miércoles, 12 de septiembre de 2012

Que non nos quiten a alegría!

Hoxe comezamos as clases. O curso pasado pechamos coa incomodidade dos recortes e este  iníciase coa subida do IVE no material escolar. Consideramos que a educación é un dereito inalienable, pero estamos asistindo a construcción dunha sociedade que segrega a súa infancia en dúas escolas, a pública e a privada que formarán a cidadáns e cidadás de primeira e de segunda baixo criterios económicos e non de valía persoal.
Dende este blog rexeitamos as políticas educativas que releguen a nenos e nenas ás "castes sociais" dos vellos tempos e que desprestixien a nosa labor de mestras da pública. Non queremos que se perda a semente antes de poder xermolar.
Por iso pensamos que deberemos ser máis creativas e imaxinativas que nunca, máis colaborativas e estar cada día máis perto das nais e pais e elas e eles máis perto de nós. Se conseguimos combatir esta grisalla con alegría e unidade seremos máis fortes.
Pódennos quitar moitas cousas, pero endexamáis a alegría, a verdade, a beleza, a creatividade, a arte, a crítica, a liberdade de pensamento e... o sorriso.
Feliz comezo de curso!




No hay comentarios:

Publicar un comentario