lunes, 1 de octubre de 2012

Benjamin Lacombe


Benjamín Lacombe é un ilustrador que naceu en París no ano 1982.  A súa arte inspira fraxilidade e melancolía dentro da fantasía dos contos de fadas e cun toque de inspiración no autor americano Edward Gorey. Ingresou no ano 2001 na Escola Superior das Artes Decorativas en París, traballando no mundo a animación e da publicidade ao mesmo tempo que realiza os seus estudos.
Aos 19 anos Lacombe completa a súa primeira serie de cómics, a partir da cal sucederánse diversas publicacións. No 2006 presenta o proxecto de fin de carreira:  “Cerise Griotte”, o seu primeiro libro que o convirte nuha celebridade do mundo editorial, nominándoo coma un dos 10 mellores libros infantís na prestixiosa revista Time Magazine.     
O público de fala hispánica pode disfrutalo nos títulos:
Los amantes mariposa (Edelvives 2008) Genealogía de una bruja (texto coescrito con Sebastien Pérez, Edelvives. 2009),  Melodía en la Ciudad (Edelvives 2010), Cuentos silenciosos (texto de Antonio Rodríguez Almodóvar, Edelvives 2010), Notre Dame de París (Mondadori)... e o  El Herbario de las Hadas (Edelvives 2012)
Para coñecer melor a este marabilloso debuxante podémos visitar a súa páxina en MySpace, a súa páxina oficial en Facebook ou o seu blog (en francés), a súa canle de vídeos en Youtube, ou a páxina da súa galería bibliográfica.

O primeiro libro de Lacombe que coñecín e que tiven a oportunidade de compartir co meu alumnado foi Genealogía de una Bruja. U album dobre, un contén a historia da pequena Lisbeth unha nena que, debido ás ocupacións dos seus páis, pasa o Nadal na casa da súa avoa Olga. Nela descobre a súa propia identidade, o amor e o seu... poder como muller e como bruxa.O segundo volume: Grimorio, Brujas y Hechizos é un percorrido pola historia da súa xenealoxía, que é a estirpe de todas as mulleres maldecidas pola súa liberdade e audacia. Dende LIlith, orixe da humanidad ata a súa avoa Olga.
O tamden Lacombe- Pérez crean un traballo sinxelamente marabilloso. Preciosa a dedicatoria deste último:
"Ás que dende sempre foron perseguidas pola culpa das súas diferenzas"

Despois seguiu Los amantes Mariposa, belísimo album inspirado na lenda china homónima que narra o tráxico romance de dous amantes, considerada as veces coma semellante á lenda de Romeu e Xulieta da literatura occidental. A historia de Nako e o seu imposibe amor é axeitada para falar do amor a calquer idade empregando, iso si, as palabras que nos parezan máis axeitadas.

E... a última adquisición.: El Herbario de las hadas que non me canso de contemplar.
Novamente un traballo conxunto con Sebastien Pérez. É un libro de gran formato sobre o apaixoante universo das fadas, no que o botánico  Alexandr Bogdanovitch viaxa, por orde de Rasputín ao bosque de Broceliande co obxectivo de encontrar o elixir da inmortalidade. No canto diso atópase co fantástico mundo dos elementais, seres marabillosos, espíritus ou fadas das plantas. As deliciosas imaxes se complementan con troquelados, láminas en papel vexetal e a correspondencia do científico. Un libro que introduce ao mito, ao misterio e á maxia da natureza, sentíndonos envoltos por seres de aire, auga e noite.


No hay comentarios:

Publicar un comentario