viernes, 17 de enero de 2014
30 de Xaneiro Día Escolar pola Paz e a Non Violencia
O vindeiro 30 de Xaneiro, xoves, conmemoraremos, un ano máis, nos colexios e institutos, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NONVIOLENCIA no 66 Aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
Dende este blog a proposta para traballar a Paz é o recoñecemento á contribución das mulleres a este longo camiño no que a humanidade aínda non vislumbra a tan ansiada meta.
Esta proposta pódese encauzar en dúas liñas: Unha dirixida a coñecer a aquelas que adicaron as súas vidas e esforzos á este prósito e outra á prevención da violencia de xénero, tendo en conta a dramática realidade do noso país que no que vai de ano, contamos co triste dato de 6 mulleres asasinadas.
Para a prmeira é moi interesante esta web“1325 mujeres tejiendo la paz” que corresponde a un programa de educación, sensibilización e comunicación sobre o papel das mulleres na construción da Paz, apoiado na resolución 1325 sobre Muller, Paz e Seguridade adoptado polas Nacións Unidas no ano 2000. Nel se recollen historias de vida de mulleres que foron chaves na prevención de guerras, na percura de saídas non violentas a conflitos, na súa defensa polos dereitos humanos e a xustiza, en favor do desenvolvemento e a igualdade e contra a impunidade e o esquecemento.
A segunda liña, incardinada na primeira ten que ver coa representación da muller como vítima da violencia, representación que reforza a estrutura cognitiva na que se sustenta. O relato da realidade configuraa, por iso cando preferimos contar e dar visibilidade ao papel da muller na construción da Paz, estamos a promover patróns de referencia e representacións non estereotipadas que non a releguen ao papel de obxecto sexual ou vitima dócil, imposto polo patriarcado. Visibles e transguesoras é a publicación máis que recomentadable.
Ámbalas dúas propostas estan recollidas polo Centro de Educación e Investigación para a Paz CEIPAZ da Fundación Cultura e Paz.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario