jueves, 13 de septiembre de 2012

Deseño no Cambio

Kiran Bir no colexio Montserrat

Este movemento global ten a súa  orixe en Riverside School, unha escola que Kiran Bir Sethi iniciou hai 11 anos na cidade de Ahmedabad en India.
Kiran, deseñadora gráfica de profesión, conta que decepcionada coa pedagoxía obsoleta que se practicaba co seu fillo de 6 anos, decidiu deseñar un novo enfoque en educación creando un programa socialmente constructivo. En 2009 lanzaba Design for Change (DFC) inspirando a nenos de toda a India a participar nun proxecto dunha semana para cambiar un aspecto da vida dentro da súa propia comunidade.
A partir de aquí, DFC  permitiu que nenos de todo o mundo sexan capaces de solucionar problemas comuns do seu entorno de forma reiterada. Con tal finalidade se lles ensina este proceso de pensamento de deseño moi bien definido, que lles permite sentirse protagonistas deste cambio e dicir “EU PODO”, no canto de “¿Podo?”
Para saber máis do proxecto, do que podemos facer, dos paso metodolóxicos e dos colexios que o están levando adiante, recomendo ler o artigo do que é referencia este post no blog de TotemGuard:
DFC armas de construcción masiva coas que dotar aos alumnos.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario