Mostrando entradas con la etiqueta Lingua Galega 2º Ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua Galega 2º Ciclo. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de julio de 2016

Agustín Fernández Paz. In Memoriam.



Así nos sorprendeu a nova do pasamento do escritor: Un día de xullo que amañece triste pola perda dun mestre, dun home bo e xeneroso, referente indiscutible da Literatura Galega, da Literatura Infantil e da renovación pedagóxica.
Os seus contos ricos en valores humanos formarán por sempre o telón de fondo dos soños do neno ou nena que todas temos no recuncho máis prezado do noso espríto.
Para recoñecelo ou coñecelo e honralo, aquí deixo algúns enlaces. Para disfrutalo na aula.

Páxina do autor

Agustín na Wikipedia

Guía didáctica sobre EN EL CORAZÓN DEL BOSQUE (castelán)




viernes, 14 de junio de 2013

Portal das palabras

Portal das palabras é una web de xorde a iniciativa da RA G e a Fundación Barrié.
Como dí na súa presentación a iniciativa vai dirixida a moitos tipos de persoas, desde rapaces en idade escolar a persoas maiores que teñan interese polo noso idioma e o seu léxico. Tamén cremos que pode ser útil para xente que queira achegarse á nosa lingua aínda que sexa de xeito inicial. O que se precisa para aproveitar este Portal, repetimos, é que se teña curiosidade e ganas de aprender.
A web ten unha doada navegación que se explica neste vídeo.
Cabe destacar a sección de xogos, os vídeos e o novo diccionario en versión electrónica. 
Agardo que sexa de utilidade, polo que colocarei un link permanente a esta páxina na sección A nosa lingua, a nosa cultura.

martes, 4 de junio de 2013

Os cantares dos Cantares (exposición 'Ao principio foi o verso: Rosalía de Castro)

Nesta peza proxectada na exposición sobre unha mesa, póñense en audición unha escolla de pezas de variado estilo, do lied ao rap, do merengue á canción, que queren dar unha idea da extraordinaria popularidade da obra de Rosalía, mesmo até hoxe en día.

viernes, 22 de febrero de 2013

24 de fevereiro: Rosalía Vive!


Todas con Rosalía

"Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva".

Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose espontaneamente a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dun vídeo colectivo no que teñen cabida escritoras e non escritoras, nenas, mozas e vellas, feministas, transfeministas, actrices, vendedoras, estudantes, afectadas polas preferentes, libreiras, mulleres contra o maltrato, mestras, profesoras, persoal sanitario, ecoloxistas... Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.

As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Mónica Caamaño, María do Cebreiro, María Xosé Queizán, Teresa Seara, Helena Villar Janeiro, Xulia Alonso, Eva Veiga, Yashmina Shawk, Begoña Paz, Mónica Bar, Rosa Enríquez, Lucía Novas, Inma López Silva, Estíbaliz Espinosa, Laura Bugalho, Rosalía Fernández Rial, Verónica Martínez, Rexina Vega ou Comba Campoy.




viernes, 14 de diciembre de 2012

Recursos Nadal da CGENDL

A Coordinadora Galega de ENDL puxo un ano máis á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Neste monográfico especial podedes atopar: 
 
1.- Recursos para traballar nas aulas
Escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc. 
 
 2.- Postais elaboradas polo alumnado
Este espazo acolle felicitacións feitas polo alumnado e permite que calquera usuario envíe algúns destes traballos para felicitar o Nadal e o Aninovo a través da rede. O prazo de recepción de postais vai estar aberto ata o 21 de decembro (vid. instrucións no documento anexo). Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.
 

domingo, 2 de diciembre de 2012

Celso Emilio Ferreiro



Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) proponse renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia. Como o noso Colexio xúnguese á iniciativa, aquí deixo uns enlaces para traballar a figura do poeta de Celanova.
Coordinadora galega ENDL: Recitando a Celso Emilio
Unidade didactica para primaria no Espazo Abalar
Longa noite de pedra
Escolma de entrevistas a Celso Emilio Ferreiro
Biografía en Escritores.org


Moraima, Celso Emilio Ferreiro
from Inés Piñeiro on Vimeo.


sábado, 9 de junio de 2012

Os Arquivos da Meiga

Os Arquivos da Meiga ... de animación · Música · Banda deseñada, libros e máis cousas con letras · Vídeos na rede · Ensalada de arquivos ...
Se buscas material en galego, neste foro: Os Arquivos da Meiga, encontrarán de todo.

sábado, 26 de mayo de 2012

Xenerador de contos infinitos

O departamento de Orientación Andújar, inspirado no magnífico traballo de M.Aller no seu blog Contomundi, presenta este xenerador de contos en formato excel, moi doado de manexar, unha guía para utizalo e unha estupenda colección de contos xenerados por este método.
Novo xenerador de contos infinitos

lunes, 30 de abril de 2012

A Festa dos Maios


A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto   a "deidades" do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos. (Galicia Espallada)

 Máis información en Festa dos maios na Galipedia 

 Unidade didáctica en Slide: Os Maios Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEP de Ventín Curso 2009/10 


A tradición ancestral dos maios humanos ou da Festa do Maio de Vilafranca é un costume que con ser moi común hai 100 anos en Galicia hoxe só se conserva no seus lindes culturais, no Bierzo.

viernes, 13 de abril de 2012

Buscador no diccionario da RAG para FIrefox


Trasno presenta un buscador no diccionario da RAG para Firefox
Nun par de segundos e mediante un engadido para o navegador Firefox podemos ter o novo dicionario da RAG (DRAG) integrado na lista de buscadores. A consulta de calquera palabra e a súa definición faise nun tris. Respectouse a imaxe corporativa da RAG no complemento co obxectivo de colaborar tamén nesa "achega ao servizo público" ao que convidaba a propia RAG: "Hoxe toca innovar".




sábado, 18 de febrero de 2012

175 aniversario do nacemento de Rosalía

A Asociación de Escirtorxs en Lingua Galega está promovendo unha serie de actos organizados por concellos e asociación culturais para celebrar o Día de Rosalía de Castro o vindeiro 24 de febreiro, no que se conmemora o 175 aniversario do nacemento da nosa autora
Actividade da AELG
Rosalía de Castro org.
Rosalía de Castro: Poeía prosa, obra completa.
Páxina de Rosalía no Insituto Cervantes
Listaxe de vídeos sobre Rosalía
Actos na Rúa e no Liceo de Ourense

martes, 8 de noviembre de 2011

Conxugador verbal automático


Cal é o pretérito pluscuamperfecto do verbo haber? Como se conxuga o futuro dun verbo que aínda non recollen os dicionarios, como tuitear? A resposta xa está na rede. Cilenis vén de lanzar a máis completa ferramenta online para conxugar verbos de maneira automática: o CilenisConxugador.
O CilenisConxugador (http://conxugador.cilenis.com/) é a aplicación máis completa existente para conxugar de maneira automática calquera verbo en lingua galega.
Este conxugador foi desenvolto na Universidade de Santiago de Compostela polo Grupo para o Procesamento da Linguaxe Natural: ProLNat@GE
Tamén en versión portugués nas variantes europea e brasileira. Incluso conxugar calquera verbo inventado. A versión portuguesa esta dispoñible en Cilenis Conjugador .

miércoles, 28 de septiembre de 2011

50 aniversario de Memorias dun neno labrego


Este ano cúmprense 50 anos da publicación de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. A primeira edición é de comezos de 1961 na editorial Follas Novas, en Bos Aires, con portada de Luís Seoane.
Con este motivo, o CEIP Frián de Teis realiza esta actividade Lim para achegarnos as aventuras do neno Balbino, unha das obras literearias galegas máis lidas no mundo.
Memorias dun neno labrego

martes, 26 de abril de 2011

Lertras galegas 2011: Lois Pereiro

Xa está disponible a páxina especial Letras Galegas 2011 da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística adicada a Lois Pereiro.
Esta web presenta unha varia de materiais didácticos en liña, descargables e recursos web para todos os niveis de Primaria así como videoteca, fonoteca, bibliografía, un apartado para saber máis e actividades nos centros.
Cabe destacar que en materiais didácticos encóntranse as unidades didácticas que todos os anos elabora o Seminario Galán que se poden imprimir dende esta ligazón.
Sobre a figura deste autor o blog Trafegando Ronseis nas súas entradas sobre Lois Pereiro ofrece diversos materiais e enlaces moi interesantes.

domingo, 9 de enero de 2011

Centenario de Cunqueiro

Este vai a ser un ano cunqueirano que aproveitaremos para ler reler e requetedisfrutar a este máxico escritor.
Deixo, de momento, estes enlaces para ir facendo boca.

O centenario de Cunqueiro, artigo na Voz de Galicia
Monográfico Cunqueiro, Instituto Cervantes
Merlin e Familia, Google books

martes, 7 de diciembre de 2010

O Galeoke


Galeoke é un xogo para o PC con karaoque en Galego, para cantar e cantar na nosa lingua. No track list do volume I figuran temas de:
Os Resesntidos, Fuxan os ventos, Malvela, Berrogüeto, Projecto Mourente, Espido, Narf e Maneca Costa, Lamatumbá, Uxía, Marful, Os Diplomáticos de Monte Alto...
Galeoke

jueves, 28 de octubre de 2010

Creamos contos: textos e debuxos


Con esta aplicación e dun xeito moi sinxelo creamos historias a base dun repertorio de personaxes, escenarios e movementos e da posibiilidade de escribir os textos que acompañaran á historia
ArtisanCam-Activities-Picture Book

domingo, 24 de octubre de 2010

Galego con corazón





Novo espacio no que se informa sobre a nosa lingua.

Poderás visitar a historia e a situación do galego, comprobar como se din algunhas das nosas palabras noutros idiomas, ou explorar outros puntos de interese sobre o tema.

galego.org