Mostrando entradas con la etiqueta Educación para a Cidadanía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación para a Cidadanía. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de enero de 2012

Paraugas pola Paz

Paraugas pola Paz é un proxecto artístico internacional formulado polo pintor irlandés- americano Matt Lamb, o seu  propósito máis importante é levar mensaxes de paz, amor, tolerancia, entendimento, armonía, unión, solidariedade e esperanza a toda a humanidade.
O paraugas é un símbolo de aceptación que inclúe a todos baixo a súa protección sen importar raza, idade xénero ou cor. O simbolismo do paraugas é a tea que representa a enerxía universal sostida polas  variñas que representan a forza de cada individuo. Cada variña pode representar algo diferente para cada persoa como a familia, amigos, relixión, educación...
O paraugas é unha metáfora de proteción. A parte superior é a vivienda e representa esperanzas, soños e aspiracións. A parte inferior representa preocupacións e medos. O Paraugas de Lamb pola Paz axudan aos nenos e adultos a expresar emocións positivas e curar  experiencias negativas pintándoas nun paraugas. Ensina aos nenos paz, esperanza, amor e creatividade, en contraposición ao mensaxe diario de guerra e agresión. A meta é difundir iste mensaxe aoredor do mundo mediante a arte. 
Para participar no proxecto a nivel internacional pódese contactar co Seminario Galego de educación pa a Paz, contacto

sábado, 21 de enero de 2012

Datas e datos

Trátase dun Manual para secundaria e Bacharelato, feito con perspectiva de xénero, sobre as distintas conmemoracións escolares oficiais que se celebran ao longo do curso escolar: Día da Paz, Día das Mulleres, Día do Libro, Día do Medio Ambiente, Día dos Dereitos Humanos, Día das Letras Galegas...
Este manual foi editado polo Concello de Vigo e lleva por nome: DATAS E DATOS PARA LEMBRAR EN PÉ DE  IGUALDADE... e non esquecer o resto do ano, recolle as doce datas conmemorativas. Ademas do libro impreso, hai un sitio web http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/
  no que están subidos on line todos lo contidos. Este sitio web dispón de múltiples e variados recursos multimedia: videos, contos, documentos, música, etc.

sábado, 22 de octubre de 2011

Crise e paraísos fiscais


Porque pagamos os de sempre, os paraisos fiscais, o expolio, é un video didáctico no que se explica o efecto que ten, na crise, que grandes empresas e grandes fortunas evadan pagar os seus impostos depositando seus fondos ou invirtindo en paraisos fiscais e, polo tanto, a consecuencia que isto ten no déficit público e na destrucción do estado do benestar social.

miércoles, 4 de mayo de 2011

Campaña Roupa Limpa


Un pouco de roupa, moitas horas de traballo e moi pouco diñeiro. Unha longa viaxe. Tallas imposibles, grandes decepcións. Sabes con que te vistes? Vídeo realizado por Interferencias para a Campaña Roba Limpia - *SETEM.

martes, 8 de marzo de 2011

Vision of Humanity


Avánzase no estudio da paz. Por primeira créase un índice que clasifica ás nacións do mundo pola paz identificando algúns dos seus factores clave.
A través de esta web pódese acceder á información dos países nos que é máis doado ter armas, os que teñen máis gasto en armamento ou nos que hai máis asesinatos... Datos necesarios para a comprensión da situación global.
“Vision of Humanity” agrupa a unha serie de iniciativas relacionadas entre sí centradas na paz mundial que contan co apoio dun gran número de voluntarios, empresarios, políticos, líderes relixiosos e intelectuais. Aporta un enfoque estratéxico para aumentar a atención do mundo e a conciencia sobre a importancia da paz para a supervivencia da humanidade no século XXI.

Como hoxe é 8 de marzo aí vai o link da páxina a un dos factores de paz: A presenza da muller nos parlamentos do mundo:
Women in Parlamet
Pasando o rato por cada país aparecen os datos.

lunes, 24 de enero de 2011

martes, 7 de diciembre de 2010

A Constitución española

Para traballar a Constitución Española atopei na páxina do Governo de Canarias estes textiños:
La Constitución española para niños

O blog: Trafegando Ronseis recolle un vídeo e varios enlaces de moito interese na súa entrada:
Sobre a Constitución

E aquí o texto completo en galego:
Constitución Española

A Asamblea de Marid prpón este xogo para traballar o sistema participativo:
Asamblea de niños

lunes, 22 de noviembre de 2010

Primeiros auxilios

Actividade en liña, proposta pola rede de concellos da Diputación e a Cruz Vermella de Barcelona para aprender a socorrer en situacións de accidentes cotiáns.
El juego de los primeros auxilios

domingo, 21 de noviembre de 2010

lunes, 15 de noviembre de 2010

Coñece os teus dereitos

Web elaborada á instancias da Generalitat xunto ao Ajuntament e a Diputació de Barcelona, para conmemeorar o 20 aniversario da proclamación dos dereitos da infancia.
Coneix els teus drets

lunes, 25 de octubre de 2010

Diñeiro e conciencia

Joan Melé, subdirector de Tríodos Bank (banca ética)

miércoles, 6 de mayo de 2009

VIAXAR POLO UNIVERSO DA GRAN EUROPA

Un conto en pdf. publicado polo Consello de Europa.

viernes, 17 de abril de 2009

ZOON POLITIKON


ZOON POLITIKON:
É unha web imprescincible para a creación da conciencia política de cidadáns e cidadás.

jueves, 16 de abril de 2009

CONSTRÚE A FICHA DUN PERSONAXE


Dados uns datos de personaxes coñecidos, aprender a facer unha ficha.