viernes, 17 de enero de 2014

Educación emocional



A educación emocional é unha peza fundamental no desenvolvento da concepción integral da educación.

Identificar as emocións, asumilas recoñecéndoas como propias e controlalas, permitirá afianzar a identidade, mellorar as relacións humanas, medrar, madurar e ser máis felices.

Este punto de vista educativo que non recollen as materias curriculares, fundaméntase nos novos avances da neurociencia, na teoría das intelixencias múltiples, nas habilidades sociais, na educación para a saúde...
"Sinto, logo existo" fronte ao "penso, logo existo" é a novidade, non tan nova ocultada pola psicoloxía positiva.

Afrontar este reto é unha das tarefas máis apaixoante da educación actual.
Para tal fin deixo neste post dous links que, entre outros moitos, considerei relevantes e rigorosos, e que animo a investigar para comezar por bo camiño.

O primeiro é a web do profesor  Rafael Bisquerra,da Universidade de Barcelona, especializado no tema, e a páxina de Elsa Punset: Inteligencia Emocional.



No hay comentarios:

Publicar un comentario