jueves, 19 de diciembre de 2013

As viaxes do Capitán Gardador


Hai algún tempo que se di que a pantasma do capitán, como unha sombra que percorre o labirinto da memoria, vaga polo Arquivo Histórico Provincial gardando con agarimo os seus pergamiños e papeis centenarios
O Capitán Gardador aparece debuxado na portada dun documento notarial (protocolo) de 1774 do escribán de Celanova Benito Fariñas. O debuxo ven acompañado por este texto: "Capitán guardador de este protocolo de el qual dio fe Benito Fariñas"
Silente e invisible durante séculos, o Capitán Gardador decide saír da penumbra na que habita para convidarnos a viaxar a través do tempo sucando un mar de documentos.
O Capitán vainos descubrir como a consulta de calquera dos milleiros de documentos conservados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense nos pode abrir unha fiestra ao pasado para viaxar nunha "máquina do tempo" pilotada polo aventureiro que teña a audacia de internarse no labirinto da memoria.
Da man do "capitán gardador" poderanse valorar as posibilidades que ofrece o patrimonio documental, non só como unha fonte para a investigación histórica, senón como como aventura ao alcance de todos, como unha viaxe ao pasado a través de documentos de distintas épocas.
Noraboa ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense por esta iniciativa. 
Vía
   
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario