miércoles, 28 de septiembre de 2011

Escola sen wifi

A Fundación Vivo Sano, organización independente, de iniciativa privada e sen ánimo de lucro orientada á saúde, acaba de presentar a campaña Escola Sen Wifi.
Con esta campaña pretenden conseguir que alumnos e profesores teñan acceso, nos centros educativos, a internet de forma segura e saúdable. Por iso esixen a retirada das conexións WLAN de todas as escolas do estado no curso 2011-2012 e a súa sustitución por alternartivas de conexión que non produzan as nocivas radiacións que esta tecnoloxía presenta.
A campaña a maiores da petición pública da retirada, inclúe información sobre os perigos da radiación, advertencias dos científicos, advertencias dos organismos internacionais, accións de prevención noutros países ...
Tamén contan cun interesante blog para manter actualizada a marcha da campaña e facilitar información sobre o tema.
Vídeo que amosa que un reuter wifi emite máis radiacións que unha antena de telefonía móbil
Vídeo sobre a rede nociva

No hay comentarios:

Publicar un comentario