viernes, 29 de abril de 2011

Enredadas


Montserrat Boix periodista feminista catalana, comprometida co uso das TIC de xeito ético e sustentable, acaba de presentar un Manual on line para o uso da Web 2.0 incluído no programa de formación en TIC: Enredadas en Asturias elaborado polo Instituto Asturiano da Muller.
Esta guía recopila información básica sobre a Web 2.0, explica os programas imprescindibles para o seu manexo e, baixo unha perspectiva de xénero, expón a necesidade de que as mulleres utilicen a web para formación, información e activismo.
Moi sinxela e recomendable para todas as que queran aproximarse a esta ferramenta da información e a comunicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario