Nicholas Roerich foi un artista ruso de nacemento que se converteu en personaxe de importancia universal na esfera cultural, promotor apaixoado, mediante o seu arte e escritos, dunha apreciación aumentada do valor da herdanza cultural de todas as nacións do mundo, e das formas nas que esta apreciación podería axudar a lograr a Paz Mundial.
O Pacto Roerich e a Bandeira da Paz foron creados e promovidos por Nicolás Roerich, coa finalidade de protexer os tesouros do xenio humano, establecendo que as institucións educativas, artísticas, científicas e relixiosas. así como os lugares de relevancia cultural, deberían ser declarados inviolables e respectados por todas as nacións, tanto en tempos de guerra coma en tempos de paz.
O 15 de abril de 1935, o pacto Roerich foi firmado na Casa Blanca, en presenza do Presidente dos Estados Unidos Franklin D Roosvelt, por representantes de 21 gobernos de toda América. Representou un tratado aberto á adhesión de todos os países do mundo e xerou un movemento mundial na procura da unidade global e rescatou os valores e logros da creatividade humana.
Unha nova visión
A contribución máis importante do Pacto Roerich foi a introdución dunha nova visión: que a conciencia de toda a humanidade se expande con cada acto creativo do xenio humano; que hai períodos na historia nos que novas ideas se introducen para o beneficio de todos; e que mentres o ser humano se encontra máis a si mesmo e a traballadores conscientes no campo da cultura, as artes, a ciencia, as relixións e os moitos infinitos ámbitos construtivos do mundo, vóltase imperativo que non só lles prestemos atención, senón que apoiemos eses movementos que melloran a calidade da vida.
Un chamado á unidade
O Pacto Roerich e a bandeira de Paz, significaron unha contribución á mellora das condicións mundiais, xa que representou un sendeiro e un chamado á Unidade Internacional e a Paz Mundial.
As devastacións que producen as guerras e os conflitos afectan a toda a humanidade. Hoxe xa sabemos que non pode haber Paz se non hai Paz Mundial.
Pero o fundamento da Paz Mundial, a posibilidade dese gran logro humano só pode ser realidade se pomos en practica o vello dito de "coñece ao teu veciño". Esta antiga ensinanza debe ser posta en práctica agora máis que nunca. Coñecer a cada un dos nosos veciños é unha tarefa imposible, pero si é posible coñecer a súa Cultura. Beneficiar o desenvolvemento co xenio construtivo dos pobos, é a base. A estima, o aprecio á Cultura dos pobos pode asegurar o mutuo entendemento necesario para lograr á Unidade e a Paz permanente.
A Cultura é a creación construtiva do empeño humano, non pertence a ningún individuo, grupo o nación. A súa propiedade é de toda a humanidade e das xeneracións que a herdarán. A Cultura trascende os obstáculos, prexuízos e intolerancia. Sen Cultura non hai Verdade, nin Unidade, non hai Paz.
Por iso ten que ser aproveitada e apoiada por todas as xeneracións e considerada sagrada e inviolable para a mente e as mans humanas.
O pasado está cheo de destrucións deplorables e irreparables (hoxe mesmo as pirámides-mausoleos de Tombuctú en Mali están correndo perigo de ser destruídas á mans de fundamentalistas e clérigos musulmáns están facendo chamadas á destrución da pirámides de Exipto). A evolución da humanidade non é posible sen o legado da Cultura e as súas diversas formas.
Roerich
soñaba co "Día da Vitoria da Cultura" no que en todas as institucións
educativas o mundo sexa lembrado polos verdadeiros tesouros que a humanidade
construíu co entusiasmo creativo e heroico dunha vida máis plena. Esta nobre
conciencia impedirá o menosprezo da dignidade humana creado pola ignorancia
Enlaces de interés:Vídeos das pinturas de Roerich e poemas da súa muller Helena Roerich (Mahatma M)
Vídeo: Visións del Shambala, pinturas
Vídeo: Pinturas de Roerich con música de Vangelis
Vídeo: Pinturas de Roerich con música de Buddha-Bar e Vangelis
Vídeo: La luz de los Himalayas
Vídeo: Máis pinturas
Breve biografía de Nicolás Roerich
A familia Roerich
Nicolás Roerich Museum New York
Museo Bandera de la Paz N. Roerich de Bilbao
Museo Virtual Nicolás Roerich
Descarga gratis de libros de Roerich
"A arte unirá á Humanidade.
A arte é unha e irrepartible.
A arte ten moitas ramas e unha soa raíz…
Cada un percibe a verdade da beleza.
Na beleza estamos unidos, pola beleza oramos.
A arte é unha e irrepartible.
A arte ten moitas ramas e unha soa raíz…
Cada un percibe a verdade da beleza.
Na beleza estamos unidos, pola beleza oramos.
Coa
beleza conquistaremos.
Para todos deben ser accesibles e abertas
as portas da fonte sagrada.
A luz da arte iluminará os innumerables corazóns
Para todos deben ser accesibles e abertas
as portas da fonte sagrada.
A luz da arte iluminará os innumerables corazóns
cun
amor novo.
Nun principio, este sentido chegará desapercibido,
pero máis tarde este sentido limpará
toda a conciencia humana.
Cantos corazóns xóvenes están buscando
algo belo e auténtico.
Dádello, pois.
Dádelle a arte ao pobo, que a arte lle pertence."
Nun principio, este sentido chegará desapercibido,
pero máis tarde este sentido limpará
toda a conciencia humana.
Cantos corazóns xóvenes están buscando
algo belo e auténtico.
Dádello, pois.
Dádelle a arte ao pobo, que a arte lle pertence."
No hay comentarios:
Publicar un comentario