domingo, 15 de enero de 2012

Invisibles


As mulleres conforman o 52 por cento da población mundial e soportan o 40 por cento do Produto Interior Bruto. O vídeo "Invisibles", que foi realizado por "La Antena" Sociedade Cooperativa Valenciana, para a comisión de xénero de ATTAC, pón de manifesto como o sistema neoliberal imperante consolida e apuntala a estructura patriarcal e un modelo de poder, no que as mulleres non teñen cabida, a pesares destas cifras. A actual coxuntura de crise económica está amosando que o capitalismo non funciona. Esta crise é unha oportunidade única para cambiar o sistema con todas as aportacións que as mulleres poden ofrecer tras séculos e séculos de invisibilidade. Existen alternativas moi claras por parte das mulleres para empezar a pensar que Outro mundo é posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario