miércoles, 19 de diciembre de 2012

Cando calen os rifles


"A avidez humana fai negocio incluso das situacións máis tráxicas. Unha nova empresa americana comezou a comercialzar mochilas escolares que fan as veces de chalecos antibalas, A meirande autodefensa dunha sociedade e dos seus menores é a educación en valores de respecto e soliedaridade. O lixo é probablemente o mellor destiño de tan oportunistas carteiras. Un@ adolescente educad@ na consideración de toda vida, vexetal, animal e por suposto humana; crecido no espíritu da compaixón, no amor á Terra, na idea de cooperación e axuda aos seus semellantes, endexamáis cometería tamaña barbaridade.

Se ao pequeno se lle educa na lei do máis forte, da revancha; se o que se lle da coa merenda é calquira tipo de pantalla, a súa diaría ración de homes abatidos por máis e máis balas, non nos podemos extranar dos lamentables titutalares destes días. Unha vez máis será preciso remontar ao mundo das causas para escenas de tan triste índole non se volten a repetir.

Que ofrecen os televisores ante os que @s rapaces e rapazas pasan horas interminables? Protección nas mentes máis que nos corpos, pois é na súa enmarañada xeografía onde se desatan semellantes desatinos. O peor sería pensar que foi o xoven Adan Lanza o causante da matanza de Newton (Connectitcut), atribuír a un chaval de 20 anos a responsabilidade dos 28 asasinatos. Ningún ADN anuncia masacres, os xenes non portan ferro, un xoven non nace asasino. É a sociedade, son os "media", co seu bombardeo  incesante de escenas de violencia, as que o van formando...
... A cultura da vida comeza seguramente apagando o televisor, a consola, o ordenador atiborrado de xogos violentos. Cando calen os rifles de aslto, emerxerá a cultura da vida revelando a maxia, devolvendo a fantasía e as gañas de amar e apertar, de compartir e soñar ás máis novas xeneracións..."


Extracto dun artigo de Koldo Aldai: clara luz.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario