticia social e a paz

sábado, 22 de enero de 2011

Un berro xeneracional



El Grito de mi Generación, é ol título da canción inédita que Marcos Cao, de La Sonrisa de Julia, Juan Suarez, de El sueño de Morfeo y David Otero, de El canto del Loco crearon e produciron para apoiar as movilizacións en apoio á loita contra a pobreza extrema e a fame no mundo

domingo, 16 de enero de 2011

O día da Paz: Obxectivos do Milenio



Como no noso cole o Día mundial pola Paz celebrarase traballando sobre os Obxectivos do Milenio, aí van uns enlaces interesantes nos que se encontrará información, logos, xogos e actividades de interese para o tema:

Podemos cambiar el Mundo da páxina da FETE-UGT: Educar en valores. Nel se responde a oito preguntas básicas sobre o tema e se encontran enlaces interesantes para profundizar no tema, dos que cabe destacar as actividades propostas no:

Ciberbus Escolar das Nacións Unidas, no que clicando en cada un dos logos accédese a cada un dos obxectivos e metas ás que chegar no 2015, vídeos, actividades e unha suxestión para involucrarse e participar.

Logros e reveses: pdf. de 18 páxnas elaborado polo PNUD ( Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento)

Pro Póntelos: Sección da páxina de Educación sen Fonteiras adicada aos Obxectivos do Milenio, nela hai interesantes guías diácticas, descargables en pdf, para traballar cada un dos obxectivos.

Sin excusas 2015: Páxina en galego que tamén informa de cada un dos retos e nos propón facer ruído para que se escoiten.

Un juego peligroso: Xogo on line de Mans Unidas no que tirando un dado se propoñen tres respostas sobre preguntas sobre a situación mundial respecto á consecución dos obxectivos. Ideal para o 3º ciclo

Vídeos de introducción en Youtube
Obxectivo 1
Obxectivo 2
Obxectivo 3
Obxectivo 4
Obxectivo 5
Obxectivo 6
Obxectivo 7
Obxectivo 8

Todos eles veñen na páxina: Un mundo mejor para Joana

domingo, 7 de febrero de 2010

RECOMPILACIÓN DE MATERIAIS PARA O DÍA DA PAZ


Recopilación elaborada polo blog MESTURAS (clic) dos traballos pola PAZ publicados en TRAFEGANDO RONSEIS (clic)

Noraboa polo traballo ás bibliotecas escolares de Galicia!

viernes, 29 de enero de 2010

CONTOS POLA PAZ


Preciosos contos que nos fan reflexionar sobre a Paz
Cuentos y Paz