jueves, 13 de febrero de 2014

Contos Interactivos

O interese pola narración é unha constante nas idades que nos ocupan. Este catálogo de aplicacións é ideal para a implicación do alumnado no mundo das tramas narradas.

  
O mundo ao revés: Dispoñible na web Clic, Clic, Clic: cuentos interactivos , son versións orixinais e divertidas de contos clásicos. A súa presentación é moi atractiva e ofrecen diferentes camiños para escoller o avance da narración.

 
Bianfacuentos: Esta aplicación combina contos narrados, ilustracións, música e vídeos. A actividade complétase coa realización de exercicios relacionados cos contos. Hai actividades en grupo e outras nas que terán que gravar unha nova trama coas súas palabras.



Storytimeforme: Esta proposta recopila unha selección moi completa para a aprendizaxe da lingua inglesa. As ilustracións son moi coidadas e ademáis de animacións, introduce elementos sonoros e subtítulos para practicar a lectura das historias narradas.


CordasEsta alternativa é un conto interactivo para iPad composto por 12 escnascon sons e animacións.
As actividades consisten en exercicios de relación, asociación, expresión de estados anímicos e memorización de personaxes.
.
Vía

3 comentarios:

  1. Moitas gracias por seguir buscando, publicando e compartindo con todas nós estos extraordinarios recursos. Sempre son de calidade.

    ResponderEliminar
  2. Vai xa era hora... cinco anos de traballo no blog e por fin un comentario dunha compañeira. Nunca é tarde, grazas Mari Carmen.

    ResponderEliminar
  3. Perdoa que tardar tanto en respostar pero é xa estaba afeita a que ninguén comentara... e claro, xa non miro se hai ou non hai alguén que diga algo. Saúde.

    ResponderEliminar