domingo, 7 de diciembre de 2014

Criaturas


Nace a Revista dixital especializada en literatura infantil e xuvenil Criaturas.
O seu númeo cero foi presentado no marco do Culturgal o pasado sábado 6 de decembro.
A revista xorde co obxectivo de construír un espazo de referencia e un punto de encontro para o sector.
Criaturas acollerá as diferentes linguaxes da creación literaria para nen@s coma a ilustración, tradución e crítica. Incluirá novidades editoriais e achegas de artista galegas. O seu eixo será a literatura galega, pero tamén doutras culturas, linguas ou xeitos de entender a narración en calquera das súas manifestacións.
Longa vida a Criaturas


No hay comentarios:

Publicar un comentario