sábado, 29 de octubre de 2011

Samaín/ Día de Defuntos


Podemos situar as orixes da celebración desta festa en dúas tradicións culturais: o paganismo celta e a relixión dos druídas e o cristianismo.

Respecto da primeira, de tradición oral, sabemos que o Samaín é unha das festas do ciclo que percorre a natureza ao longo do ano, esta situada entre o equinocio de outono: Mabón e o solsticio de inverno: Yule. Nela lémbrase o momento do ano no que as raíces medran cara ao interior da Terra. É o tempo das sombras que invita ao recollemento interior e á honra dos ancestros, que os druídas invocaban en espera de ser guiados, por eles, nesta vida cara a outra inmortal.
Para os celtas o lugar dos espíritus era un lugar perfecto onde non exisitia a dor nen a necesidade.
Nesta data sinalada rachaba o veo que separaba o mundo dos vivos do mundo dos mortos e os espíritus dos ancestros visitaban os seus antigos fogares. Para mantelos contentos e alonxar aos malos deixaban comida fóra das casas, tradición que evoluíu convertíndose no que hoxe fan os nenos e nenas indo de casa en casa pedindo doces.
En idioma gaélico Samahin significa novembro, fin do verán.

No cristianismo O día de Defuntos, 2 de novembro, ten como orixe a data que a Igrexa católica Romana ten asignada para a conmemoración dos fieis defuntos.
A celebración baséase na doutrina de que as almas dos fieis que ao tempo de morrer non foron limpadas de pecados veniais, ou que non expiaron as transgresións do pasado, non poden acadar o Ceo. Pero pódese axudalas, mediante rezos e misas, a saír do Purgatorio.
Outro obxectivo da oración nestas datas é a de orar polos fieis que xa remataron a súa vida terrea.

En Galicia, o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou, cabazos ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
Echtra Nerai, unha lenda do Samaín

Receita de Chulas de Cabaza para celebrar a festa

Lista de vídeos para o Samaín

Fontes: Vieiros e Wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario