miércoles, 17 de abril de 2013

Día Internacional dos monumentos e sitios; Castro de San Tomé.


Este xoves 18 de abril, o castro de Santomé súmase a outros monumentos, como a Torre de Hércules, na celebración do Día Internacional dos Monumentos e Sitios. Este día pretende promover a teoría, a metodoloxía e a tecnoloxía aplicada á conservación, protección, realce e apreciación destes monumentos, conxuntos e ou sitios históricos.

Coa celebración desta xornada preténdese reivindicar a figura de Santomé como un marco incomparable para a práctica de actividades educativas. Ademais, preténdese recuperar tamén un saber con risco de desaparición como é a tradición oral.

Todas as actividades son gratuítas e están coordinadas pola empresa Xeitura en colaboración co Museo Arqueolóxico de Ourense (Grupo Marcelo Macías), Facultade de Historia de Ourense, Bibliocafé La Niña Caracol, Sopanen@s, Academia A-Prueba, Bilurico Medio Ambiente, Asociación Veciñal, Cultural e Xuvenil San Bernardo de Tibiás, A Bela Auria e Colectivo ESCUA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario