miércoles, 26 de enero de 2011

Paulo Freire. Unha pedagoxía da liberdade



Hoxe, dende este pequeno espacio que teño o privilexio de administrar, quero render unha homenaxe ao que foi un extraordinario ser humano, un grande mestre que marcou meridianamente a formación pedagóxica de toda unha xeneración que me inclúe: Paulo Freire.
A Pedagoxía do Oprimido foi un libro que abriu a conciencia daqueles estudantes que alá polos anos 70 sentimos a necesidade de transformar o mundo coa ferramenta máis poderosa: A educación.
Considero que esta lectura xunto coa doutra das súas obras: A Pedagoxía da Esperanza están máis de actualidade que nunca, que non perderon nen un chisco de frescura e vixencia.
Aquí deixo uns enlaces para quen quera aproximarse un pouco máis a súa luz.

Canal de vídeos en Youtube sobre Paulo Freire
Conferencia en BCN no ano 1994 no congreso de CREA
Biblioteca dixital Paulo Freire

No hay comentarios:

Publicar un comentario