miércoles, 2 de marzo de 2011

Art Proxect de Google


Google presentou un servicio máis .Neste caso trátase de Art Project, no que a compañía traballou durante os últimos meses xunto a 17 museos dos máis grandes do mundo.

Neste proxecto os visitantes virtuais poderemos movernos polo interior dos museos seleccionados, entrar nas súas salas, observar as súas coleccións e contemplar certas obras emblemáticas, utilizando unha tecnoloxía fotográfica de alta resolución que permite ver detalles coma ao natural: as pinceladas, a carga de pintura, as luces e sombras nos máis mínimos detalles.

Os museos tamén proporcionaron imaxes de alta resolución para unha selección de máis de 1.000 obras de arte entre as que se inclúen traballos de Goia, Hans Holbein, Botticelli, Cezánne, etc.

O enlace:

Art Proyect, powered by Google

No hay comentarios:

Publicar un comentario