Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade. Mostrar todas las entradas
miércoles, 25 de noviembre de 2015
25 de Novembro día Internacional para a Eliminación da violencia contra as Mulleres 2015
Deixo o enlace a unh serie de actividades en pdf, descargables, que a web Educando en Igualdad ofrece no contexto da campaña NON á Violencia.
Educar en igualdade para previr a violenca de xénero.
Etiquetas:
25 de Novembro,
Educación Afectivo-Sexual,
Igualdade
lunes, 20 de octubre de 2014
Bótalle cabeza ás redes sociais
Este vídeo sobre os perigos que as adolescentes poden encontar nas redes sociais, forman parte do proxecto Échale cabeza, no que o Servizo da Muller do Concello de Sevilla elaborou unha serie de vídeos que tratan temas claves da violencia de xénero co obxectivo de previr e sensibilizar ante esta terrible problemática, debida á reproducción de modelos de relación baseados na desigualdade.
Etiquetas:
Competencia dixital 3º ciclo,
Igualdade
martes, 29 de abril de 2014
Mulleres pintoras
Mujeres Pintoras é un magnífico traballo, un blog que trata de completar a historia oficial das artes reclamando para as mulleres artistas o lugar que lles corresponde.
Conten un listado de pintoras con enlaces a súa vida e obra, en orde cronolóxica e por países. Interesantísimo o enlace a sitios web sobre o arte e a muller
Etiquetas:
Artística 1º Ciclo,
Artística 2º Ciclo,
Artística 3º Ciclo,
Igualdade
lunes, 25 de noviembre de 2013
25 de novembro: Día inernacional contra á violencia hacia ás mulleres
(Extracto do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
elaborado pola escritora María Reimóndez e titulado «O dioivo que non cesa», por mor da celebración, o vindeiro 25 de novembro, do día no que se reclama a fin da violencia de xénero.)
Para ler o manifesto completo pemer aquí .
Etiquetas:
25 de Novembro,
Festas,
Igualdade
jueves, 11 de julio de 2013
Fábrica da Memoria
Nace o proxecto “Fábrica de la
memoria para la recuperación de la historia de las mujeres”
Máis información: http://fabricadelamemoria.com/
O proxecto dixital Fábrica da memoria para a
recuperación da historia das mulleres pretende cubrir os siguientes
objectivos:
1) Recuperar e fixar os triunfos e as loitas privadas e colectivas das mulleres, ás que lles foron negadas as liberdades, en
todas as súas formas: políticas e históricas, sociais e individuais.
2) Espallar o coñecemento en torno á Historia das mulleres e as súass conquistas cara á igualdade e a democracia e llevalo a un
ámbito xeral, accesible a todos os sectores da poboación.
3) Facer visible o traballo e as contribución das mulleres en todos os ámbitos: sociais, artísticos, científicos,
literarios, de pensamento, etc.
4) Creación dun arquivo documental relativo á memoria das mulleres, especialmente nos soportes que resalten a súa imaxe e
a súa palabra: fotografías, carteis, audiovisuais, textos, etc.
Etiquetas:
Educación en Valores,
Igualdade
viernes, 8 de marzo de 2013
8 de marzo Día da Muller
8 de marzo
DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
A participación das mulleres na historia
da humanidade, na construción das habilidades e saberes humanos foi
achantada ou ignorada durante séculos. Con moitísimo traballo e esforzo
tivemos que loitar contra os muros da exclusión, da inferioridade, da
falta de recoñecemento social e político, individual e colectivo. Unha loita incesante que non nos dá un
momento de acougo, xa que no intre en que se recoñecen algunhas das
nosas demandas vemos como, cunha rapidez asombrosa, érguense de novo os
vellos muros pero con outros nomes: crise, recortes, paro, peche de
servizos sociais, economía submerxida, violencia de xénero... e moitos
máis que enredan e obstaculizan o que parecía que xa era noso e que toda
a sociedade tiña asumido: que as mulleres somos seres humanos libres e
con dereitos.
Nesta complexa engrenaxe as mulleres xa
notabamos e alertabamos das poucas bondades dun “estado do benestar”
capitalista, patriarcal, heterosexual e belicista que perpetuaba as
desigualdades norte-sur, ricos-pobres, homes-mulleres. Pero estas
desigualdades eran “asumidas” como un mal menor, en grande parte polas
vantaxes de estar situadas nesta parte do planeta e nesta época de
“bonanza económica.
Hai décadas que as mulleres da marcha
mundial encabezamos a loita en contra a mercantilización e a
privatización dos bens comúns, a defensa da terra e da soberanía
alimentaria; hai anos que acompañamos ou formamos parte das mulleres que
se negan a que lles roube o seu territorio para ser ocupado por
plantacións de transxénicos ou bases militares; as que loitamos dentro
dos movementos sociais para que se nos recoñeza en igualdade. Todas
estas loitas xa nos alertaban da podremia do sistema, de que ese “estado
do benestar” estaba asentado sobre a lama.
Agora constatamos con indignación o
agravamento das condicións de vida das mulleres do noso continente. A
Europa do capital está a saquear as nosas vidas e os nosos dereitos. Os
recortes e as privatizacións dos servizos públicos dificultan a
autonomía das mulleres. Os recortes dos gastos sociais supoñen case
sempre un incremento do traballo doméstico e de coidados non remunerados
(en xeral a cargo das mulleres). O pensamento neoconservador busca
impor valores que dificulten o camiño emancipador das mulleres.
Por todo isto, neste 8 de marzo de 2013,
as mulleres feministas, que formulamos a necesidade da
corresponsabilidade no coidado das persoas e nas tarefas domésticas; as
que esiximos un novo modelo social sen división do traballo en función
do sexo; as que propoñemos un novo modelo social no que as persoas sexan
o cerne das políticas públicas, COMPROMETÉMONOS a seguir loitando para
derrubar os muros que protexen aos banqueiros e ao corruptos; aos
especuladores e aos que botan a outras persoas dos seus fogares, aos que
fan uso da violencia e criminalizan aos movementos sociais.
Sabemos o que queremos e temos o reto de
atopar o xeito de logralo, pero SABEMOS QUE O IMOS LOGAR, VAIA SE O
IMOS LOGRAR, que llo digan a todas as nosas antepasadas e contemporáneas
que sacrificaron as súas vidas para acadar os dereitos que nos queren
arrincar, que llo digan as nosas avoas, ás nosas nais, ás nosas irmáns
do Congo, Malí, Colombia, México; ás mariscadoras do Val Miñor, ás
redeiras do Morrazo e A Guarda, as que traballan na conserva e no
téxtil, ás labregas de toda Galiza, as costureiras, enfermeiras,
obreiras, avogadas, xornalistas, artistas, mestras, alumnas.... que nos
digan se imos permitir que nos metan outra vez na casa, que nos rouben
os dereitos conseguidos, que nos obriguen a calar e a non ter nada que
dicir sobre as nosas liberdades sexuais e reprodutivas. Que non pensen
que imos ficar mudas e quietas deixando que nos agridan.
Nós, mulleres, queremos controlar as
nosas vidas e construír unha sociedade máis xusta que termine co sistema
capitalista e patriarcal, que nos permita vivir a nós e a todas e todos
unha vida digna.
A DÉBEDA DOS GOBERNOS É COAS MULLERES,
NON COA BANCA
MARCHAMOS POR UNHA VIDA DIGNA E SOSTIBLE
Ata que todas sexamos libres!!!
Manifesto da Marcha Mundial das Mulleres de Galicia
martes, 19 de febrero de 2013
jueves, 29 de noviembre de 2012
As series da nosa infancia e os mandatos de xénero

Os medios de comunicación son axentes produtores de identidade, identidade que se forma en diálogo cun contexto do cal a TV ocupa a primacía social, construíndo modelos de subxectividade.
Recomendo este artigo da web UNITEDEXPLANATIÓNS coma un exercicio de reflexión sobor os modelos que recibidos na infancia e o que estos supuxeron para actuar como se espera socialmente que se actúe, condicionados polo sexo ao que se pretenza.
Etiquetas:
Educación Afectivo-Sexual,
Educación en Valores,
Igualdade
sábado, 24 de noviembre de 2012
Atlas Mundial da igualdade de xénero na educación
A educación igualitaria é unha chave fundamental para o desenvolvemento.
O presente atlas non é só un mapa do mundo, senón tamén un convite a pasar á acción de promover a igualdade de xénero na educación coma dereito humano e factor multiplicador do desenvolvemento.
Descargao: ATLAS MUNDIAL da igualdade de xénero na educación.
O presente atlas non é só un mapa do mundo, senón tamén un convite a pasar á acción de promover a igualdade de xénero na educación coma dereito humano e factor multiplicador do desenvolvemento.
Descargao: ATLAS MUNDIAL da igualdade de xénero na educación.
Etiquetas:
Educación Afectivo-Sexual,
Educación en Valores,
Igualdade
viernes, 23 de noviembre de 2012
25 de novembro: Basta!!!
Alguns enlaces para traballar encol do Día Mundial contra a Violencia de Xénero
Revista Rapazas nº 1: A Violencia de Xénero Lugo 2011, pdf.
Aprendiendo a querer, Documental de Informe Semanal que cuestiona as relacións producto dos roles da masculinidade agresiva e a femeneidade sumisa.
Película: No estás sola, Sara
Estatísticas das vítimas de violencia de xenéro dende o 199 ata 2012 na páxina de Separadas e Divorciadas.
Etiquetas:
Educación Afectivo-Sexual,
Igualdade
domingo, 22 de abril de 2012
Construción das identidades de xénero na escola
Etiquetas:
Educación Afectivo-Sexual,
Igualdade
sábado, 17 de marzo de 2012
Alumnado de 6º de A Garda, contra a violencia machista
O alumnado de 6º do CEIP Manuel Rodríguez Sinde adicou parte dos recreos
a gravar este tenro videoclip de repulsa aos malos tratos coa canción "Se
acabaron las lágrimas" de Huecco.
jueves, 8 de marzo de 2012
A Lúa en ti, documental completo
Hai un tempo comentei este film documental:
Hoxe encontrei a película completa.
Etiquetas:
Educación Afectivo-Sexual,
Igualdade
martes, 6 de marzo de 2012
É hora de mudar o guión
Organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Caldas de Reis,
coa colaboración da Xunta de Galicia e producido por Lilith acción
social e educativa s.l. coa participación do alumnado de: CPI Alfonso
VII, IES Aquis Celenis e Colexio San Fermín.
Querida muller
Un grupo de homes conscientes de todo o mundo ofrecen disculpas ás mulleres polos miles de anos de
desequilibrio entre a enerxía masculina e feminina, así como a visión
dunha nova era da co-creación.
Etiquetas:
Educación en Valores,
Igualdade
lunes, 5 de marzo de 2012
8 de marzo: Tempos de muller
Esta canción para tod@s as miñas compañeiras no seu día.
Etiquetas:
8de Marzo,
Educación en Valores,
Festas,
Igualdade
miércoles, 29 de febrero de 2012
sábado, 21 de enero de 2012
Datas e datos
Trátase dun Manual para secundaria e Bacharelato, feito con
perspectiva de xénero, sobre as distintas conmemoracións escolares oficiais que
se celebran ao longo do curso escolar: Día da Paz, Día das Mulleres, Día do
Libro, Día do Medio Ambiente, Día dos Dereitos Humanos, Día das Letras
Galegas...
Este manual foi editado polo Concello de Vigo e lleva por nome: DATAS E DATOS PARA LEMBRAR EN PÉ DE IGUALDADE... e non esquecer o resto do ano, recolle as doce datas conmemorativas. Ademas do libro impreso, hai un sitio web http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/ no que están subidos on line todos lo contidos. Este sitio web dispón de múltiples e variados recursos multimedia: videos, contos, documentos, música, etc.
Este manual foi editado polo Concello de Vigo e lleva por nome: DATAS E DATOS PARA LEMBRAR EN PÉ DE IGUALDADE... e non esquecer o resto do ano, recolle as doce datas conmemorativas. Ademas do libro impreso, hai un sitio web http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/ no que están subidos on line todos lo contidos. Este sitio web dispón de múltiples e variados recursos multimedia: videos, contos, documentos, música, etc.
domingo, 15 de enero de 2012
Invisibles
Etiquetas:
Educación Afectivo-Sexual,
Educación en Valores,
Igualdade
jueves, 29 de diciembre de 2011
Cursos gratis en Igualdade

Comeza hoxe a convocatoria de cursos "on-line", gratuitos, en materia de Igualdade de Oportunidades entre hombres e mulleres organizados polo Instituto da Muller. É a 4ª edición que oferta 18500 prazas. Aberta a inscrición neste link:
Escola Virtual de Igualdade.
Etiquetas:
Educación Afectivo-Sexual,
Educación en Valores,
Igualdade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







