Esta película documental fala durante 75 minutos da menstruación. E fala sen medo. A súa autora, Diana Fabiánová, aprendeu de nena que nunca debía dicir a un home cando tiña a regla, ata decatarse de que iso non era nen sucio nen impuro.
Fabiánová preguntábase “Por que me doe se estou sana?". E se puxo a investigar. Entrevistou a médicos, antropólogos, sociólogos, psicoanalistas, xinecólogas…de diferentes países. Deu a súa cámara a unha nena de 11 anos para que contara os seus medos ante esa inevitable chegada e organizou encontros con mulleres que cada vez, ca chegada do menstruo, teñen unha cita coa dor.
Sen buscar unha resposta definiva e con toques de humor, deixa que as persoas falen da súa experiencia. Tamén recurre ás animacións en 3D para explicar a vida dun óvulo
A música é de Olivier Samouillan e Pierre Bats. A producción é de Ubak Producciones, Avenue B, Ubak Media e La Zanfoña, e a distribución en España faina Karma Films.
Ver on line ou descargar:
No hay comentarios:
Publicar un comentario