O profesor Manuel González volveu
 ás aulas logo do seu paso pola Axencia Audiovisual. O seu coñecemento da Historia e do cinema callou nesta canle de YouTube “canle de recursos audiovisuais para o ensino a través de clips de 
filmes”:  Cliphistoria  que xa supera o millónde visitantes.
Cliphistoria conta xa cuns 1.300 clips de 800 filmes diferentes. Unha reivindicación do cinema español e latinoamericano.
Unha maneira inusual e 
atractiva de aprender a Historia. Os seus materiais  conteñen unha chea de 
enlaces que provoca que “moitos dos cativos logo se interesen polos 
filmes” e acaben por gozar cunha materia que antes detestaban.
A organización dos vídeos non só é cronolóxica, senón tamén por temas transversais que van desde a 
Arte até a Literatura, pasando polas Mulleres.  

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario