sábado, 24 de noviembre de 2012

En todas as mans


No país do minifundismo permanece unha realidade que é de todos, e ao tempo de ninguén, unha realidade que camiña entre o público e o privado. Así é o mundo dos montes en mancomún.
Esta forma de titularidade asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e fai parte do patrimonio cultural galego.
"En todas as mans" é un proxecto de documental sobre esta forma de custodia do territorio. Pretendemos construír un relato que xunte as voces das xentes das comunidades e do ámbito académico.
Nestes momentos o documental está en fase de preprodución. A web do proxecto é entodasasmans.com
Podedes contactar no correo: info@entodasasmans.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario