martes, 8 de febrero de 2011

A Candeloria

A Candeloria é unha festa de antiga tradición en Galicia que coincide coa celebración do Imbolc celta en honra á deusa Brighid, ao lume sagrado que liberaba á terra e abría o camiño ao renacer do Sol. Os días xa son máis longos e a terra xa se prepara para recibir as primeiras labranzas. E a festividade da luz e do amor, en Galicia é a festa do casamento dos paxariños:
Despois da candeloria, ningnha ave voa soa.
Esta festa era coñecida en Roma como as Lupercales (40 días antes das Calendas) e tamén nesa cultura era unha festa do lume en honor á fertilidade.
Para saber máis sobre esta festa este link de Galicia Espallada ofrece boa información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario