
UNHA MOSTRA DIXITAL RECOLLE A TRAXECTORIA DO FEMINISMO GALEGO A Fundación Galiza Sempre ven de presentar a versión dixital da exposición Feminismo galego: cambios sociais e dereitos das mulleres que producíu en 2009. Disponible en www.galizasempre.org/feminismogalego, a mostra recolle diversos materiais que dan testemuño dos obxectivos e reivindicacións do movemento feminista: textos, publicacións, noticias e documentación gráfica para impulsar na sociedade galega a reflexión sobre os avances e cambios sociais promovidos polas entidades e organizacións defensoras da igualdade de dereitos das mulleres.
A iniciativa –que contou co respaldo da Deputación da Coruña- repasa, entre outros asuntos, o avance do sufraxismo; a II República; a ditadura franquista; as agrupacións feministas galegas dos anos 70 e 80 ou estado actual da loita feminista. Para facilitar a súa utilización en actividades informativas e contextos didácticos –un dos principais obxectivos- pódense descargar pdf coa información relativa a diferentes periodos (desde o século XIX ata os comezos de século XXI) e tamén un xornal que resume os contidos e reproduce diversas noticias de prensa sobre algúns dos fitos máis importantes da loita feminista no posfranquismo.
O guión e os traballos de investigación e documentación foron realizados pola investigadora Isabel Rodríguez Mate e recóllense fondos documentais de Nanina Santos Castroviejo, da revista Andaina de pensamento feminista, da Fundación 10 de Marzo, do Museo do Pobo Galego, e dos museos de Pontevedra e Massó. Nanina Santos Castroviejo, Mª Xosé Agra, Encarna Otero e a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega prestaron asesoramento en distintos aspectos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario