miércoles, 29 de febrero de 2012

Campaña Mundial pola educación

 
Educación Sen Fronteiras presenta os seus materiais con motivo da Campaña Mundial pola Educación que, un ano máis, segue a traballar por un acceso universal á educación como medio para erradicar a pobreza en todo o mundo. A pesar dos avances, falan aínda de 69 millóns de nenos e nenas sen escolarizar e 759 millón de persoas (mozos e adultos) sen alfabetizar.

A coalición Galega da Campaña está formada por Axuda en Acción, Educación sen Fronteiras, Entreculturas, Intered, e o Seminario Galego de Educación para a Paz.

  A Campaña Mundial pola Educación promove a educación como un dereito humano básico e exerce presión política sobre os gobernos e a comunidade internacional para que cumpran os seus compromisos de garantir unha educación básica de calidade, gratuíta, obrigatoria e pública a todas as persoas. A principal das súas actividades é a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME).

A SAME 2012 ponse en marcha baixo o lema “Con dereitos desde o principio. Por unha educación temperá de calidade”, e este ano se celebrará na semana do 23 ao 29 de abril.

Millóns de persoas en todo o mundo se mobilizarán para recordar aos líderes políticos a importancia de garantir a atención e a educación da primeira infancia (AEPI) e para pedirlles que tamén recorden e cumpran o seu compromiso de destinar os recursos necesarios para facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.

Pódese participar traballando os materiais da Campaña e unírse aos actos centrais que se organizarán en cada localidade coa presenza dos profeores e cos seus traballos.

Os materiais os pódense atopar nos seguintes enlaces ou solicitárnolos en papel dirixíndovos a Juan Fernández Durán na dirección cme-galicia@cme-espana.org ou nos teléfonos 986224990 e 620989527.

· Unidades didácticas http://www.cme-espana.org/gl/materiales?ano=193

· Cartel e tríptico http://www.cme-espana.org/gl/materiales/difusion

No hay comentarios:

Publicar un comentario