martes, 2 de octubre de 2012

O Horto escolar


Dende hai un tempo vimos acariñando a marabillosa idea de construír un horto escolar no noso cole.
Hoxe decídome a facer este post coa intención de dar un empurronciño a todas as profes, para que a idea non esmoreza e vaia a caer no caixón daquelo que puido ter sido e non foi.

Agora, máis que nunca, deberíamos de considerar que esta actividade lúdica e produtiva é un camiño moi interesante para fomentar o cambio de valores que a sociedade necesita e formar ao noso alumnado en competencias que vaian a ser útiles na súa vida, para que tomen contacto e aprendan da Terra Nai que nos sustenta e acolle e que disfruten dela, a coñezan, a amen e a respecten.
Para elo vou a remirtime a unha serie de enlaces que nos proporcionarán as bases teóricas do posible proxecto, e a algúnhas experiencias concretas que xa se están a realizar.

Na web BaalYa podénse encontrar unha moi boa categorización de obxectivos a conquerir coa realización do horto:
Obxectivos do Horto Ecolóxico Escolar
A mesma Web suxírenos unha serie de actividades de motivación, antes de poñelo en marcha, para que o alumnado o considere coma algo deles e delas:
Poñer en marcha o horto ecolóxico 
Este blog daríanos moitas ideas e moi sinxeliñas para construír un horto escolar:
Huerto de Ortega
Nestroutro link a guía da FAO:
Crear e manexar un horto escolar 
A guia editada polo Goberno Vasco, libro en pdf:
Horto escolar
E unha recompilación bastante extensa de ideas, consellos e experiencias de CREENA , rede de centros de Navarra que traballan hortos escolares:
Horto Escolar CREENA/scoop-it

Para ir abrindo boca e por hoxe vai dabondo, retomaremos o tema asegundo se vaia completando a investigación.
Hai moitos repoliños e berciñas que queren medrar nese cachiño de terra que está ao lado do patio cuberto. Ánimo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario